Barreiros
Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta ao miradoiro de Comado, en Barreiros, o 28 de xullo.
A saída será ás 9:00 horas da praza de Galicia en Foz.
O prezo é de 3 euros para as persoas non federadas, seguro de accidentes obrigatorio. Para participar é obrigatorio anotarse e pode facerse nos números de teléfono 606 794 110 e 670 369 17, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo de inscrición remata o venres 27 de xullo.
A organización informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio, e recomenda aos participantes levar equipo de sendeirismo, auga e comida.
Colabora con esta actividade de Os Sendeiros o Concello de Foz.
A Delegación de Medio Ambiente do Concello de Barreiros organiza a Romería de Santo Estevo do Ermo, que se celebrará o vindeiro sábado, 7 de xullo.
O programa de actos dará comezo ás 10:00 horas cunha ruta a pé que sairá dende o Concello. Ás 12:30 horas será a misa e despois a procesión, ás 13:30 horas haberá unha degustación de empanada de sardiñas e ás 14:00 horas terá lugar a sesión vermú co Dúo Epok.
Pola tarde, a partir das 16:00 horas haberá xogos infantís con agasallos para os gañadores, un torneo de tute e o concurso de fotografía Santo Estevo 2018. Ás 19:00 horas terá lugar a entrega de premios.
A xornada rematará cunha actuación musical do Dúo Epok que comezará ás 20 horas.
A asociación Mar e Monte colabora coa Delegación de Medio Ambiente do Concello...
leer másBarreiros acolle o vindeiro domingo, 8 de xullo, unha actividade de promoción da lingua galega para a que contará coa presenza de Os Bolechas.
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros, será escenario do espectáculo O Amigo Monte, de Os Bolechas a partir das 12:30 horas.
A actividade está incluída no programa de animación lingüística FalaRedes da Xunta de Galicia. O Concello colabora con este acto.
O Eido Dourado abrirá as súas portas o vindeiro domingo, 1 de xullo, na que será a súa décima tempada. O horario de visita deste espazo dedicado á arte, situado a carón da praia da Pasada en Barreiros, será de martes a domingo de 11:30 a 13:30 horas pola mañás e de 18:00 a 21:30 horas polas tardes. O artista barreirense Celso Dourado, promotor deste proxecto, anuncia que a mediados de xullo dará comezo o ciclo de concertos Sons no Solpor no Eido Dourado.
Celso Dourado manifestou que “arrancamos unha nova tempada, van xa dez con esta, e abrimos o espazo Eido Dourado para o público cunha exposición renovada, na súa meirande parte, e cunha serie de actividades vinculadas case esencialmente á música. Abriremos o vindeiro domingo, 1 de xullo, en horario de once e media a unha e media polas mañás, e de seis a nove e media da tardiña. Os luns...
leer másA Delegación de Cultura programa unha representación teatral para este domingo, 17 de xuño.
O grupo Andanzas representará a obra El caso de la mujer asesinadita, escrita por Miguel Mihura e Álvaro de la Iglesia. É unha comedia emocionante de intriga, pertencente á “alta comedia”, e na que os autores desmontan o mito do matrimonio burgués de épocas pasadas.
A representación, para todos os públicos, será ás 19:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
O 17 de xuño terá lugar a sexta edición da Carreira Popular das Praias. Na presentación, estivo o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, xunto a organizadores e corredores locais, entre outros.
A carreira dará comezo coas categorías infantís, ás 11:15 horas, na praia de Altar. A categoría de adultos principiará ás 12:30 horas con saída dende a praia de Arealonga (xunto ao restaurante La Yenka), e meta na praia de Altar recorrendo todas as praias do concello.
A organización poñerá servizo de autobús, dende as 11:15 horas, para o traslado dos participantes dende a meta á zona de saída.
As inscricións rematan o vindeiro mércores, 13 de xuño, e poden facerse na web: www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com.
...
leer másO vindeiro domingo, 10 de xuño, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme, o grupo Dinamoteatro representará a obra Eu queríame casare.
Trátase dunha comedia que conta a historia de Antón e Lola, unha parella que se atopa preto dos corenta anos e que busca unha relación á que poder agarrarse.
A representación dará comezo ás 19:00 horas. Está incluída no programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia e colabora a Delegación de Cultura do Concello de Barreiros.
A Concello organiza ademais unha excursión a San Andrés de Teixido e Cedeira, que terá lugar o 20 de xuño.
Esta viaxe é gratuíta e as inscricións poden facerse xa no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro (Biblioteca-OMIX), de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas.
... leer másA parroquia de Vilamar, no concello de Barreiros, celebrará as súas festas na honra de San Xulián os días 25, 26 e 27 de maio.
O venres 25 a partires das 21:30 horas haberá unha pulpada e churrascada servida por Rochela, de Vilalba. Ás 22:30 horas dará comezo a verbena amenizada pola Orquestra Principal e o Grupo Fénix.
O sábado 26 ás 13:30 horas celebrarase a misa e a procesión. Despois haberá a sesión matinal coa orquestra Samba, e ás 23:00 horas terá lugar a verbena coas orquestras Samba e Panorama.
E xa o domingo 27 ás 13:30 horas haberá a misa e procesión, seguida da sesión matinal co Dúo Epo-K.
A organización comunica que haberá amplos aparcamentos e o campo estará cuberto con carpa. Colabora con este evento o Concello de Barreiros.
O colectivo Cabaleiros de Penabor, de Barreiros, organiza a oitava edición da súa ruta ecuestre para o día 2 de xuño, sábado.
A saída está prevista para as 10 e media da mañá desde o restaurante La Yenka, de Reinante. A comida, que é de asistencia libre, será ás 15:00 horas e despois haberá baile amenizado polo dúo Merengue.
O prazo para inscribirse remata o día 30 deste mes e os interesados poden facelo chamando aos teléfonos 616.439.022 (Miguel) ou 650.521.321 (Mari).
Para a organización deste evento Cabaleiros de Penabor conta coa colaboración do Concello de Barreiros e da Deputación de Lugo.
A recén creada asociación "Hostelería de Barreiros" ven de lanzar o concurso #MarcaBarreiros nas súas redes sociais. Mediante este, o colectivo busca un lema co cal promocionar as opcións de ocio, recursos e oferta turística que ofrece o concello barreirense. O nome do concurso, #MarcaBarreiros é un xogo de palabras mediante o cal transmitir esa idea dunha "marca" de promoción, ao tempo que sirva para sinalizar Barreiros e referencialo, e tamén nun sentido máis emocional, da pegada que deixa a experiencia de vivir Barreiros.
As persoas en representación dos establecementos que integran este novo colectivo coinciden en que son moitas as opcións que ofrece o concello barreirense para as persoas que o visiten, máis alá dos xa tan coñecidos areais, pero que falta visibilizalas. Consideran que a imaxe e promoción do municipio debe pasar por...
leer más