O 3 de setembro en Riotorto celebrarase a terceira edición da ruta pola montaña en bicicleta “Desafío do ferro”, organizada pola asociación do mesmo nome. O circuíto comeza e remata en Riotorto, pasando pola Pontenova. Queda á elección de cada participante a distancia do desafío, a escoller entre dúas opcións: 50 km ou 29 km.
As inscricións poderán realizarse antes do 29 de agosto na páxina web ccnorte.com. Deben pagarse 28 euros que inclúen seguro, o “particular” terceiro tempo e a comida posterior, que este ano componse de paella, churrasco e a típica tarta de Riotorto. Ademais obsequiarase aos participantes cunha camiseta conmemorativa.
Tanto acompañantes como participantes, poderán desfrutar dun desconto para tirarse na tirolina máis grande de Galicia e facer a ruta dos fornos accedendo á mina Consuelo, na mesma web ccnorte.com. Os prezos serán de 20 euros para o recorrido completo e de 15 para aquelas persoas que só desexen empregar a tirolina. Tanto sábado como domingo, os horarios serán 11 a 16 horas para os que realicen ambas actividades e de 11.30 a 16.30 horas para os que escollan exclusivamente a tirolina.