Documental
O filme “A virxe roxa”, Premio Mestre Mateo á mellor longametraxe documental, proxectarase en Vilalba, A Pobra do Brollón, Foz , Sarria e Chantada, dentro do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación.
Trátase da segunda proxección programada neste circuíto, que contempla a exhibición dos oito filmes finalistas dos Mestre Mateo nas categorías de mellor longametraxe documental e mellor longametraxe de ficción, cunha proxección cada mes durante todo o ano.
A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, convidou a “asistir a estas proxeccións coas que, da man da Academia Galega do Audiovisual, contribuímos á difusión do cine galego, tratando de fidelizar ao público e asentar unha demanda de producións audiovisuais en galego que repercuta...
leer másO Concello de Viveiro organiza unha actividade en torno á figura de Xela Arias, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.
O acto terá lugar o vindeiro domingo, 27 de xuño, ás 19:00 e ás 20:00 horas na sala multiusos do Concello de Viveiro e consistirá na proxección do documental de Beatriz Pereira titulado "Xela Arias, poeta nas marxes".
Ao remate haberá un coloquio que contará coa intervención da propia Beatriz Pereira e con Daniel Chapela.
A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162 ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es . A capacidade será limitada.
Colaboran na organización do evento: Xunta de Galicia e Xacobeo 21-22.
Los organizadores señalan “qué mejor manera de sobrellevar este nuevo año sin festival que con la parte documental de nuestro Resurrection Fest Estrella Galicia Online. El próximo jueves, 29 de abril, a las 22:00 y por petición popular subiremos un vídeo con todo el documental "Resurrection Fest: la historia (2006-2020)", editado especialmente para poder ver todo su contenido de manera continua. Es algo que venís reclamando desde Resurrection Fest Online, y por fin lo podréis ver con calma en vuestras casas”.
El documental incluye:
-La historia de cómo se creó el festival contada por sus propios creadores.
-Un recorrido por la edición de cada año hasta 2020
-Declaraciones de los artistas que han pasado por Resurrection Fest.
Y añaden: “una mirada a la historia de Resurrection...
leer másOs promotores desta iniciativa explican que "galerna (RAG) é un vento moi forte de entre oeste e noreste que ocasiona fortes temporais na costa do Cantábrico”.
O 12 de xullo do 2021 cúmprense 60 anos dunha traxedia que asolou á comarca e moitos outros pobos mariñeiros do litoral cantábrico.
A frota boniteira metida de cheo en campaña, atopouse no medio dun temporal inesperado e dunha dureza extraordinaria e mortal. Ao longo de case tres días, barcos e homes loitaron por sobrevivir. Algúns conseguírono. Outros non.
Oitenta e tres homes perderon a vida e os que conseguiron volver gardan un recordo inesquecible daqueles días nos que houbo que agarrarse á vida por un pelo.
Este documental é unha pequena homenaxe a toda esa xente, familiares e veciñanza que dun xeito...
leer másO auditorio municipal de Mondoñedo acollerá o próximo día 3 de decembro a proxección da obra de ficción Vida e do documental Máis ca vida, do actor e director galego Rubén Riós. As dúas obras, segundo os seus autores, son un exemplo da posibilidade de introducir na realidade audiovisual a persoas con discapacidade, mostrando que os estereotipos non teñen razón de ser.
O Concello de Mondoñedo, que preside Elena Candia (PP), recibirá pola mañá a Rubén Riós, que, seguidamente, participará nunha master classpara Emergal Ensino SL na cidade episcopal, dedicada aos alumnos do certificado de profesionalidade en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
Á proxección no auditorio, ás 18.00 horas, está prevista a asistencia, ademais do director, do actor e actriz protagonistas, respectivamente,...
leer másTrailer da curta documental Eido Dourado: http://intruso.eu/eidodourado.html
Logo do peche do espazo privado de arte ‘Eido Dourado’, verá a luz o traballo documental co mesmo título, que rende homenaxe “á persoa é á obra” do pintor mariñán Celso Dourado.
A estrea de Eido Dourado é unha celebración da creatividade e a vida, na que se dan cita as voces de persoas que o coñecen para falar da persoa e do artista. O filme conta con imaxes inéditas gravadas ao longo de varios anos. Pero, sobre todo, é o esbozo dun creador único, no que sobresae a propia voz de Celso para amosarnos que non existe maior tesouro na existencia que atopar un lugar, o verdadeiro fogar dun mesmo, e habitalo.
A curta documental dirixida por Martín G. Rodil serve asemade como homenaxe ao...
leer másA TIC da Deputación contribuirá a preservar a cultura pesqueira do Concello de Viveiro coa elaboración de audiovisuais que formarán parte de Vivemar, o proxecto sociocultural que promove o Goberno viveirense para a promoción e divulgación dos valores do mar e dos ríos deste municipio da Mariña, prestando especial atención á memoria das persoas vivas. O Presidente do Executivo Provincial, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e o Concelleiro do Mar, Jesús Fernández Fernández, acompañados por Lucas Requejo de Vivemar, presentaron este xoves esta colaboración, pola que a TIC gravará a testemuña dos protagonistas en primeira persoa.
Campos Conde anunciou que “esta colaboración arranca coa entrevista a Paco Alonso, armador e patrón de 94 anos que é todo un referente no porto de Celeiro”. O máximo responsable...
leer más