Arte na rúa

18/06/2024

Burela acolle, no parque de Rosalía de Castro, a exposición de arte na rúa 'Viaxando', organizada por Afundación. Esta mostra itinerante, que conta con pezas das coleccións de arte de Afundación e Abanca, estará dispoñible para a súa visita ata o día 10 de xullo, tras o cal seguirá percorrendo diferentes localidades galegas.

Nas diferentes obras da exposición aparecen reflectidos diferentes lugares de todo o mundo, co obxectivo de permitir ás persoas que visiten a mostra desfrutar de viaxar a través da arte. A cronoloxía das pezas vai dende finais do século XIX ata a actualidade, e cada unha delas vén acompañada dun breve texto divulgativo escrito pola crítica de arte Mercedes Rozas.

A alcaldesa de Burela, Carmela López, destaca que "estas iniciativas permiten desfrutar de xeito gratuíto da arte nas nosas rúas,...

leer más