A Tapería O Castro, de Barreiros, acolle unha exposición e degustación de cogomelos este domingo, 21 de novembro. Enmárcase na II Xornada Micolóxica barreirense.

A Tapería O Castro, de Barreiros, acolle unha exposición e degustación de cogomelos este domingo, 21 de novembro. Enmárcase na II Xornada Micolóxica barreirense.
 
A Tapería O Castro, de Barreiros, acolle este domingo, 22 de novembro, unha exposición e degustación de cogomelos como colofón das II Xornadas Micolóxicas organizadas pola Asociación Cultural Irmandade Augas Santas. O prezo da degustación, con diferentes variedades de cogomelos elaborados no restaurante en varias preparacións, será de 20 euros por persoa e está prevista para as 14:30 horas. Para participar na comida hai que reservar previamente chamando ao teléfono 679.455.109 e o prazo remata o venres.
O presidente do colectivo organizador, Ramón Becerra, explica que “a asociación Irmandade Augas Santas naceu para a posta en valor do espazo natural de Santo Estevo do Ermo e periodicamente organizamos rotas arqueolóxicas, de natureza e, neste caso, por segundo ano, as xornadas micolóxicas. É unha saída ao campo na que recollemos cogomelos e logo facemos unha degustación”.
“Nas xornadas colabora a Asociación Os Bolouros de Foz e o seu presidente, Jesús Blanco, é o que se encarga todos os anos de facer un seguimento dos cogomelos que se van cociñar, así que podemos estar completamente tranquilos de que non imos comer nada que nos faga mal”, advirte Becerra.
A saída para recoller cogomelos está prevista ás 9:30 horas do 22 de novembro dende a Praza do Concello de Barreiros. “Levaremos os coches e iremos buscando algún sitio aínda que probablemente repitamos o destino do ano pasado, que fomos a Trabada. Este ano a ver como está, non é que chovera moito ultimamente e non sei como andaremos de cogomelos, pero que non se preocupe a xente porque os que imos comer na degustación non van ser os que collamos precisamente ese día. Repartirémonos para non ir cada un no seu coche, iremos en grupos de 4 ou 5 para levar os menos coches posibles e contamos estar de volta sobre a unha ou incluso un pouco antes para poder facer unha pequena exposición dos cogomelos que recollamos na Tapería O Castro. A partir de aí o que queira quedarse a comer poderá e ao que non lle apeteza non se quedará. A xente que faga o roteiro non ten por que quedarse obrigatoriamente á degustación”, detalla Becerra.