Documental

17/11/2024

Barreiros acoller á a proxección do documental titulado “En deuda con todas” no centro sociocultural de San Cosme o domingo 24 de novembro, ás 18:00 horas.

O Concello de Barreiros explica que esta actividade “trátase da visualización do documental titulado En deuda con todas, sobre a loita pola despenalización do aborto no Salvador, o dereito a decidir sobre os nosos corpos, cuestión de xustiza. Seguido da proxección haberá un espazo de reflexión. É unha actividade aberta ao público xeral para dar a coñecer as distintas realidades e contextos sobre os dereitos sexuais e reprodutivos, particularmente de persoas integrantes dalgún colectivo, organización ou movemento de mulleres, feminista e LGBTIQ+”.

Etiquetas:
25/08/2024

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza na Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, o vindeiro xoves, 29 de agosto, ás 20:30 unha proxección do filme documental  A Cidade da Selva, coa presenza do seu director Miguel Riaño.
 
Desde A Pomba do Arco explican que “A Cidade da Selva é un documental sobre a historia da guerrilla antifranquista na Galiza, articulada arredor da Federación da Guerrillas da Galiza, cuxo principal dirixente foi Marcelino Fernández Villanueva O Gafas”.
 
E engaden que “Marcelino Fernández Villanueva O Gafas foi un importante activo da guerrilla mariñá entre 1947e 1948, cando actuou polos concellos de A Pastoriza, Foz, Lourenzá é Mondoñedo”.
 

 

18/03/2024

O documental titulado “A Carmela: lancha de salvamento que ninguén salvou”, será presentado este martes, 19 de marzo, ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura, acto que contará coa participación do seu autor, Paco Salgueiro.

É o cuarto documental realizado por Salgueiro despois de “Pena Burela, sinal de identidade dun pobo”, “Burela, referentes do lecer no século XX” e “Lembranzas do Nadal en Burela”.

01/03/2024

A asociación cultural As Vacas Fracas, en colaboración co Concello de Ribadeo, organiza a presentación dun documental sobre a olaría de Buño titulado “Povo de barro” e despois da proxección haberá un coloquio. Será este domingo, 3 de marzo, ás 17:00 horas no Teatro ribadense, con entrada de balde.

O Concello de Ribadeo, anuncia que “este documental é froito do traballo dun colectivo de mozas e mozos de Carballo chamado Bastidores. É unha homenaxe á olaría de Buño e ás mulleres e homes que fixeron dela un modo de vida".

Por outra parte, tamén este domingo, 3 de marzo, actuará en Ribadeo o actor Avelino González, que ofrecerá o monólogo titulado “Contos de contrabando”. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:00 horas. A entrada ten un prezo de 3 euros.

 

01/02/2024

A sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela acollerá o 1 ao 15 de febreiro a exposición sobre o documental Chicas Nuevas 24H, de Mabel Lozano. Poderá visitarse de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.

O Concello de Burela explica que “esta exposición forma parte dun proceso de investigación e documentación de cara á concienciación e sensibilización para a prevención da trata de persoas con fins de explotación sexual. A directora e documentalista Mabel Lozano e o comisario Juan Nicolás crean esta exposición fotográfica cunha interesante selección de imaxes obtidas a través da viaxe-rodaxe do filme do mesmo nome”. 

Ademais o xoves 8 de febreiro ás 11:30 horas proxectarase o documental.
É unha actividade promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade, da Xunta de Galicia.

20/12/2023

O vindeiro 28 de decembro haberá en Ribadeo unha proxección dedicada ao intento de construción dunha central nuclear en Xove a finais do anos 70. 

Trátase do documental "Xove. Democracia nuclear", de Pedro Lechuga Mallo. Será o 28 de decembro ás 20.30 horas, no Teatro de Ribadeo, segundo informa a Agrupación Cultural Francisco Lanza. 

Etiquetas:
28/11/2023

A localidade de Xove acollerá o vindeiro venres 1 de decembro a proxección do documental 'Xove, Democracia Nuclear'. Este traballo xornalístico está dirixido polo xornalista leonés Pedro Lechuga Mallo, quen contou coa colaboración da Asociación de Prensa de Lugo para a súa gravación. Este documental recupera a través dos medios de comunicación en novembro de 1973 as historias vividas na Mariña cando foi público o proxecto de construción dunha central nuclear en Xove. Recollen os testemuños de quince persoas vinculadas á mobilización, veciños e persoas relacionadas co nacionalismo, o Sindicato Labrego Galego, xornalistas e profesores, ademais do entón alcalde de Xove, Jesús López González.

A proxección terá lugar a partir das 20:00 horas no salón de actos do Centro Cívico, sendo a entrada gratuíta até completar aforo. Este evento é posible...

leer más
22/11/2023

O documental titulado “Xove, democracia nuclear” proxectarase en Ferreira do Valadouro este sábado, 25 de novembro, ás 19:00 horas. Será no salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro, con entrada de balde.

Este documental, de Pedro Lechuga Mallo, forma parte do proxecto a nivel nacional denominado Democracia Nuclear, que ten como obxectivo recuperar as historias das diferentes mobilizacións antinucleares xurdidas en España nos anos setenta.

Etiquetas:
21/11/2023

No salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela presentouse o documental “A Festa do Carme nos portos da Mariña de Lugo”.

A Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo levou a cabo este proxecto grazas ao convenio suscrito coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia, no que se fai un percorrido pola historia das celebracións que se dedican á Virxe dos Mares desde as confrarías da costa de Lugo: procesións, misas, tallas, ofrendas florais e mesmo ofrendas submarinas.

O presidente da Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo, Basilio Otero, acompañado da xefa territorial da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, Mariña Gueimunde, e da alcaldesa de Burela, Carmela López; presentaron o documental, que ao longo duns 40 minutos repasa a historia, o pasado e o presente destas celebracións de fondo...

leer más
07/11/2023

En consonancia cos seus obxectivos de promoción e defensa dos dereitos como a saúde así como de colaboración con outros colectivos que traballan na mesma liña, o Foro Social da Mariña organiza a proxección do filme Agromantes, con guión e dirección de Cora Peña, o xoves 9 de novembro ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao (Cervo).

Agromantes é unha obra audiovisual que mestura a ficción e o documental, cunha duración de 72 minutos. Aborda o tema da saúde mental a partir dunha situación na que un grupo de persoas comparten as súas experiencias de loucura e psiquiatrización nun xogo de escenificación improvisada.

Rematada a proxección haberá un coloquio no que intervirán por videoconferencia a directora do filme e algúns integrantes do mesmo.