Tren
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, subliñou que o tren turístico-cultural enxalza o enorme potencial que ten Ribadeo. A nova tempada, que comezou hai unhas semanas, prolongarase ata o 10 de setembro.
A edil ribadense declarou: “un ano máis presentamos o tren turístico que desde hai varias semanas percorre o ámbito urbano da nosa vila. Ribadeo segue a ter un gran tirón turístico, son moitos os turistas e as persoas que recibimos cada ano, non só en verán, senón que se estende a outras épocas do ano e realmente esta actividade é un servizo moi demandado”.
Saiz dixo que “quen se anime a subir a este tren turístico-cultural, podemos chamalo así, porque visita o Ribadeo cultural, natural, o casco histórico, a nosa arquitectura, o centro da vila, … polo que tamén percorre o sector servizos e en consecuencia o noso...
leer másO tren turístico ofrece oito viaxes diarias para que os visitantes poidan coñecer Ribadeo e os seus recunchos máis emblemáticos nun percorrido de 50 minutos de duración, que sae todos os días desde as inmediacións da oficina de turismo para achegarse ata o porto deportivo, o paseo marítimo, o Faro da Illa Pancha, onde realiza unha pequena parada, e pasa polas principais rúas da vila.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, contou que “dende hai varias semanas xa está en funcionamento o tren turístico de Ribadeo, despois do proceso de licitación e adxudicación por catro tempadas. É un atractivo máis no importante numero de actividades turísticas que se promoven ou que se organizan dende o Concello, e que permite a quen nos visita e a veciñas e veciños coñecer dunha maneira moi cómoda e moi amena o casco de Ribadeo, e achegarse a enclaves...
leer másHoxe foi presentada a nova tempada do tren turístico de Ribadeo, que funcionará ata mediados de setembro, ofrecendo oito viaxes diarias para achegar aos visitantes aos enclaves máis emblemáticos da vila. No acto participaron xunto ao alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, e o propietario da empresa que xestiona o tren, José Antonio Neira.
O edil de Turismo declarou que “se bota a andar o tren turístico de Ribadeo que é unha atracción que se enmarca dentro das actividades turísticas promovidas polo Concello de Ribadeo en diversos ámbitos, no ecoturismo, nas visitas guiadas… É unha actividade moi complementaria que é moi ben recibida tanto polos turistas como polos veciños e veciñas de Ribadeo. Quero recordar que o tren realiza oito saídas diarias e está en funcionamento todos os días. Fai un percorrido moi...
leer másO grupo de teatro Chévere presenta a obra Curva España este sábado, 20 de marzo, no Auditorio Municipal Hernán Naval, de Ribadeo. A representación dará comezo ás 19:30 horas. O prezo da entrada xeral é de 5 euros e 3 para persoas desempregadas, estudantes e xubilados. A venda de entradas será, desde media hora antes do inicio da función, no despacho de billetes.
Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes, sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, artéllase unha peza que ironiza sobre o formato documental, combinando teatro e cine en directo. Bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca...
leer másO tren turístico de Ribadeo comeza a tempada de verán. Realizará oito viaxes diarias ata o 15 de setembro percorrendo a rúas máis emblemáticas da vila e o porto chegando ata o Faro da Illa Pancha. O tren sae das inmediacións da Oficina de Turismo.
Na presentación, celebrada esta mañá, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, dixo que “estamos moi satisfeitos de iniciar o verán con esta especialidade que temos tamén aquí en Ribadeo, que é este tren turístico que fai as ledicias de visitantes e de locais, porque, sobre todo pensando na xente de fora, que por un módico prezo, pode con comodidade coñecer todos os recunchos da vila, do casco vello e incluso da parte máis setentrional, continuado toda a marxe galega da ría de Ribadeo ata o Faro da Illa Pancha”.
O rexedor amosouse convencido de que “vai atraer a moitísima...
leer más