Consumo
Su calendario 2022 mantiene la apuesta de los últimos años promocionando el consumo de pescado con 12 mensajes saludables de la Fundación Dieta Atlántica junto a otras tantas especies de la lonja de Burela.
Después de la “Fórmula de la Felicidad” en 2021, este año la OPP-7 Organización de Productores Pesqueros del Puerto de Burela declara su “Amor Al Mar” como continuidad a la campaña “Cuando zarpa el Amor” de promoción de la “Merluza de Burela” que se había lanzado en los últimos meses proclamando el amor al mar, a la tradición pesquera y al sabor de los productos del mar.
La OPP del Puerto de Burela presenta su nuevo Calendario 2022, en el que se vuelve a promocionar el consumo de pescado como una de las bases fundamentales de una vida saludable, acompañando cada mes con la imagen de una de las principales...
leer másO delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo unha reunión por videoconferencia cos patróns maiores das confrarías da Mariña lucense. A iniciativa tiña por obxecto poñerse a disposición dos profesionais do mar, como se ten feito desde o inicio da crise sanitaria, e trasladarlles unha serie de iniciativas en apoio do sector promovidas pola administración autonómica.
A máis novidosa é a posta en marcha dunha campaña para animar á cidadanía a consumir produtos do mar e impulsar os seus prezos durante a crise do coronavirus. A iniciativa está presente nos puntos de venda das principais distribuidoras a través de material repartido pola Consellería do Mar, que destina aos establecementos un total de 7.000 carteis, 7.000 vinilos e 24.000 letreiros promocionais que estarán expostos nos lugares de compra dos produtos do...
leer másO Concello de Ribadeo pon en marcha unha iniciativa para fomentar unha alimentación de proximidade na vila ante a situación de emerxencia sanitaria ocasionada polo coronavirus.
Co lema Ribadeo Agroalimentario, por unha alimentación máis próxima as Concellarías de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo xunto coa de Igualdade, Ensino e Mocidade queren poñer en valor o traballo das persoas produtoras e provedoras de produto local ante as actuais circunstancias e animan ao consumo responsable, xusto para as produtoras e sostible ambientalmente. Esta iniciativa aglutina os programas de entrega a domicilio de produtos das praceiras e praceiros do Mercado de Abastos así como das produtoras de horta de Ribadeo.
Para o desenvolvemento desta campaña activouse unha web agroalimentario.ribadeo.gal dentro do portal...
leer másA Casa da Cultura de Foz acolle unha charla sobre consumo este venres, día 20, ás 17:30 horas. O título desta actividade é Este Nadal menos é máis. Por un consumo responsable.
A concelleira Verónica Peña explicou que o obxectivo da charla, que dará unha técnica de Consumo da Xunta de Galicia, é “saber os dereitos que temos os consumidores, as garantías e as vías de reclamacións que hai cando un produto non sae como esperamos”.
O concelleira focense anima aos veciños a “avanzar nunha senda sostible, tamén en materia de consumo, e para elo existen formas de actuar como mercar no comercio local ou actuar de forma reflexiva á hora de comprar, optando por una opción sostible sempre que sexa posible”.
O Concello, a través do seu departamento de Servizos Sociais, organiza unhas charlas sobre o consumo responsable e o etiquetado alimentario, que se celebrarán os días 12 e 19 deste mes de decembro.
Estas actividades están incluídas no programa Decembro: mes da educación para un consumo responsable.
Mañá, día12, terá lugar a charla titulada Consumo responsable no Nadal. Será no centro sociocultural de San Cosme en horario de 11:00 a 12:30 horas.
E o 19 de decembro será a charla sobre Etiquetado alimentario, que se desenvolverá tamén no centro sociocultural entre as 11:30 e as 12:30 horas.
A Escola Galega de Consumo colabora co Concello de Barreiros na organización destas xornadas informativas.