A partir do 23 de xaneiro poden retirarse as tarxetas para asistir á cea de coroación da raíña do Entroido de Foz, que se celebrará o 11 de febreiro.

A partir do 23 de xaneiro poden retirarse as tarxetas para asistir á cea de coroación da raíña do Entroido de Foz, que se celebrará o 11 de febreiro.
 
A partir do vindeiro luns, día 23, poden retirarse as tarxetas para asistir á cea de coroación da raíña do Entroido de Foz, que se celebrará o día 11 de febreiro, sábado, na Sala Bahía ás 22:00 horas. Por outra banda o ciclo de teatro afeccionado nas parroquias chega este sábado 21 á antiga escola de Fazouro, onde o grupo Axóuxeres, de Vilaronte, porá en escena a obra As farturas de Servando. 
 
A concelleira de Cultura, Silvia Blach, anuncia que “este sábado teremos outra obra dentro do ciclo de teatro afeccionado nas parroquias. Esta vez toca na parroquia de Fazouro, na antiga escola, ás sete e media da tarde, co grupo Axóuxeres, que van facer a obra As farturas de Servando”.
 
Esta representación está organizada polo Concello de Foz e o grupo de teatro A Adala, de Fazouro, e a entrada é gratuíta.
 
A edil de Cultura tamén deu a coñecer que “o día 11 de febreiro ás dez da noite na Sala Bahía teremos a cea de coroación da raíña do Entroido 2017. Este ano imos facer a retirada de tarxetas a partir do luns 23 ata completar o aforo. Vai ser de nove a dúas no Concello de Foz, na Delegación de Cultura, cun prezo de 25 euros tarxeta”.   
 
A retirada das tarxetas pode facerse dende o luns e en días sucesivos ata o remate das prazas e non se reservará telefonicamente nin por outro medio.
 
O menú da cea de coroación do Entroido estará composto por sopa de cocido, cocido, postre, viños tinto e branco, café e chupito. A cea estará amenizada por Mayel Trío e Disco Moraima. No decurso da velada será coroada como raíña do Entroido 2017 de Foz Carmen Alonso, acompañada das súas damas de honra: Lorena Díaz e Paula García.
 
A organización agradece aos asistentes que acudan á cea disfrazados.