Barreiros

Etiquetas:
06/03/2018

O grupo de teatro O Centiño, de San Martiño, representará a obra Zume de amorodios en San Cosme de Barreiros. Trátase dunha comedia centrada no amor, nas súas diversas idades e manifestacións.

Será este domingo, 11 de marzo, ás 18:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Etiquetas:
26/02/2018

O Concello organiza, a través do seu departamento de Servizos Sociais, unha serie de actos con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, que se celebra o 8 de marzo.  

Así convoca o I Concurso de Fotografía A Muller Traballadora coa finalidade de expresar por medio da fotografía a loita da muller polos deus dereitos, pola súa participación, en igualdade co home, na sociedade e no desenvolvemento íntegro como persoa. As bases recollen que a temática será a expresión por medio da fotografía desa loita da muller polos seus dereitos. Todo material inapropiado ou non vinculado co tema será descartado.

Establécense tres categorías: categoría A dende 8 ata 12 anos, categoría B entre 13 e 17 anos, e categoría C desde 18 anos. As fotografías que se presenten ao concurso deberán ser entregadas nas...

leer más
Etiquetas:
19/02/2018

O restaurante O Asador, de San Cosme de Barreiros, organiza o seu segundo showroom de vodas, bautizos e comuñóns os días 3 e 4 de marzo de 2018, sábado y domingo. Neste evento colaboran, dando a coñecer os seus traballos, outras trece empresas: Decoraciones Pura, de Foz y Burela; Centro médico estético Coida de ti, de Barreiros; Floristería Sefa, de Mondoñedo; Celebra o teu día, de Burela; Peluquería Cid, de Barreiros; Boutique Catycris, de Xove; ElFarero Audiovisuales, de Ribadeo; Pastelería Cabaleiros, de Vilanova de Lourenzá; Discomóvil Eventec, de Mondoñedo; Viajes Rodríguez, de Foz; Oscar Rodríguez Joyeros, de Viveiro; Auto Forum, da Coruña; e Rec Audiovisual, de Barreiros.

O segundo showroom de vodas, bautizos e comuñóns no restaurante O Asador, de Barreiros, será inaugurado o sábado 3 de marzo ás cinco da tarde e todos os asistentes...

leer más
Etiquetas:
07/02/2018

O Concello de Barreiros organiza o Desfile e Baile de Entroido, que terá lugar o 16 de febreiro a partir das 21:00 horas na Praza do Concello. O programa e o cartel foron presentados hoxe. No acto estiveron o alcalde, Alfonso Fuente, e representantes dos colectivos colaboradores. 

Este desfile percorrerá as rúas do pobo e contará coas actuacións das comparsas Habelas Hainas e Os Macanudos. Os premios para as comparsas e charangas serán de 300 euros para o primeiro, 250 para o segundo e 150 euros para o terceiro. Na categoría de adultos grupo o primeiro recibirá 100 euros e 50 o segundo. En adulto parella o primeiro premio será de 60 euros e o segundo de 40, e en adulto individual o primeiro premio é de 50 euros, o segundo de 30 e o terceiro de 20 euros. Na modalidade infantil grupo o primeiro clasificado recibirá 60 euros e 40 o segundo,...

leer más
Etiquetas:
31/01/2018

A Concellería de Deportes organiza unha viaxe á neve este domingo, 4 de febreiro, á estación de esquí de Leitariegos. O alcalde, Alfonso Fuente, comunica que aínda quedan prazas libres e anima a participar nesta actividade.

O rexedor barreirense lembrou que “o próximo domingo, día 4, dende a Concellería de Deportes faise unha viaxe á neve, unha visita a Leitariegos. Neste momento aínda nos queda algunha praza, polo tanto animar a toda aquela xente que queira participar nun día na neve a que se anoten”.

O alcalde puntualizou que “non é necesario ir esquiar, senón simplemente a pasar o día vendo unha estación de esquí, pasando un día en familia na neve”.
Alfonso Fuente Parga dixo que “os que queiran participar teñen que chamar ao Concello ou ao noso concelleiro ao teléfono 661 431 536”. 

 

Etiquetas:
30/01/2018

O 11 de febreiro terá lugar o Festival de Entroido Infantil e Xuvenil 2018, que organiza o Concello barreirense a través da Concellería de Cultura e da Oficina Municipal de Infomación Xuvenil.

Ese día de 17:30 a 20:15 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro haberá baile, música e desfile de disfraces infantil e xuvenil con premios para os disfraces individuais, parella e grupo e tamén agasallos para todos os participantes. Os rapaces e rapazas asistentes gozarán tamén da actuación de Chrystian Magic. A festa contará coa animación e o acompañamento dos cabezudos.

Desde o Concello animan a nen@s e rapaces a asistir a esta cita co Entroido en Barreiros. 

 

Etiquetas:
29/01/2018

O vindeiro sábado, 3 de febreiro, terá lugar en Barreiros a 1ª Cea Baile de Entroido, que organizan o CF Celta e as comparsas Habelas Hainas e Os Macanudos. Con eles colabora o Concello barreirense. 

A cea dará comezo ás 22:00 horas e celebrarase no polideportivo de San Cosme de Barreiros. O menú constará de sopa de cocido, cocido con morro, rabo, orella, lacón, botelo, costela salgada, carne fresca, patacas, garavanzos, chourizo e repolo. Ademais completarase con postre, viño tinto, auga e refresco, café e chupito. Será servida polo catering Chao dos Navais, e o prezo por persoa é de 20 euros.

Esta Cea Baile de Entroido estará amenizada por Discoteca móbil Eventec. Os asistentes poden ir disfrazados si o desexan. 

As persoas interesadas en participar nesta cea poden facer as súas...

leer más
Etiquetas:
17/01/2018

O vindeiro luns, 22 de xaneiro, darán comezo os talleres para a terceira idade que organiza o departamento de Servizos Sociais do Concello barreirense. Esta mañá foron presentados. 

O alcalde, Alfonso Fuente, explicou que “son uns talleres para a terceira idade, como se viña facendo xa en anos anteriores en San Cosme de Barreiros, pero agora lévanse tamén a San Miguel de Reinante e máis a Vilamar, para dar cabida a que poida participar toda a xente maior que queira”.

O rexedor dixo que “estes talleres consisten en traballar con distinto material para previr enfermidades como ao alzheimer e outras que poden xurdir sobre todo na xente maior. E ao mesmo tempo aproveitar para estar xuntos un día á semana, charlar, verse e contar as súas cousas. Sempre tiveron boa participación e esperamos que este ano tamén sexa así...

leer más
Etiquetas:
06/01/2018

O sábado, 13 de xaneiro, celebrarase a VIII Festa dos Callos en Villamar, Barreiros.

A cita terá lugar no Campo da festa a partir das 21:30 horas e estará amenizada polo Dúo Epo-K.

O menú, elaborado por Azucena, estará composto por callos, costela asada con pementos e patacas, postre, viños, refrescos, café e chupito. O prezo é de 20 euros.
As reservas poden facerse nos números de teléfono 676 787 279 e 620 141 093, ata o 9 de xaneiro. A comida será nun lugar pechado con calefacción.

Esta festa está organizada pola comisión de festas de Villamar coa colaboración do Concello de Barreiros.

 

02/01/2018

O Concello ultima os preparativos da Cabalgata de Reis, que terá lugar o vindeiro 5 de xaneiro. As súas Maxestades percorrerán algunhas rúas barreirenses para chegar ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partir das 20:15 horas. Alí visitarán o Nacemento Vivente e despois participarán na recepción aos nenos e nenas que se acheguen a compartir uns minutos con eles. 

O Nacemento Vivente estará aberto ao público a partir das oito da tarde do venres. 

Estas tradicionais actividades coas que remata o Nadal están organizadas pola Concellería de Cultura e pola Oficina de Información Xuvenil, que contan coa colaboración de vari@s moz@s voluntari@s.