Ribadeo
Ribadeo ven de poñer en marcha un novo servizo para a súa veciñanza: a biblioteca rural de Cinxe. O acto de inauguración, na antiga escola desta parroquia, contou coa presenza da concelleira de Facenda, Cultura, Educación e Igualdade, Begoña Sanjurjo.
Esta nova biblioteca conta cun fondo de 1000 libros reunidos grazas a doazóns veciñais e á adquisición de novos exemplares realizada polo Concello de Ribadeo. Novelas, relatos, libros de poesía, teatro, autoaxuda, cómic, literatura infantil, xuvenil, adolescente, primeiros lectores, historia, política e libros en inglés, que se reparten nos andeis que ocupan unha das paredes da escola, que está equipada cun ordenador para facilitar a súa xestión.
No acto de inauguración a edil ribadense manifestou que “o obxectivo principal deste proxecto é facilitar aos veciños e...
leer másNas inmediacións da praza de abastos de Ribadeo desenvolvese o tradicional Mercado das Flores desde hoxe, domingo, e ata o vindeiro martes, 31 de outubro.
Moitas son as persoas que se achegan a algún dos postos dos produtores locais, que alí se atoparán instalados, para mercar as flores e os centros para Todos os Santos e Defuntos coas que despois adornarán os panteóns e os nichos dos seus seres queridos.
O Mercado das Flores está aberto entre as nove da mañá e as dúas da tarde.
O vindeiro luns, 30 de outubro, arrinca unha nova edición de Preto de ti, un conxunto de actividades organizadas para dinamizar as parroquias ribadenses. O programación foi presentada polo alcalde, Dani Vega, e pola concelleira de Benestar Social, Elena Sierra.
O rexedor explicou que “bota a andar Preto de Ti, un conxunto de actividades que queremos acercar a todas as parroquias, a todos os lugares”.
Vega dixo: “eu en primeiro lugar quero felicitar aos técnicos municipais da Concellería de Benestar Social por todo o traballo que están a realizar; isto é grazas a eles. Tamén ás traballadoras que van levar a cabo todo o traballo en Preto de ti. E ademais á concelleira Elena Sierra, que grazas ao seu empeño e á súa dedicación Preto de ti é unha realidade”.
O alcalde indicou que “este...
leer másAta o 15 de novembro está aberta a inscrición para participar no Mercado do Nadal de Ribadeo, que se celebrará do 1 ao 10 de decembro na contorna da praza de abastos.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “desde o Concello xa estamos a organizar todas as actividades entorno ao Nadal e empezamos por este Mercado tradicional. Terá lugar do 1 ao 10 de decembro e este mítico e singular Mercado do Nadal preséntase como un espazo de cheo de oportunidades para todos os profesionais da artesanía, do deseño e da gastronomía. Vai funcionar como unha plataforma onde se visualiza perfectamente o traballo de cada profesional e o talento creativo”.
O rexedor subliñou que “como novidades este ano no Mercado do Nadal incrementamos os días de duración, collemos dúas fins de semana, que iso realmente é importante á hora das vendas, e...
leer másDebido ao grave incendio forestal que afectou ao municipio de Ribadeo durante a ponte do Pilar, as festas do Santo Cristo na parroquia ribadense de Piñeira foron aprazadas para os día 28 e 29 de outubro, sábado e domingo.
O sábado haberá verbena coas orquestras Fania Blanco Show e Los Player’s. E o domingo celebrarase misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Ribadeo ás 13:00 horas e a continuación procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Trebol, que tamén actuará na verbena xunto a Los Satélites.
A XX Mostra de Teatro Daniel Cortezón celebrarase do 27 ao 29 de outubro no auditorio municipal de Ribadeo. O evento foi presentado pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, e pola viúva do dramaturgo ribadense, Mati González.
A edil ribadense contou que “esta fin de semana (venres, sábado e domingo) terá lugar ás 20.00 horas no auditorio municipal a XX edición da Mostra de Teatro afeccionado, que leva o nome do insigne autor teatral ribadense Daniel Cortezón”.
Sanjurjo explicou que “desta vez dous grupos veñen de fóra da Mariña, un de Narón e outro de Pontevedra e o terceiro é veciño noso de Barreiros. Comezamos coa formación pontevedresa Avelaíña Teatro, que pon en escena este venres Almas na Gloria: don Paco, con texto de Manolo Ayán e dirección de Antonio Simón. Esta é unha historia vinculada ao autor...
leer másUnha ducia de locais hostaleiros participan na sexta edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo do 27 ao 29 de outubro. Están organizadas por Acisa.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “desde Acisa seguimos apostando polas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se van celebrar do venres ao domingo, como actividade dinamizadora da nosa hostalaría. Con elas queremos render así homenaxe á veciñanza asturiana, que todas as fins de semana do ano se achega ata Ribadeo a tomar os viños, os vermús, a comer, a cear, a pasear ou a mercar no comercio local. A súa presenza é moi importante para nós e por iso volven un ano mais estas xornadas”.
Cruzado Iglesias explicou que “son 12 os locais participantes, que ofrecerán tapas, racións e menús especiais ao longo da vindeira fin de semana. As...
leer másLos chefs Luis Veira (Árbore da Veira), Rafa Centeno (Maruja Limón), Kike Piñeiro (A Horta do Obradoiro) y Felipe F. Barcia (A Horta de San Roque) se suman al cartel de Momentos Alhambra Acustiquísimos este 2023. El ciclo de conciertos en acústico en espacios singulares de cuatro ciudades gallegas -organizado por Art Music con el patrocinio de Cervezas Alhambra -incorpora, de la mano de la cervecera, así la gastronomía a sus experiencias musicales.
Momentos Alhambra Acustiquísimos, una de las citas musicales imprescindibles de cada nueva temporada, regresa a Galicia este otoño para celebrar su sexta edición de la mano de Nena Daconte, Elefantes, El Kanka y Andrés Suárez. El ciclo propone un otoño más una serie de directos únicos e irrepetibles, en los que, como es habitual, primarán la calidad sonora y la experiencia cercana para el...
leer másA Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza unha exposición sobre deportados da Mariña luguesa e do Occidente asturiano a campos de exterminio nazis. Será na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo. Comezará este xoves 26 de outubro e prolongarase até o domingo 12 de novembro.
Haberá dúas charlas acompañando a exposición. Serán os xoves 26 de outubro e 9 de novembro, impartiranse no Centro Social ribadense e serán ás 20:30 horas. Na primeira falarán Antonio Muñoz Sánchez, José Miguel Suárez Fernández e Miguel Freire. Este último ofrecerá a segunda conferencia.