Segue o Mes da Maxia na Mariña. Este venres, 7 de novembro, en Parrilada de Jandro en Burela e no Asador en Viveiro. E o sábado no Parador de Turismo de Ribadeo e no Noso Lar en Cervo.

Segue o Mes da Maxia na Mariña. Este venres, 7 de novembro, en Parrilada de Jandro en Burela e no Asador en Viveiro. E o sábado no Parador de Turismo de Ribadeo e no Noso Lar en Cervo.
 
O venres e o sábado, 6 e 7 de novembro, respectivamente continúa en catro restaurantes da comarca a cuarta edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña lucense en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, da Xunta. En total son 20 os restaurantes participantes nesta iniciativa, que ano tras ano colleita máis éxitos e se consolida entre as propostas do outono na comarca. E tres son os magos: Teto, Rafa e Charly, que achegarán os seus trucos a aquelas persoas que acudan a gozar dos menús máxicos preparados polos locais que se suman ao Mes da Maxia. A cita prolongarase ata o 28 de novembro. 
O venres, 6 de novembro, haberá menú máxico na Parrillada de Jandro en Burela. Alí os que acudan poderán degustar chistes e variñas (tosta de cecina e marmelada de tomate e variña de croquetas variadas), a fada branca (pescada con vichyssoise e crocante de xamón), o clásico Houdini (solombo de porco con redución de ave e crema agre) e chisteira ácida (mousse de limón). Despois da cea actuará o mago Teto. 
Tamén o venres haberá menú máxico no Asador en Viveiro. Os asistentes degustarán pedras filosofais (arroz caldoso con ameixas da ría e filloa rechea de grelos ibéricos e setas), peixe enmascarado (pescada do pincho de Celeiro con salteado de tallaríns e froitos de mar), agasallo das fadas (pataca confitada con entraña de tenreira sobre prebe Asador e brotes vexetais) e adiviña adiviñanza (postre O Asador). Nesta establecemento estará o mago Rafa. 
Xa o sábado, 7 de novembro, haberá menú máxico no Parador de Turismo de Ribadeo. Os que elixan este establecemento poderán saborear aperitivo Anthony Blake (crema de outono e croquetón de boletus edulis sobre berce de patacas palla), saquiño máxico (sopa de peixe en chisteira de hojaldre), músculo da risa (queixada de porco estufado con viño mencía e saquiño de verduras) e do caixón doce (soufflé de chocolate negro sobre prebe de mora). No Parador de Turismo actuará o sábado o mago Rafa. 
E no restaurante O Noso Lar, de Cervo, o menú máxico estará composto de: ritual de benvida (variedade de croquetas e pementos de piquiño recheos), peixe do diaño (pescada á biscaíña), divina profecía (solombo de porco ibérico con prebe de cabrales) e bruxería (tiramisú). O mago Teto será o encargado de amenizar a velada coa súa maxia. 
O prezo dos menús máxicos mais actuación é de 25 euros por persoa e inclúe as bebidas: auga mineral, viño tinto ou branco, café ou infusión. As cenas darán comezo ás dez da noite. 
O calendario de actuacións pode consultarse na páxina web: www.mesdamaxia.com As reservas poden facerse directamente nos restaurantes participantes, como mínimo, con 24 horas de antelación. O Mes da Maxia conta co patrocinio de Pazo do Mar e de Distribuciones Carreiras.