Ubú Teatro presenta “O vixilante dos soños” este sábado, 28 de decembro en Burela

A compañía Ubú Teatro representará a obra titulada O vixilante dos soños en Burela este sábado, día 28 de decembro. Será ás 18:00 horas na Casa da Cultura, con entrada libre.

É unha representación para público familiar a partir de 3 anos de idade con este argumento: “desde pequeno Sonólicus quere chegar á lúa. Busca no reflexo das pozas e dos espellos, sube ás caixas esmoreadas e aos tellados, e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa que lle medran ata a deformidade. O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a nai é testemuño. Unha noite acaba de medrar e non só acada o seu obxectivo de acompañar á lúa senón que se converte apra sempre no vixiante do sono e dos soños infantís”.