Certámenes
Continúan abertos os prazos para participar no concurso para elixir o cartel anunciador da XXX Festa da Faba e no certame Arte con fabas.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, lembra hoxe, mércores, que “segue aberto o prazo para participar no concurso para elixir o Cartel anunciador da XXX Festa da Faba de Lourenzá. Poden participar todas aquelas persoas maiores de idade que o desexen e o prazo remata o 30 de xuño. O premio que recibirá o cartel gañador será de 350 euros e un trofeo conmemorativo da edición da festa deste ano. As bases aparecen recollidas tanto na páxina web como no facebook do Concello de Lourenzá”.
Arango recorda tamén que “o concurso Arte con fabas, convocado pola ACIAL coa colaboración do Concello tamén está aberto, ata que remate o estado de alarma e se dea a coñecer o prazo para...
leer másA Delegación de Educación e Cultura do Concello de Foz deu a coñecer hoxe, xoves, os premiados nos concursos on line de debuxo e fotografía na casa convocados o día 2 deste mes.
O listado de premiados é o seguinte:
III CONCURSO DE DEBUXO:
De 0 a 5 anos:
Aldán Fernández Díaz
Vera García Rodríguez
De 6 a 8 anos:
Ángel Vázquez Varela
Adrián Méndez Rodríguez
De 9 a 11 anos:
Iker Puente Eijo
Raul Váquez Varela
Bacharelato:
Andrea Chao García
II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA NA CASA:
Infantil:
Marta Chao García
Xián Mejuto García
Xuvenil:
Ainhoa López Franco
Andrea Chao García
Adultos:
Xee Rodriguez Fulgueiras...
Crónica 3 e o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Mariña-Ortegal presentan o concurso fotográfico #omeumarfavorito. Con el queremos poñer en valor a importancia do mar nas nosas vidas. Por elo convidámoste a que subas unha foto túa do mar (contigo ou sen ti) cun breve texto no que expliques porqué non podes vivir sen el.
Deberás facelo no facebook de crónica3 co cancelo #omeumarfavorito. As 2 imaxes que máis “gústame” reciban obterán senllos premios dun lote de produtos de Conservas Ares de 50 e 30€ respectivamente. O prazo remata o 15 de maio, sube xa a túa!
Acisa Ribadeo amplía ata o 30 de abril o prazo de presentación de traballos ao concurso Polos nosos negocios. Unha ducia de persoas xa enviaron as súas obras. En xogo están 300 euros en vales de compra. Trátase de deseñar un cartel e un slogan que animen á xente a facer as súas compras no comercio da vila e a consumir tamén na súa hostalería.
Nas bases explícase que “o tema no que se debe inspirar o cartel é chamar á poboación para apoiar ás pequenas empresas, hoteis e servizos en Ribadeo, cando remate esta situación ocasionada polo coronavirus. Ten que insistir no positivo de mercar nas pequenas tendas e consumir na hostalería local para revitalizada despois de atravesar por unha mala situación. O slogan debe ir na mesma liña e debe ser claro, conciso e directo. E non de poderán empregar palabras que aludan á actual situación, como...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá, en colaboración co Concello, convoca o concurso Arte con fabas, certame que ten o obxectivo de “promover a creatividade durante o confinamento provocado pola crise do coronavirus e para que entre tod@s fagamos posible que estes días pasen o máis ameno e rápido posible”.
Nas bases explícase que poderán participar todos os veciños e veciñas do concello de Lourenzá, as obras consistirán nun collage elaborado principalmente con fabas, podendo acompañarse doutro tipo de materiais. A temática e o tamaño serán libres. Establécense tres categorías: ata 10 anos, de 11 a 16 anos e adultos. Haberá un premio para cada categoría, consistente nun vale de compra de 75 euros e trofeo.
As obras presentaranse na biblioteca municipal despois de que se levante o...
leer másO Concello de Foz acaba de convocar dous novos concursos on line: a segunda edición do de fotografía na casa e a terceira edición do de debuxo. Neste caso a temática é reducir, reutilizar e reciclar. O prazo para entregar os traballos comezou hoxe, xoves, e remata o día 14 deste mes ás 23:59 horas. Hai que envialos á dirección de correo electrónico concurso@concellodefoz.es.
O 15 de abril daranse a coñecer os gañadores e publicaranse as obras recibidas na páxina de facebook do Concello, onde xa están as bases dos dous certames.
No segundo concurso de fotografía na casa poden participar todas as persoas empadroadas no concello de Foz e hai tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adultos (maiores de 18 anos). As fotos deben ser de dentro da...
leer másO Concello de Cervo convoca un concurso de debuxo infantil e xuvenil con motivo da celebración do Día do Libro.
O certame leva por título Debuxo do teu conto favorito e establece tres categorías: Infantil, para idades de 1 a 5-6 anos; Primaria, de 6 a 11-12 anos; e Xuvenil, de 12 a 17 anos.
Os participantes poderán enviar os seus traballos ao correo electrónico cervocultura@gmail.com ou ben ao whatsapp 691 656 600.
O prazo de presentación de obras remata o 12 de abril.
A Delegación de Educación e Cultura do Concello de Foz deu a coñecer hoxe, mércores, os premiados nos concursos on line de fotografía, poesía e debuxo convocados a semana pasada e que contaron con cerca de cen participantes.
Despois de rematar onte, martes, o prazo para o envío dos traballos o concelleiro de Educación e Cultura, Héctor Moris, destaca a gran participación nos certames e agradece a colaboración da empresa focense Xaora Fotógrafos por doar os premios do concurso de fotografía.
O listado de premiados é o seguinte:
POESÍA ADULTOS:
María Victoria Varela Varela.
POESÍA INFANTIL:
1-Alina Rodríguez Dorrego.
2-Pablo García Martínez.
FOTOGRAFÍA ADULTOS:
1-Manuel Pardo.
2-Julio López Janeiro.
FOTOGRAFÍA JUVENIL:
1-Antón Ramos Blanco.
2-Daniela Ramos Manfugás...
A Concellaría de Cultura fixo públicas as bases do IV Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. Poden participar aquelas rapazas e rapaces da Mariña, que teñan entre 16 e 30 anos, nas modalidades de relato curto, poesía e debuxo.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, declarou que “o decreto do estado de alarma nos colleu a piques de difundir as bases do IV Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. De todas maneiras decidimos facelas públicas igualmente máis sen facer referencia a prazos nin modo de envío dos traballos, por razóns obvias”.
A edil explicou que “este certame se pon en marcha co fin de dar a oportunidade de demostrar a súa capacidade creativa ás mozas e mozos dos concellos da Mariña. Polo tanto poderán participar todas aquelas mozas e mozos que a 20...
leer másEn esta situación de alarma que se está viviendo en el país, se necesita más que nunca una buena conexión a Internet y tomar medidas que ayuden al teletrabajo y al ocio en el hogar. Adamo, el operador de Internet con la Fibra Óptica más rápida del país (1.000 Mbps) lanza la campaña #DesdeCasaMejor con una serie de iniciativas para ayudar al consumidor a entender mejor qué medidas tomar para sobrellevar mejor el confinamiento.
La semana pasada los operadores lanzaron un comunicado aconsejando hacer un uso racional y responsable de Internet para poder afrontar el incremento del tráfico. Adamo se ha sumado a esta petición, ya que con el inicio del confinamiento ha detectado alrededor de un 40% de incremento de su red, y recomienda seguir estos consejos en horario laboral: Limitar el acceso de otros dispositivos en horario laboral para dar...
leer más