Teatro

Etiquetas:
06/11/2019

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro acollerá este sábado, 9 de novembro, ás 18:00 horas, unha comedia para o público familiar, titulada Saabor!!.

A obra recibiu o Premio do Público de Festiclown 2018. Culturactiva Producións presenta a Félix Rodríguez e a Fran Rei nesta proposta para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González.

Saabor!! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público co mundo da gastronomía. Os protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos cociñando en directo no propio show.

 

30/10/2019

Cita co teatro este sábado, 2 de novembro, no Pastor Díaz, de Viveiro, a partir das 20:30 horas. Artesacía chega con Chola a it girl.

Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ó máis puro estilo de show escénico youtuber. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexias para poder descubrir quen somos, qué nos gusta, qué nos divirte... e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos.

Para todo isto, axudarase de videos exclusivos, proxectados con técnica de videomapping, desafíos en vivo, consellos automobilísticos e dunha gran dose musical. Cando parece que o show envolve a escena, revélase nun descuido de Chola no medio do show un cadaleito que sae do...

leer más
Etiquetas:
25/10/2019

As oito obras seleccionadas para a terceira edición do certame de teatro Concello de Lourenzá representaranse desde o 2 de novembro ata o 1 de decembro. E na gala de entrega de premios, que será o 14 de decembro, actuará Sergio Pazos.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explicou que “o sábado 2 de novembro dará comezo a terceira edición do Certame de Teatro Concello de Lourenzá. Abrirá o telón a compañía Coles Teatro, de Ourense, coa obra A tía Rosita. Será ás 20:30 horas no salón de actos do Concello. A última das obras que se presentan a concurso representarase o domingo 1 de decembro. Este certame de teatro rematará o sábado 14 de decembro cunha gala de entrega de premios na carpa que se instalará no Campo dos Bolos e que contará coa actuación do humorista galego Sergio Pazos, co monólogo Rebento se non o conto”.

... leer más
Etiquetas:
24/10/2019

O Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta o espectáculo teatral Mostruación, da compañía Enconarte. Será o sábado, 26 de outubro, ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval. O prezo da entrada é de tres euros. 

Tres bonecas: unha Barbie, unha Nancy e unha Barriguita que están inquedas porque á súa dona, “América” (tamén alter-ego da “monstruación"), veulle a regra e deixa de xogar con elas. Estas personaxes vanse humanizando para contarnos as súas experiencias vitais individualmente.tres mulleres que falan sen pelos na lingua para facer rir a esgalla.

24/10/2019

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle este fin de semana o certame de teatro Superarte.

As representacións terán lugar o venres 25 de outubro, sábado 26 e domingo 27.

As obras están protagonizadas por persoas con diversidade funcional e o evento está dedicado nesta edición ás persoas xordas polo que participa o youtuber Iván Vázquez que en Familia Vázquez TV visibiliza en clave de humor á comunidade xorda e divulga a lingua de signos.

Neste certame estará a compañía teatral El Grito, que será a primeira integrada por persoas xordas que actúe no teatro viveirense coa súa obra Los Pensadores.

 

Etiquetas:
22/10/2019

Na axenda cultural para a vindeira fin de semana en Burela figura a actuación de Sergio Pazos que presentará o seu novo espectáculo Afiando con humor. Será o sábado, 26 de outubro, ás 20:30 horas. O concelleiro de Cultura, José Díaz, lembra o vínculo que o actor ten con Burela desde que fora pregoeiro da Feira do Bonito. O prezo da entrada será de 5 euros. Ademais o domingo ás 20:00 horas o Coro do Hospital de Lugo ofrecerá unha actuación na Casa da Cultura titulada O cantar da nosa lingua, con entrada de balde.

O edil de Cultura, José Díaz, contou que “esta fin de semana temos dous eventos que penso que poden resultar interesantes para a nosa xente, ambos no auditorio. O primeiro deles é a actuación de Sergio Pazos o sábado, día 26, a partir das oito e media. Este novo espectáculo chámase Afiando con humor. Sergio Pazos xa estivera o ano...

leer más
Etiquetas:
17/10/2019

O xurado do III Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá deu a coñecer o nome das oito obras seleccionadas para ser representadas durante o mes de novembro.

As elixidas son as seguintes:

     - A Lola, de Avelaíña Teatro (Pontevedra).
     - Fuga, de Gargallada Teatro (O Barco de Valdeorras).
     - All you need is war, de O Catre Teatro (As Pontes).
     - A tía Rosita, de Coles Teatro (Ourense).
     - Comedia bífida, de Touporroutou Teatro (Foz).
     - A última cea, de Fauna 113 (Vigo).
     - A estraña familia, de Matabelas (Teo).
     - Un! dous! tres!, de Carauta Teatro (Santiago).

Todos estes grupos de teatro recibirán 300 euros por participar e optarán ao premio de 750 euros que será para o que acade o Conde Santo á mellor...

leer más
16/10/2019

O grupo Nova Escena representará este sábado, 19 de outubro, a obra As fillas de Eva. Será no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30 horas.

A historia discorre nun país asolagado por unha longa guerra onde Eva loita por soster a casa e as fillas, fiando con esforzo o día a día entre o desánimo e a esperanza. Para ela o futuro repousa no seu único fillo varón. A chegada do seu marido desestabiliza o feble equilibrio do seu mundo. Este é un drama no que se reflexiona sobre o papel da muller nos conflitos armados.

A obra é de Xoan Carlos Laxe e está dirixida por María Márquez.

Esta representación inclúese no programa Buxiganga da Deputación de Lugo.

 

16/10/2019

O grupo Trípode estrea O Muro este sábado, 19 de outubro, en Riotorto. Será ás dez da noite no centro sociocultural. 

A obra fala dos muros que pechan fronteiras e camiños, que impiden a liberdade e a felicidade, en ton de comedia para atraer a atención da xente e conseguir a súa reflexión sobre a xustiza, as desigualdades, a fame, a pobreza, o egoísmo e o cinismo dos países ricos.

Os intérpretes son: Antonio Jesús Lorenzo “Cachín”, Alberto Níñez, Pepe Peinó (os tres componentes habituais de Trípode), Salomé Vázquez, Santiago Quirós, Matías Nicieza, Marga Fernández, Pilar Díaz, Mónica Díaz, Leni Níñez, Sergio Rego, Moncho e Rocío Sixto.

O Muro estrearase en Alaxe, no Valadouro, o 23 de novembro.   

 

Etiquetas:
09/10/2019

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a representación da comedia Bicos de vinagre, a cargo do grupo O Batán de Foz este sábado, 12 de outubro, ás 20:30 horas.

A obra de Francisco Piñeiro González, dirixida por Mª Paz Rodríguez Silva, está dirixida a todos os públicos, e conta as relacións entre país e fillos e a desestruturación da familia tradicional. Cando os fillos marchan da casa non sempre se comportan cos país como deberían, e os país, a miúdo, empregan aos fillos como parapeto tralo que agochar os seus propios defectos.

A representación inclúese no programa Buxiganga da Deputación de Lugo.