A Mariña
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo promove un ano máis a presenza de tradición propias nas datas de Nadal co espectáculo “A apalpadora”, que se representará en 40 localidades ao longo deste mes de decembro.
O alumnado dos colexios de Cervo e Rábade acolleron hoxe as primeiras representacións deste espectáculo de narración oral e música en directo no que Antía Vázquez – a filla do Apalpador – e o musico André Espiñeira contan ás crianzas a historia deste personaxe do Nadal, transmitida a través da tradición oral, especialmente na zona do Courel e do oriente ourensán, e revitalizada na última década grazas ao impulso de asociacións e colectivos culturais de todo o país.
A deputada Iria Castro explicou que “se trata dunha programación que poñemos en marcha por quinto edición consecutivo desde a...
leer másTres clubs deportivos ourensáns: BXT Celanova, CB Allariz e A.B Xinzo e dous da Mariña lucense: Iberia CF e Celtas de Foz realizarán unha recollida solidaria de libros para as nenas e os nenos afectados pola Dana en Paiporta.
O norte e o sur de Galicia traballarán unidos por esta causa. O que precisan para as crianzas de 1 a 6 anos son libros infantís, tamén libros xuvenís así como xogos educativos, plastilina e puzzles. Iso foi o que lles demandou a concelleira de Educación e Deporte de Paiporta, Susana Moreno, coa que se puxeron en contacto hai uns días. Dos puntos de recollida informarán proximamente. O material será enviado a ese concello valenciano a finais do mes de Nadal co obxectivo de axudar á recomposición das aulas afectadas. “Trátase dun proxecto cultural, solidario e deportivo, que une a clubs ourensáns e mariñaos”, explican...
leer másAna Pena, Guía Oficial de Galicia e xerente de Guía tu día, organiza diversas rutas en decembro. "Con estes paseos pretendo propoñer alternativas para coñecer o territorio en meses máis tranquilos, pero sen dúbida especiais pola época do ano na que nos atopamos, con paisaxes espectaculares", explica Ana Pena.
A primeira das rutas terá lugar este domingo, 1 de decembro, no Valadouro. Un paseo circular de 6 km que combina a Ruta dos Pozos coa visita ao Museo do Mel, o único co que conta a Mariña.
Xa na ponte festiva, o sábado 7 será en Rinlo. Nesta andaina litoral coñecerase a historia deste pobo mariñeiro e visitaranse as cetarias, empregadas para a conservación do marisco.
O domingo 8 terá lugar un paseo pola cidade de Viveiro. Visitaranse os principais recursos e o Belén a tamaño natural...
leer másAMODO, Conversas arredor da gastronomía na Mariña é un encontro vinculado á gastronomía, organizado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense coa colaboración, na secretaría técnica, de Jorge Guitián e Anna Mayer -profesionais no ámbito de proxectos gastronómicos- e do Colectivo de Gastronomía da Mariña.
Este evento nace do Plan Director de Turismo Gastronómico da Mariña, presentado o pasado mes de xuño en Viveiro, no contexto do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense que xestiona a Mancomunidade, e que está cofinanciado entre esta entidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
A presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Rocío López, subliñou que “o obxectivo desta convocatoria é posicionar ao territorio da Mariña como un espazo creativo e innovador que reflexiona...
leer másA FCAM (Federación de Comercio A Mariña) inicia este xoves, 21 de novembro, no CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, o ciclo de charlas O futuro laboral na Mariña lucense.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explicou que “na FCAM estamos moi preocupados pola situación laboral desta comarca, hai moita oferta de postos de traballo en todos os sectores, que as empresas non son quen de poder cubrir. Hai empregos no comercio, na hostalería, nos hoteis e tamén en sectores como a automoción, o forestal ou os astaleiros, por poñer só uns exemplos, pero tamén hai demanda de profesionais como electricistas, fontaneiros, carpinteiros…”.
Cruzado Iglesias indicou que “desta preocupación, que detectamos xa nun foro que celebramos en Foz aló polo mes de marzo, saíu este ciclo de charlas que levaremos polos centros de FP da Mariña...
leer másA Federación de Comercio A Mariña e Logística Reyco asinaron un convenio de colaboración polo que a empresa de Fazouro (Foz) estará presente nun proxecto que a FCAM levará adiante ao longo dos vindeiros meses nos centros de FP da comarca.
A FCAM e Reyco así o plasmaron no documento asinado polo CEO da empresa de transporte e loxística, Iván Marrube, e pola presidenta da federación empresarial mariñá, Carmen Cruzado. O acto contou coa presenza do presidente do Grupo Reyco, Miguel Rey.
Cruzado Iglesias tivo palabras de agradecemento: “desde a FCAM queremos agradecerlle o seu apoio económico a Logística Reyco, xa que estará presente como entidade patrocinadora nun proxecto nos centros de FP da Mariña no que levamos meses traballando e que nuns días sairá á luz”.
A presidenta da FCAM...
leer másA vindeira fin de semana rematarán os Obradoiros e os Plans con Corazón da Mancomunidade de Concellos da Mariña con diferentes propostas que se desenvolverán en Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Viveiro e Riotorto.
O sábado, 9 de novembro, haberá un Obradoiro de Kintsugi con Artesanía do Pasatempo, en Mondoñedo. Será de 11.00 a 13.00 horas para público adulto. Trátase dunha experiencia baseada na técnica ancestral xaponesa de reparación de obxectos cerámicos con ouro, onde se resaltan as cicatrices como as experiencias de vida do obxecto. As persoas participantes familiarizaranse co proceso de reparación mediante dita técnica sendo agasallados co obxecto reparado.
E o domingo, día 10, desenvolverase un Obradoiro de Rakú con Esquina Atlántica, en Mondoñedo, que terá lugar de 11.00 a 13.00 horas para público adulto...
leer más115 veciños e veciñas da provincia de Lugo participan esta semana no programa de viaxes gratuítas da Deputación, Coñece a túa provincia. Os viaxeiros pertencen a cinco asociacións dos concellos de Meira, O Corgo, Abadín e Vilalba, e uns percorrerán a comarca da Mariña e os outros descubrirán a Ribeira Sacra.
A primeira ruta desta semana, que tivo lugar este mesmo martes, realizárona os membros da Asociación Cultural Airiños do Miño, de Meira, que iniciaron a viaxe na produtora do Servizo de Audiovisuais e posteriormente coñeceron a rectoral de Gundivós, un miradoiro sobre o Canón do Sil e unha adega de Amandi. Ademais, a Asociación Xuvenil, Cultural e Deportiva A Rumboia, do concello de Abadín, vai realizar este mesmo itinerario o xoves 31 de novembro.
O mércores, a Asociación de Veciños O Salgueiriño, do Corgo,...
leer másViveiro, O Valadouro, Mondoñedo, Ribadeo e Lourenzá serán as seguintes paradas do 31 de outubro ao 3 de novembro dos programas da Mancomunidade da Mariña: Plans e Obradoiros con Corazón.
Plans con Corazón
Na ponte festiva as rutas e visitas guiadas de Plans con corazón arrincarán o venres, día 1, co Penido, megalitismo e outras curiosidades dos altos do Valadouro da man de Boris Vilar. Os participantes terán a oportunidade de descubrir a sorprendente natureza da Serra do Xistral.
A deus rogando, co mazo dando é a ruta que o 2 de novembro discorrerá por Mondoñedo guiada por Noela Feal. Os asistentes coñecerán a historia da cidade episcopal, visitarán o barrio dos Muíños e achegaranse ao taller artesanal de Toni Arenas.
O mesmo sábado por Ribadeo terá lugar a ruta Da horta ao mar, vila comercial dan man de Carmen Delia (...