O Concello de Barreiros inicia o 19 de outubro os obradoiros e actividades lúdicas dirixidas ás persoas maiores do municipio.

O Concello de Barreiros inicia o 19 de outubro os obradoiros e actividades lúdicas dirixidas ás persoas maiores do municipio.
 
O Concello de Barreiros, a través do departamento de Servizos Sociais, organiza a partir do vindeiro19 de outubro os obradoiros e actividades lúdicas para a terceira idade, de luns a xoves en horario de 16 a 18 horas. As actividades realizaranse no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro e van dirixidas a maiores de 65 anos, xubilados que superen os 60 ou persoas con discapacidade do municipio, que se consideren idóneas para participar nos obradoiros. 
O departamento de Servizos Sociais tamén explica que “para anotarse ou para solicitar máis información é preciso acudir ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro no horario da actividade. Son talleres lúdicos con actividades de aprendizaxe e festivas, coas que se pretende favorecer o proceso de envellecemento, dando a coñecer as súas causas e consecuencias, así como os recursos para paliado, ademais de potenciar a relación entre os veciños”.