O Vicedo

Etiquetas:
19/12/2024

O grupo de teatro Ardora, de San Ciprián (Cervo), representará a obra titulada Aire fresco na Casa da Cultura do Vicedo este sábado, día 21 de decembro, ás 20:00 horas. A entrada é libre.

Aire fresco é unha comedia con esta trama: “A crise do covid puxo de relevo problemas común que todos temos na cotidianidade, pero que tenden a ser invisibilizados. As persoas maiores foron un dos colectivos máis afectados pola pandemia, dada a súa vulnerabilidade. Esta obra busca concienciar á sociedade sobre a necesidade urxente de prestar unha atención adecuada a quen coidou e agora precisa ser coidado”.

Etiquetas:
18/12/2024

O Concello do Vicedo organiza unha charla dedicada á prevención da violencia sobre a infancia e adolescencia. Será este xoves, día 19 de decembro de 17:00 a 19:00 horas na Casa da Cultura.

É unha actividade dirixida a familias, persoas coidadoras habituais e cidadanía en xeral.

A charla, con acceso libre, será impartida por Noelia Rigueiro, técnica de Intervención Familiar da Fundación Meniños.

25/11/2024

O Vicedo acollerá un obradoiro sobre ciberseguridade este xoves, día 28 de novembro. Será de 17:00 a 18:30 horas na Aula Cemit, que está na Casa da Cultura.

“Como podo protexer miñas contas?, Como debo configurar as miñas redes sociais?, Toda a información que consulto en internet é real?, Como podo detectar unha estafa recibida por correo? Na actualidade a ciberseguridade é máis relevante que nunca, con ameazas en constante evolución que poden afectar a calquera persoa que acceda a Internet ou utilice dispositivos intelixentes. Queres saber como protexerte? Descobre neste obradoiro as ameazas actuais, a pegada dixital en internet e as redes sociais e coñece o fenómeno da desinformación e as fake news. Toma o control da túa seguridade dixital!”, anuncia a Aula Cemit do Vicedo.

As persoas interesadas en inscribirse...

leer más
Etiquetas:
22/11/2024

A parroquia de San Román, no concello do Vicedo, celebra as festas do seu patrón esta fin de semana: sábado 23 e domingo 24 de novembro.

O sábado ás 12:00 horas haberá misa cantada e despois procesión seguida de sesión vermú amenizada por Primera Línea, que tamén actuará na verbena.

E o domingo ás 12:00 celebrarase misa cantada e de seguido sesión vermú longa a cargo de Primera Línea.

20/11/2024

O actor Quico Cadaval actuará na Tarde de Contos e Outras Lerias que haberá no Teatro das Cortes, no Vicedo, este sábado, 23 de novembro. Con esta xornada, para a cal a entrada é de balde, rematará a programación deste ano.

As actividades empezarán ás 18:00 horas con “Ofrendas e diálogos co porco de pedra dos Andrade”. E ás 19:30 horas terá lugar a actuación de Quico Cadaval.

Esta xornada está organizada pola asociación cultural Volta e dálle e conta co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Concello do Vicedo.

Etiquetas:
19/11/2024

O Vicedo acollerá este venres, día 22 de novembro, un curso de Intelixencia Artificial. Será de 16:30 a 18:00 horas na Aula CeMIT, que anuncia: “a través deste curso gratuíto farase unha introdución a conceptos básicos da Intelixencia Artificial mediante exemplos prácticos e algunhas aplicacións da IA no día a día”.

As inscricións están abertas e as prazas son limitadas.

Para máis información as persoas interesadas poden contactar coa Aula CeMIT na Casa da Cultura do Vicedo, a través dos correos electrónicos cemit.ovicedo@gmail.com ou  cemit.ovicedo@xunta.es ou do teléfono 982.59.01.95.

 

Etiquetas:
11/11/2024

O grupo teatral Ardora presentará a obra titulada Aire Fresco este domingo, día 17 de novembro, no Vicedo. Será ás 19 horas na Casa da Cultura.

“Non volo perdades, pasaremos un bo momento de risas observando situacións que todos vivimos algunha que outra vez”, anuncia o Concello do Vicedo sobre esta representación teatral.

04/11/2024

El Aula Cemit de O Vicedo acogerá un taller gratuito de uso de apps móviles para personas mayores los días 7 y 8 de noviembre, jueves y viernes, de 17:00 a 19:00 horas. Las plazas limitadas y para participar hay que inscribirse previamente.

El Aula Cemit de O Vicedo explica que es un “taller que realiza la entidad Cibervoluntarios con el apoyo de la Fundación AEB de la Asociación Española de Banca (AEB) con el apoyo del Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 con la colaboración del Ayuntamiento O Vicedo”.

Para más información e inscripciones las personas interesadas pueden dirigirse al Aula Cemit de O Vicedo, que está en la Casa de la Cultura, a través del teléfono 982.59.01.95 o del correo electrónico cemit.ovicedo@gmail.com.

30/10/2024

O alcalde do Vicedo, Jesús Novo, anuncia que o día 16 de novembro, sábado, celebrarase a trixésima edición do Encontro Interxeracional de Avós e Netos.

Poderán participar neste evento aquelas persoas empadroadas no municipio que sexan xubiladas, acompañadas polos seus cónxuxes aínda que este/a non estea xubilado/a, e polos net@s con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 12 de novembro, podendo realizala nas dependencias municipais dos Servizos Sociais, onde se lles entregará a entrada, que este ano conta cun copago de 3 euros por persoa adulta. As persoas que desexen acudir ó encontro en calidade de acompañantes e non figuren empadroadas neste municipio deberan aboar o importe da comida no momento de anotarse.

28/10/2024

O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo) organiza un Tarde de Cinema Rural este sábado, día 2 de novembro.

As actividades comezarán ás 18:30 horas cun coloquio sobre cinema rural no que participarán Manolo González (coordinador do Laboratorio Chanfaina, de San Sadurniño), Marisa Otero e Abelardo Rendo, da asociación cultural Sen un Peso, de Vedra). E ás 19:30 horas haberá unha proxección de curtametraxes feitas no rural por xente destes colectivos.

A entrada é de balde para este evento que organiza a asociación cultural Vota e Dálle.