O Centro Dramático Galego representará “De Vilatristre a Vilalegre” no Vicedo o mércores 10 de xullo

O Centro Dramático Galego celebra o seu 40 aniversario cunha programación especial que está a levar a xira por 100 concellos de Galicia e entre eles ao do Vicedo, a onde chegará o mércores 10 de xullo. Será no parque infantil da rúa Francisco Vilasuso ás 19:30 horas. O Centro Dramático Galego, en coprodución con A Utópica Rodante, presentará o texto de Roi Vidal Ponte titulado “De Vilatriste a Vilalegre” a bordo do Furgón Utópico.

Trátase dunha creación de pequeno formato baixo a dirección artística de Teatro o Cubo. Forman o elenco Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño.