Patinaxe
Será no pavillón municipal a partires das 19:30 horas. A Gala está organizada por ACD Xove, que conta coa colaboración do Concello xovense.
Desde a ACD Xove sinalan que “como todolos anos, a Escola de Patinaxe, organiza a Gala de Nadal, para que os familiares e amigos disfruten por un momento vendo os nen@s patinar. Estades tod@s invitados”.
O club Escolas Deportivas Lourenzá organiza o primeiro Trofeo de Niveles de Patinaxe Artística A Mariña, que se celebrará este sábado, 2 de decembro, no pavillón municipal laurentino.
Este evento deportivo desenvolverase neste horario: de 10.30 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 horas.
A Asociación Cultural Deportiva Xove organiza un torneo de patinaxe artística que terá lugar no pavillón municipal de Xove este domingo, día 16 de abril, a partir das doce do mediodía.
É o primeiro Encontro Precompetición Grupos Grandes, Pequenos e Cuartetos.
Ademais da entidade organizadora, participarán clubs de Lourenzá, Chantada e Ourense.
Este acontecemento deportivo conta coa colaboración do Concello de Xove.
A nova pista de patinaxe con obstáculos elevados e con formas tipo mini ramp foi inaugurada na tarde de onte cunha exhibición de patinaxe e moita música
O alcalde, Alfonso Villares, dixo que: "con este novo espazo enriquecemos a oferta deportiva e de lecer do noso municipio, que suma novas infraestruturas como lugares de encontro para a mocidade".
Esta actuación é posible grazas á colaboración da Xunta de Galicia que aporta o 70% do orzamento que supoñen estes novos espazos.
Para a tempada 2021-2022 o Concello de O Valadouro ofrece escolas deportivas municipais de fútbol e patinaxe.
O Concello anuncia que está aberto o prazo de inscrición nas distintas categorías de fútbol para nenos que cursen desde 4º de infantil ata 4º de ESO para o curso escolar 2021/2022. Poden consultarse as bases na páxina web do Concello do Valadouro, na sede electrónica e nas oficinas da Casa da Cultura. O prazo de inscrición remata o 24 de setembro e as actividades comezarán o 1 de outubro.
E para a de patinaxe está aberto o prazo de inscrición para nenos que cursen desde 4º de infantil ata 6º primaria para o curso escolar 2021/2022. Poden consultarse as bases na páxina web do Concello do Valadouro, na sede electrónica e nas oficinas da Casa da Cultura.
O prazo de inscrición remata...
leer másO Concello de Foz organiza a XII edición do Campus de Verán de Patinaxe Artística de iniciación e perfeccionamento, dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos.
O campus ofrece, ademais dos aspectos específicos deste deporte, actividades complementarias lúdico-recreativas para que os participantes ao mesmo tempo de formarse disfruten das praias, da natureza e de excursións culturais. Deste xeito desenvolveranse nas instalacións do CEIP O Cantel, no Campo da Cabana, en Bispo Santo e na praia da Rapadoira. O horario será de 10:30 a 19:30 horas.
A organización habilitará un autobús gratuíto que percorrerá A Mariña para o traslado dos participantes que o necesiten. Haberá un refrixerio a media mañá, comida e merenda, ademais de menús especialmente deseñados para deportistas en idades noveis e para nenos e nenas que o...
leer másA Delegación de Xuventude do Concello de Foz organiza a XI edición do Campus de Patinaxe Artística que terá lugar dos días 25 ao 29 deste mes de xuño. Na presentación, que tivo lugar hoxe na Casa da Xuventude, estiveron o alcalde focense, Javier Castiñeira; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero Méndez; o presidente da asociación Escolas do Deporte, Ibán García; e a directora do Campus, Rebeca García.
O campus celebrarase, unha vez máis , nas instalacións do CEIP O Cantel, onde os nenos e nenas gozarán da patinaxe artística e de actividades complementarias en horario de 10:30 a 19:30 horas. Entre outras actividades complementarias haberá paseos en kaiaks, excursións, xogos tradicionais, inchables e xogos na praia.
Este campus está dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos de...
leer másA décima edición do Campus de Verán de Patinaxe Artística en Foz, que se celebrará do 26 ao 30 deste mes foi presentado hoxe. No acto participaron a concelleira focense de Xuventude e Deportes, Mercedes González; o presidente da asociación Escolas do Deporte, Ibán García; e a directora do campus, Rebeca Díaz.
O campus, que está organizado polo Concello de Foz e Escolas do Deporte, é de iniciación e perfeccionamento e está dirixido a maiores de 4 anos de idade. A organización explica que esta iniciativa “ofrece, ademais dos aspectos específicos da patinaxe artística, actividades complementarias lúdico-recreativas para que os participantes, ao mesmo tempo de formarse, gocen das praias, de actividades na natureza e de animación e de excursións culturais”.
O prazo de inscrición está aberto ata este domingo, día 18, e...
leer más