Ribadeo
A Pancha, a moeda de Ribadeo, entrará en circulación o vindeiro domingo, 15 de outubro. Máis de 100 negocios locais participan na quinta edición desta campaña, segundo os datos ofrecidos hoxe polo alcalde, Dani Vega.
O rexedor dixo que “dende este domingo, 15 de outubro, e ata o 31 de decembro un total de 200.000 Panchas estarán dispoñibles para que todos os consumidores merquen e consuman en máis de 100 establecementos de comercio e de hostalería do noso Ribadeo”.
Vega lembrou que “coma en edicións anteriores, a compra e uso da moeda é mediante o Panchapeto, o moedeiro dixital habilitado para a campaña. O moedeiro adquírese a través da web www.pancharibadeo.gal, onde tamén poden atopar toda a información referente a esta campaña”.
O alcalde...
leer másAcisa organiza de novo a campaña tarxeta aforro con descontos no combustible na estación de servizo Valcarce, de Ribadeo. Será do 11 de outubro ao 30 de novembro.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “o obxectivo desta campaña é o fomento da actividade comercial e hostaleira durante preto de dous meses mediante a fidelización do cliente tanto da vila como os visitantes a través de tarxetas de desconto de 0´09 euros por litro de combustible”.
O xerente da asociación ribadense, Jesús Pérez, explicou que “as tarxetas aforro obteranse gratuitamente realizando as compras ou consumicións en calquera dos establecementos asociados a Acisa Ribadeo, e so se entregará unha por cada tícket de compra por un importe mínimo de 10 euros. Esta promoción é válida dende este mércores, 11 de outubro, ata o 30 de...
leer másEstrenan en Cine Ribadeo El exorcista: creyente. Continúan proyectando The Creator y Los Mercen4rios
O 8 de outubro terá lugar a xornada de exaltación do pemento de Piñeira no Mercado dos Domingos. Haberá unha proxección, unha exposición, unha mostra degustación, tapiñas nos locais hostaleiros da contorna e música. A cita foi presentada pola concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
A edil ribadense contou que “o vindeiro 8 de outubro volvemos ter unha cita no Mercado dos Domingos, nesta ocasión será coa xornada de exaltación do pemento de Piñeira”.
Saiz relatou que “ás 11:30 teremos Conversas na cortiña coas produtoras e produtores; ás 12:15 horas mostra degustación do pemento de Piñeira a cargo de Mar Orosa, cociñeira do restaurante El Oviedo; e a partir das 13:00h horas concerto con Paraíso Canto. Ademais durante as horas do mediodía poderemos disfrutar dunhas tapiñas nos locais hostaleiros da contorna...
leer másDo 5 ao 16 de outubro estará aberto o prazo de inscrición no programa Preto de ti, do Concello de Ribadeo, destinado ás persoas maiores, que poderán participar en manualidades, estimulación cognitiva, tecnoloxía móbil, ximnasia de mantemento, lectura e escritura creativa. O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, animan a inscribirse nestas actividades.
O rexedor manifestou que “Ribadeo pon en marcha Preto de ti, un conxunto de actividades que queremos propoñer para realizar nos próximos meses”.
Vega subliñou que “Preto de ti quere mellorar e avanzar e por iso quero felicitar a todos os técnicos municipais que traballaron conxuntamente con Elena Sierra, coa concelleira de Benestar Social, que analizaron profundamente aquilo que había conservar e aquilo que había que mellorar. E tamén...
leer másO Concello instalou unha caseta de lectura na zona de xogos infantís do parque de San Francisco. Foi deseñada polo obradoiro de emprego Vilas Coidadoras e será un espazo solidario de intercambio de libros que transmita a maxia pola lectura a toda a cidadanía, especialmente ás nenas e aos nenos.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “o luns instalouse na zona de xogos infantís do parque de San Francisco unha caseta de lectura. É unha iniciativa deseñada polo obradoiro de emprego Vilas Coidadoras, na especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais. Queremos agradecer ao alumnado e ao profesorado todo o traballo levado a cabo”.
A edil ribadense indicou: “búscase que esta caseta de intercambio de libros gratis se converta nun espazo solidario cheo de contos que...
leer másA rúa San Francisco, de Ribadeo, acolle a celebración da Festa do Sombreiro os días 6 e 7 de outubro, venres e sábado. Está organizada por un grupo de ribadenses coa colaboración do Concello.
O venres empezan as actividades ás 18:00 horas cunha festa infantil e a partir das 21:30 haberá verbena amenizada por Nuevo Ritmo. Para as 23:00 horas está programado un concerto da cantante mexicana Betty Singh. Ás doce da noite entregaranse os premios aos mellores sombreiros e a continuación actuará Pablo Valdés e o seu trío, que interpreta versións de temas musicais dos anos 60, 70 e 80.
E o sábado haberá cantos de taberna durante todo o día pola rúa San Francisco.
Os establecementos comerciais e hostaleiros que queiran adherirse á quinta edición da moeda local de Ribadeo poderán facelo do 1 ao 10 de outubro. O Concello porá en circulación 200.000 Panchas, que se poderán empregar nos negocios desde o 15 de outubro ao 31 de decembro. A nova campaña da Pancha foi presentada esta mañá nas Catro Rúas.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “hoxe presentamos a campaña das Panchas, a nosa moeda local. Estamos tremendamente orgullosos de volver facer esta actividade de reforzo da nosa estrutura económica local. É un compromiso por parte do Concello de apoio a todo o tecido económico da nosa vila. Son 80.000 euros de reforzo e esta é unha boa forma de activar a economía local”.
O rexedor convidou a facerse coas Panchas e a mercar con elas: “invitamos a todos os visitantes a comprar as...
leer másO Concello prepara unha homenaxe a El Viejo Pancho, que terá lugar en xullo de 2024, coincidindo co centenario do seu pasamento. Coa cita colaborarán o Goberno uruguaio e tamén o consulado. No Pazo de Ibáñez o alcalde, Dani Vega, e as concelleiras de Cultura e Benestar Social, Begoña Sanjurjo e Elena Sierra, recibiron a Ramiro Rodríguez, o cónsul de Uruguai en Galicia co que abordaron esta cuestión.
O alcalde, Dani Vega, deulles á benvida ao cónsul e ao seu equipo: “nos alegramos de acoger al cónsul de Uruguay, Ramiro Rodríguez, lo recibimos con las manos abiertas, que sienta el abrazo profundo del pueblo de Ribadeo. Esa relación que tenemos con Uruguay y con todo Latinoamérica es profunda. Este pueblo es distinto en la arquitectura, no es típico en Lugo ver estas construcciones indianas y seguramente cuando llegasteis a Ribadeo...
leer más