A Granda de San Pedro acollerá o San Xoán 2016 en Alfoz, que organiza a asociación cultural xuvenil O Castelo coa colaboración do Concello e a Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Ás 21 horas dará comezo a cita festiva. Haberá cea popular con sardiñas, chourizos, panceta e pan, que será gratis para os socios e a prezos populares para os non socios.
No San Xoán 2016 non faltará a música, a cargo do cuarteto Xaramolo e terá lugar tamén a cuarta edición do Concurso de Caleiras.