A asociación cultural As Vacas Fracas, en colaboración co Concello de Ribadeo, organiza a presentación dun documental sobre a olaría de Buño titulado “Povo de barro” e despois da proxección haberá un coloquio. Será este domingo, 3 de marzo, ás 17:00 horas no Teatro ribadense, con entrada de balde.
O Concello de Ribadeo, anuncia que “este documental é froito do traballo dun colectivo de mozas e mozos de Carballo chamado Bastidores. É unha homenaxe á olaría de Buño e ás mulleres e homes que fixeron dela un modo de vida".
Por outra parte, tamén este domingo, 3 de marzo, actuará en Ribadeo o actor Avelino González, que ofrecerá o monólogo titulado “Contos de contrabando”. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:00 horas. A entrada ten un prezo de 3 euros.