O Concello focense xunto co Club Ciclista Foz organiza o Día da Bici que se celebrará este vindeiro sábado, día 22 de setembro. A saída será ás 16:00 horas desde o Parque Infantil de Trafico. O percorrido discorrerá pola ruta das praias ata a área recreativa do río Ouro, en Fazouro.
As inscricións poden facerse desde hoxe, luns, ata o venres 21 na Casa da Xuventude focense. As persoas interesadas tamén poderán anotarse o propio día do evento, o sábado 22, desde as 14:30 ata as 15:30 horas, na saída, no Parque Infantil de Tráfico. Para inscribirse terá que facerse entrega dun quilo de produtos que se destinarán ao Banco de Alimentos.
Haberá premios para a bicicleta mellor engalanada, o mellor disfrace e os participantes máis novo/a e veterano/a.
Colaboran coa organización do Día da Bici: Motos Baltasar Foz e supermercados Gadis e Froiz.