Barreiros

29/06/2016
O Eido Dourado abre este sábado, 2 de xullo, por oitava tempada consecutiva a súa exposición pictórica e os seus xardíns. Este espazo poderase visitar de martes a domingo.
 
O Eido Dourado, espazo dedicado á arte ao carón da praia da Pasada, abre as súas portas por oitava tempada consecutiva este sábado, día 2 de xullo. Faino coa exposición renovada e con modificacións nos seus xardíns, nos que a música volverá a estar presente a partires da segunda quincena de xullo. 
 
Celso Dourado afronta esta nova tempada que “preséntase ben, cando nos puxemos co proxecto Eido Dourado pensamos que ao mellor non lográbamos resistir o que pretendíamos, e pasan os anos e aí seguimos estando. Este ano abrimos unha vez máis coa exposición renovada, con novas creacións e un longo etc”.
 
O artista salienta que este ano “hai unha decena de...
leer más
Etiquetas:
17/06/2016
O Concello de Barreiros celebra o remate do curso coa representación de "Espantallo Amigo" o vindeiro luns, 20 de xuño.
 
O remate do curso escolar celebrarase en Barreiros coa representación de "Espantallo Amigo" a cargo de Os Quinquilláns.
 
Esta actividade está dedicada especialmente ao remate do curso escolar dos nenos e nenas dos colexios do concello. O grupo Os Quinquilláns porá en escena a obra Espantallo Amigo sobre o texto de Xosé Neira Vilas. Está dirixida a un público familiar.
 
A representación terá lugar o luns, 20 de xuño, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ás 11:30 horas. A entrada é gratuíta.
 
Organiza o Concello de Barreiros.
 
17/06/2016
O 25 de xuño celébrase no Santo Estevo do Ermo, en Barreiros, o V Festival Histórico Augas Santas. Haberá ruta ecuestre, escenificación da entrega do documento do Rei Silo aos monxes, música e xantares.
 
A asociación cultural Irmandade Augas Santas organiza para o 25 de xuño o V Festival Histórico Augas Santas, que terá lugar en Santo Estevo do Ermo en Barreiros. 
 
A xornada festiva comezará ás 10:00 horas cunha ruta a pé desde a Casa do Concello e ás 10:30 horas terá lugar a saída da ruta ecuestre dende Santo Estevo. Ás 12:00 celebrarase a escenificación da entrega da documentación do Rei Silo aos monxes e ás 13:00 horas a misa na honra de Santo Estevo.
 
O programa continuará ás 13:30 horas coa actuación do grupo O Arco da Vella e ás 14:30 horas haberá un xantar campestre con porquiño e año asados ao espeto. A tarde estará amenizada por Sons do Ermo,...
leer más
15/06/2016
Este domingo, 19 de xuño, en Barreiros MalaSombra Producións representa a obra "D.E.P. Unha comedia de morte".
 
Este domingo, 19 de xuño, en Barreiros a compañía MalaSombra Producións representará a obra D.E.P. Unha comedia de morte. 
 
A obra narra desde o sentido do humor a pelexa entre dous irmáns pola herdanza da súa nai que aínda está viva.
 
Porase en escena no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partires das 19:00 horas.
 
Esta representación inclúese no programa Cultura no Camiño 2016, que leva a cabo a Xunta de Galicia. Tamén organiza AGADIC e colabora o Concello de Barreiros, a través da Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.
 
Etiquetas:
13/06/2016
Barreiros acolle un campus de baloncesto na primeira quincena de xullo. Está destinado a rapaces con idades comprendidas entre os 8 e os 18 anos. A inscrición, que é gratuíta, está aberta.
 
Barreiros acolle un campus de baloncesto en dúas quendas, que se desenvolverán do 2  ao 17 de xullo. Os participantes deberán ter entre 8 e 18 anos. A inscrición, que é gratuíta, está aberta e deberá realizarse ao longo desta semana. 
 
O alcalde, Alfonso Fuente, declarou que “o campus de baloncesto que todos estes anos anteriores se viña celebrando en Ribadeo e noutras localidades, este ano trasládase tamén ao concello de Barreiros. Isto posibilita que 20 nenos de Barreiros entre 8 e 18 anos poidan inscribirse de xeito gratuíto neste campus e compartir esta experiencia de baloncesto con outros nenos que chegan de toda España”.
 
O rexedor barreirense...
leer más
01/06/2016
Barreiros celebra o VI Día Solidario o 10 de xuño cunha cea baile benéfica a favor da asociación Ring 14.
 
Barreiros celebra o VI Día Solidario cunha cea-baile benéfica, que terá lugar o día 10 de xuño. 
 
A Rede de Voluntariado Local e o Departamento de Servizos Sociais do Concello organizan  este VI Día Solidario. Esta cea terá lugar o 10 de xuño no restaurante A Ribeira a partir das 21:30 horas. O prezo é de 20 euros por persoa, 10 euros no caso dos nenos e nenas ata dez anos. Para asistir é necesario anotarse antes do vindeiro luns, 6 de xuño, no Departamento de Servizos Sociais do Concello, entre as 10:00 e as 14:00 horas, no número de teléfono 982 12 40 02. Durante a cea haberá sorteo de agasallos. 
 
A doazón do recadado será entregada a asociación Ring...
leer más
19/05/2016
Este sábado, 21 de maio, terá lugar en Barreiros o IV Festival de Habaneras, que organiza a Coral Polifónica barreirense.
 
Este sábado, 21 de maio, o Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros acolle o IV Festival de Habaneras, que organiza a Coral Polifónica barreirense. 
 
Participarán na cita a Coral Polifónica Eumesa de Pontedeume, a Coral Polifónica de Tapia de Casariego e a Coral Polifónica de Barreiros.
 
O evento comezará ás 20:00 horas e a entrada é gratuíta. Colabora na organización o Concello de Barreiros.
 
13/05/2016
Barreiros celebra o día das Letras Galegas con teatro e con música os días 15 e 17 de maio.
 
Barreiros celebra o día das Letras Galegas con teatro e con música o domingo e o martes. 
 
Este domingo, 15 de maio, haberá teatro. O grupo A Adala representará Unha morta moi viva. Será a partir das sete da tarde no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A actividade está organizada pola Oficina de Información Xuvenil e pola Biblioteca Pública Municipal. 
 
E o martes, 17 de maio, ás 19:30 horas a Coral Polifónica de Barreiros actuará nas Escolas de Celeiro de Mariñaos. A cita foi organizada pola Concellería de Cultura para conmemorar as Letras Galegas. 
 
Etiquetas:
08/05/2016
A Rede de Voluntariado Local do Concello de Barreiros está a organizar os actos do VI Día Solidario. O primeiro será un desfile benéfico, que terá lugar o 29 de maio.
 
A Rede de Voluntariado Local do Concello e as súas voluntarias están a organizar os actos do VI Día Solidario.Segundo explican “nesta ocasión a recadación será doada para a Asociación Ring 14 España, trátase dunha asociación que traballa con familias afectadas dunha enfermidade xenética rara, provocada por alteracións no cromosoma 14. Entre as súas finalidades están divulgar o coñecemento da enfermidade entre os médicos (xenetistas, pediatras, etc.) para que as familias poidan obter unha correcta diagnose, estimular a investigación científica no campo clínico, farmacolóxico, xenético e rehabilitativo, financiando proxectos de investigación e ofrecer apoio ás familias que teñan compoñentes afectados de discapacidades graves”.
 
O...
leer más
Etiquetas:
16/04/2016
A IV Carreira Popular das Praias celebrarase en Barreiros o vindeiro 8 de maio. As inscricións xa están abertas.
 
O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, acompañado dos organizadores da proba, José Carlos Díaz, Xoel Díaz Agustín Pérez, Xesús Seivane e Iván Labrada, participaron na presentación da IV Carreira Popular das Praias, a proba parte da iniciativa de diversos grupos de entidades de Barreiros como son Peña Barcelonista San Miguel, Hotel Ría do Masma, Café Bar Moderno, Casa Elena Turismo Rural, Actiboot, Valea Taxi e Pinturas Centeno.
 
A Carreira das Praias do 2016 celebrarase o vindeiro 8 de maio e contará con saída en Punta Anguieira a partir das 11 horas da mañá, que será o momento no que tomen a saída ós participantes das categorías infantís, posteriormente, as 11:45 tomarán a saída os participantes da categoría...
leer más