Castelo
O grupo Batuko Tabanka, integrado por mulleres de orixe caboverdiana afincadas na Mariña lucense, actúa en Alfoz no marco da xira por concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para promover a interculturalidade e a inclusión. Será no Castelo de Castrodouro o sábado 26 de maio, ás 19 horas, na xornada seguinte ao Día de África. O concerto complementa a mostra fotográfica ‘Galicia-Cabo Verde: unha irmandade’ e unha exposición da ONG Mans Unidas sobre a muller e a niñez en África que inauguraranse o mesmo día as 18.45 horas e poderán visitarse durante o mes de xuño no mesmo espazo.
A emigración, a identidade ou a situación da muller son algunhas das cuestións que centran os temas de Batuko Tabanka, que tamén ofrecerá unha charla introdutoria na súa actuación. A agrupación reivindica a música tradicional de Cabo Verde ao...
leer másDesde o 2015 o Castelo do Castrodouro ten unha programación cultural continuada durante todo o ano, con actividades que van desde a celebración de eventos relacionados coas artes (fotografía, pintura, teatro…) ata a recuperación de oficios traicionáis en extinción tan propios da nosa cultura galega como o oficio de zoqueiro. O Castelo do Castrodouro conta probablemente coa colección de calzado tradicional de madeira máis importante de todo Galicia e, durante todo o ano, realízanse demostracións deste oficio a través do zoqueiro alfocense Alberto Geada.
Ante a necesidade de realizar traballos de mantemento nas instalacións, a torre permanecerá pechada dunrante o vindeiro mes, “coincidindo coa época de menor número de visitantas no castelo” Tael e como apunta Xabier Pardiñas, responsable da área de Cultura e Turismo.
... leer másO Castelo de Castrodouro poderase visitar a partir deste mes de setembro todas as fins de semana e festivos. O horario para esas xornadas será de 11:00 a 14:00 horas polas mañás, e de 16:00 a 20:00 horas polas tardes. A entrada é gratuíta.
A torre do Castelo acolle na actualidade unha exposición de traxes feitos a man en seda, liño e encaixe de Camariñas confeccionados pola deseñadora Remedios Espantoso. Ademais tamén se pode ver nesta instalación unha mostra de cadros do alfocense Hipólito Xeada titulada Vistas de Alfoz e típicos de Galicia, que se inaugurou o 2 de setembro.
Ambas exposicións poderanse visitar ata o vindeiro 1 de outubro, así como a mostra permanente do zoqueiro Alberto Geada.
Durante as fins de semana do mes de maio, en horario de 11 a 14 e de 16 a 20, poderase visitar no primeiro andar do Castelo do Castrodouro a exposición titulada "Galicia, Biodiversidade" cedida polo CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.
A través desta exposición poderase coñecer a diversidade de especies animais e vexetais que se poden atopar en Galicia, os ecosistemas que habitan, e as múltiples formas de ameaza que poden afectar ás súas poboacións.
Nela atoparanse as principais especies galegas de flora e fauna, as súas características, os factores que poñen en perigo a súa supervivencia e as ferramentas que existen hoxe en día para a súa protección. E tamén coñecer a importancia que ten a conservación das variedades xenéticas para a actividade humana.
A oficina de turismo de Alfoz, ao igual que o Castelo de Castrodouro, terán un horario especial durante a Semana Santa.
Estas instalacións permanecerán abertas dende o luns, 10 de abril, ata o domingo, día 16, en horario de 11:00 a 14:00 horas polas mañás, e de 16:00 a 19:00 horas ás tardes.
Na actualidade o Castelo de Castrodouro acolle tres exposicións. Unha delas é a recreación dunha antiga escola, e outra mostra refírese ao cambio climático, os seus efectos e as súas posibles solución. Ademais no Castelo tamén se pode visitar o Museo das Zocas, e o miradoiro ao aire libre no alto da torre. A entrada é gratuíta.
Durante a Semana Santa e fins de semana do mes de abril, o Castelo do Castrodouro en Alfoz acolle a exposición titulada O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción.
Esta mostra sobre o cambio climático é cedida polo CEIDA – Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, e está baseada no proxecto Clarity –Acción Educativa por el Clima- que pretende contribuír ao coñecemento do fenómeno do cambio climático, as súas causas e as respostas que se están propoñendo para facerlle fronte.
A produción da exposición correu a cargo do CEIDA e INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvementol Sostible, o Ministerio de Medio Ambiente, a Alianza del clima e a...
leer más