Eventos
16/02/2015
O vindeiro domingo, día 22, será o día grande do Entroido 2015 en Lourenzá coa celebración do tradicional desfile de Piñata, no que se repartirán 4.000 euros en premios. O evento foi presentado hoxe pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, e representantes da xunta directiva da asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Lourenzá (ACIAL).
A rexedora municipal explicou que “o desfile, como nos anos anteriores, está organizado pola asociación de comerciantes de Lourenzá e polo Concello. Repartiranse 4.000 euros en premios, dos que 2.000 son aportados polo Concello e os 2.000 restantes pola asociación de comerciantes. Os premios divídense entre infantís, adultos, charangas e comparsas. Son 1.190 euros para os nenos, 1.325 para adultos, 600 para charangas e 750 para...
leer más 12/02/2015
A asociación Conde Santo, de Lourenzá, celebrará o vindeiro día 16 o seu terceiro luns de Entroido. O evento terá lugar no recinto do Mercado Gandeiro e contará cunha temática central para os disfraces baseada nas distintas culturas e nacionalidades do mundo. Os nenos gozarán de música e xogos especiais a partir das cinco da tarde e poderán participar nunha chocolatada, organizada polo Concello, ao remate da festa infantil, que será gratuíta. Os adultos poderán acceder a outra festa, que terá lugar no mesmo recinto xa pola noite, a partir das 23 horas, cun custe de 5 euros por persoa. Nela outorgaranse premios aos mellores disfraces en catro categorías distintas: individual, parellas, grupos e o máis chistoso.
O presidente da asociación, Noé Recalde, explicou que “este é...
leer más 12/02/2015
A cidade de Mondoñedo celebra o Entroido o sábado dia 21 de febreiro e repartirá perto de 3.000 euros en premios.
Haberá premios para comparsas e charangas, grupos de máis de 10, grupos de 3 a 10, parellas, individuais e tamén na categoría infantil.
O concurso de desfile de disfraces percorrerá as rúas da cidade de Mondoñedo, a partir das 5 da tarde, e ao finalizar haberá ambientación musical na Praza do Concello.
Para participar hai que inscribirse, o sábado dia 21, no Campo dos Paxariños dende as 16:00 horas ata ás 17:00 horas.
11/02/2015
Airiños do Xunco e o Concello traballan nos últimos detalles dos Entroidos de Cervo e San Ciprián respectivamente, nos que se mesturan as actividades infantís cos desfiles e concursos de disfraces. No caso dos actos para os nenos e nenas, en Cervo teñen preparado o tradicional playback infantil (sábado, 18:30 h., Casa do Concello), mentres en San Ciprián poderán participar nun baile de disfraces (luns, 18 h. Casa do Mar).
En canto aos desfiles, o primeiro será o de Cervo durante o Domingo de Entroido (18 h.) que partirá do pavillón do CEIP e discorrerá polas rúas da vila rematando na praza do Souto, onde se entregarán os premios. En San Ciprián celebrarase o Martes de Entroido (18 h.) con saída e remate na praza dos Campos. Ademais, ese mesmo día haberá música coa...
leer más 10/02/2015
A comisión organizadora do Entroido de Ribadeo última os preparativos para a celebración dos actos festivos que se desenvolverán ao longo dos vindeiros días na vila. O sábado terá lugar a primeira gala de Entroido, Que non cha conten!, coa lectura do pregón a cargo de Piti Alonso, acompañado de Coté Ventura, Inés Nécega e membros da Escola Municipal de Música de Ribadeo. Será a partir das 21 horas no Cine Teatro.
O presidente da comisión ribadense do Entroido, David Martínez, explicou que “xa queda pouco para o Entroido de Ribadeo, así que esperamos que toda a xente teña xa preparados os seus disfraces e veña a gozar desta festa connosco. Recordamos que o sábado temos unha preciosa gala de Entroido cun montón de sorpresas e moito humor. Esperamos que veña todo o mundo e...
leer más 10/02/2015
O centro sociocultural de San Cosme acollerá o vindeiro domingo, 15 de febreiro, o Festival de Entroido, que organizan a Concellería de Cultura e Xuventude coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude.
A cita desenvolverase entre as 18 e as 21 horas e os asistentes poderán disfrutar de cancións con música en directo, bailes e desfiles de disfraces, xogos con pelotas xigantes, probas de habilidade e globoflexia. Ao Festival de Entroido acudirán os cabezudos e o grupo de animación Ni Fu – Ni Fa. Desde a organización subliñan que “haberá agasallos para os participantes”.
Desde o Concello animan a tod@s @s barreirenses “a acudir ao centro sociocultural de San Cosme este domingo a gozar das actividades que preparamos para...
leer más 09/02/2015
O documental “Esta é a miña terra, Hebrón” (“This is my land Hebron”, Italia, 2010) de Giulia Amati e Stephen Natanson e a curta “Gaza-Londres” de Dima Hamdam, (Reino Unido, 2009) serán as películas que se proxectarán en Viveiro na segunda sesión do ciclo #PALESTINA o vindeiro mércores, 11 de febreiro. Esta mostra de cine, organizada polo Colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, e patrocinado pola Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, vén desenvolvéndose no salón de actos do IES María Sarmiento de Viveiro, ás 20 horas, sendo a entrada libre até completar o aforo.
Segundo explican desde Pensamento e Sementeira “o documental de Giulia Amati e Stephen Natanson presenta a Hebrón, unha cidade de conflito e odio, un dos...
leer más 06/02/2015
Os actos de Entroido protagonizan a programación do Concello de Cervo para este mes de febreiro, na que inclúen tamén actividades musicais e formativas, entre outras.
Haberá actos de Entroido en Cervo, os días 14 en 16; en San Cibrao, os días 16 e 17; e en San Román, o día 21. Ademais o 13, venres, actuará o Big Band de Foz no auditorio da Casa da Cultura ás 20 horas.
A programación inclúe tamén un encontro de autocaravanas, que terá lugar en San Cibrao do 20 ao 22 deste mes, e un bautismo de buceo, que levará a cabo o día 21 a partir das 10 horas na piscina de Lieiro.
06/02/2015
O salón de plenos acolleu a presentación do cartel e do programa do Entroido de Burela para este 2015. Alí se deron cita o alcalde, José Mª González Barcia, a concelleira de Cultura, Mónica Pedre, e representantes das asociacións que colaboran na organización do festexo.
As actividades arrincarán o domingo, 15 de febreiro, coa celebración do día do neno. Na carpa de Acia instalada na praza da Mariña haberá inchables, globoflexia e diferentes actividades para os máis pequenos ao logo de toda a tarde. Tamén desde as 16 horas na praza de abastos haberá diversos obradoiros de: carautas e antefaces, maquillaxe e atrezzo con material de refugallo. Os nenos e as nenas poderán gozar dun photocall, de baile infantil e de chocolatada con minicroissants.
... leer más 05/02/2015
A asociación cultural de Foz, A Pomba do Arco quere convidar a tódolos veciños e veciñas de Foz a participar o día 15 de febreiro, domingo, ás 21 horas, na Casa da Cultura do Concello de Foz a unha nova edición do seu famoso Touporroutou.
Segundo explican desde A Pomba do Arco “o evento estará dirixido e amenizado polo noso compañeiro Tono e os seus amigos, que declamarán, cantarán e recitarán tódalas coplas populares entregadas polos veciños”.
E engaden: “como queremos que este sexa un acto participativo e popular toda aquela persoa que queira escribir unha copla, para que sexa recitada no Touporroutou, tan só ten que escribila e depositala nunhas caixas que para ese fin foron colocadas nos seguintes bares de Foz: Muelle, Funcional...
leer más