Música
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza unha nova queda de actuacións nas que participarán diferentes especialidades. Esta actividade terá lugar entre os días 8 e 12 de maio ás 20:00 horas na propia Escola, agás a do mércores día 10, de clarinete e saxofón, que será no Cine-Teatro. A entrada ás mesmas é gratuíta.
-Luns 8 de maio – Canto (Escola).
-Martes 9 de maio – gaita e Percusión Tradicional (Escola).
-Mércores 10 de maio – Clarinete e Saxofón (Cine-Teatro).
-Xoves 11 de maio – Guitarra (Escola).
-Venres 12 de maio – Piano (Escola).
O colectivo Pensamento e Sementeira organiza un concerto para o domingo, 14 de maio, a cargo do grupo Lucus Ensemble.
Esta actuación terá lugar no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro a partir das 12:30 horas. A entrada é libre ata completar o aforo do local e a actividade inclúese no programa Musiqueando da Deputación Provincial.
Lucus Ensemble é unha agrupación musical mixta de vento e corda formada por músicos vinculados á cidade de Lugo. Nacía hai tres anos e a súa vocación inicial era preparar un repertorio fundamentalmente clásico aínda que se mostran abertos a traballar con outros sons dende a música popular á vangardista.
Con este concerto Pensamento e Sementeira quere celebrar o Día das Letras Galegas.
O vindeiro 29 de abril ás 20:30 horas Khitara estará no Teatro Pastor Díaz de Viveiro coa súa peculiar visión do rock.
Tras a xira “Khitara: unha viaxe íntima pola historia do rock”, a formación volve ao directo presentando o seu novo Ep homónimo, no que a fusión entre a música clásica e o rock adéntranos nun universo sonoro sen precedentes. Khitara é unha agrupación formada por dúas guitarras clásicas, dúas eléctricas, un caixón flamenco e unha voz solista.
No directo, ademais dos temas do EP compostos por Jose Carballido, a banda revisa grandes clásicos dalgunhas das máis importantes bandas de rock da historia (Deep Purple, Led Zeppelin, Queen, Scorpions, Boston…) adaptándoos á súa curiosa formación. O resultado é unha sonoridade única e moi interesante que combina a dozura das guitarras clásicas coa forza das...
leer másA Concellería de Cultura programa durante este fin de semana dous espectáculos musicais para nen@s. O sábado, día 22, o grupo Os tres tenedores presenta Petiscos Musicais, e o domingo estará Pablo Díaz coa súa banda no concerto Tic tac toc. Ambas actuacións terán lugar na Casa da Cultura ás 18:00 horas.
A programación comeza o sábado, 22 de abril, con Os tres tenedores que presentan Petiscos musicais, unha mostra de diversos tipos de instrumentos, construción con materiais de refugallo, estilos musicais, ritmos diversos e fermosas cancións. A actividade enmárcase na campaña de animación á lectura da Biblioteca de Burela e para conmemorar o Día do Libro que ten lugar o domingo. Inclúese ademais no programa Ler conta moito para a dinamización da lectura nas bibliotecas integradas na rede, que leva a cabo a Consellería de Cultura, Educación...
leer másHoxe, mércores, profesores da Escola Municipal de Música de Burela ofreceron un concerto de música nos centros de primaria da localidade. O motivo deste evento “é achegar os instrumentos aos alumnos e anunciar que se andan a organizar Obradoiros Musicais, por parte desta escola, coa colaboración da Delegación de Cultura e Educación do Concello de Burela”, segundo explica Xan Carballal.
O director da Escola de Música de Burela indicou que “estes obradoiros están dedicados a todos os nenos/as que estean interesados en coñecer os instrumentos de vento madeira, tales coma o saxo e o clarinete, ou calquera especialidade da familia de vento metal, como por exemplo trompeta, trompa, tuba, trombón, ou algún instrumento da familia de percusión como marimba, batería, etc. Terán a oportunidade de poder utilizar o instrumental do que dispón a Escola...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de Lourenzá programa unha actuación do cantautor Manoele de Felisa para conmemorar o Día do Libro este xoves, día 20 de abril.
A actividade está destinada a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e terá lugar ás 12 horas no Salón de Actos do Concello. Trátase de achegar á infancia o mundo da poesía musicalizada da man do cantautor galego Manoele de Felisa.
Esta actividade enmárcase dentro do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.
O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, programa a actuación do famoso Grupo galego de pandereteiros Radio Cos para o vindeiro mes.
A cita será o 6 de maio, dentro da axenda da III Foliada de Cervo impulsada pola ACR Fervenza de Sargadelos conxuntamente coa asociación cultural Airiños do Xunco, que organiza tamén para ese día, en colaboración co Concello, a XI Festa de exaltación da carne de porco.
Así o anunciaron o rexedor, Alfonso Villares e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, xunto aos representantes, neste caso da Asociación Fervenza, máis volcada na faceta cultural-musical do evento, Ramiro Chaves e Xosé Fernández.
Villares sinalou que “esta actuación que hoxe presentamos é o prato forte dun programa que se está rematando de perfilar para unha xornada que...
leer másO evento foi presentado polo alcalde, Demetrio Salgueiro, a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, e por Xan Carballal, director do evento. Os profesores convidados son Sofía Canoura, frauta; Rebeca Maseda, violín; e Iván Siso, violonchelo. As clases deste XXVII Curso de Formación Orquestral desenvolveranse ás 10, ás 12:30 e ás 16:00 horas.
Haberá un concerto de cámara o xoves, 13 de abril, ás 18 horas y o concerto final será o día 14 tamén as seis da tarde. Ambos celebraranse no salón de actos do centro cívico.
O curso está organizado por PrestoXove e conta coa colaboración do Concello xovense e da Deputación de Lugo.
O Concello de Cervo, a través da Delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, programou para o vindeiro sábado, 8 de abril, a actuación do recoñecido músico e arpista Rodrigo Romaní. A cita será ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura.
Romaní formou parte do grupo Milladoiro durante 22 anos, e a partir do ano 2000 comezou a publicar discos en solitario.
A día de hoxe ten no mercado tres traballos en solitario: Albeida (2000), Cantos Caucanos (2003) e As arpas de Breogán (2012), e nestes intres está a preparar un novo disco que avanzará en primicia neste concerto.
Romaní é un multi-instrumentalista, ademais da arpa, toca a guitarra, o bouzouki e a ocarina, e tamén é vocalista. Realizou arranxos instrumentais, ademais dalgunhas letras do dúo Sete Saias.
... leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) organiza actuacións nas que participarán diferentes especialidades das que se imparten no centro. Esta actividade terá lugar entre os días 31 de marzo e 7 de abril ás 20:00 horas na propia Escola, agás a do venres, 31 de marzo, de danza, que será no Auditorio e a do martes 4 de abril, de vento metal, que terá lugar no Cine-Teatro. A entrada ás mesmas é gratuíta.
Venres 31 de marzo – Danza clásica e moderna (Auditorio)
Luns 3 de abril – Frauta e oboe (Escola)
Martes 4 de abril – Vento metal (Cine-Teatro)
Mércores 5 de abril – Acordeón e Corda (Escola) .
Venres 7 de abril – Percusión (Escola).
O responsable da EMMeD de Ribadeo, Hugo García Presno, sinalou que “o obxectivo destas actuacións é que o alumnado toque en público, incluso aqueles que...
leer más