Ribadeo
Intensa axenda cultural a que se desenvolverá desde hoxe, venres, e ata o 22 de agosto en Ribadeo. O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anima a asistir a estas propostas nas que haberá moita música, gastronomía e teatro para os máis pequenos e pequenas.
O edil nacionalista contou que “esta fin de semana volve no noso calendario cultural chea de actos. Hoxe venres, 18 de agosto, imos poder gozar da música de Mónica de Nut co seu concerto Raíces aéreas (con arpa e voz). Será no Cantón dos Moreno ás 20:30 horas. E coma sempre, se o tempo non acompaña, verémonos no Teatro”.
Farruco Graña relatou que “o sábado vai ser un día especial por partida dobre, tanto culinaria como musical. Pola mañá será a XII Festa da Carne ao Caldeiro, que se celebrará a partir das 13 horas no Campo da Festa de Remourelle. Tamén en...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 23 DE AGOSTO
JUEVES 17
-“Rey Arturo: la leyenda…” – 20:30 y 23:00 horas
-“Emoji: la película” – 20:30 horas
-“Transformers V” – 23:00 horas
VIERNES 18 Y SÁBADO 19
-“Rey Arturo: la leyenda…” – 23:00 horas
-“Emoji: la película” – 18:00 y 20:30 horas
-“La torre oscura” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
DOMINGO 20
-“Rey Arturo: la leyenda…” – 20:30 y 23:00 horas
-“Emoji: la película” – 18:00 horas
-“La torre oscura” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
LUNES 21
-“Rey Arturo: la leyenda…” – 23:00 horas
-“Emoji: la película” – 20:30 horas
-“La torre oscura” – 20:30 y 23:00 horas
MARTES 22
-“Rey Arturo: la leyenda…” – 20:30 y 23:00 horas
-“Emoji: la película” – 18:00 horas
-“La torre oscura” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
MIÉRCORES 23 (DÍA DEL...
leer másRibadeo acollerá a cuarta edición do Mercado de Rúa organizado pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA)-Centro Comercial Aberto os días 19 e 20 deste mes, sábado e domingo. Nesta iniciativa, na que as tendas saen á rúa ofrecendo as últimas oportunidades e avances de temporada, participan 27 establecementos: Opticalia Ribadeo, Centro Auditivo Global, La Moda Hombre, Joyería Azabache, Modesto G, Anais, Pequerrechos, Mercería Vizcaya, Sanjurjo Moda, Sprit, Lencería Julia, Tu&Tu, R23, Menfer, Mercería Torviso, Platería Gutié, Farfala, Bis a Bis, Mika, Saia, Hola Ola Surf, Hola Ola Street, Glass, Fauna, Naná, Coco y Jatay.
A directiva de ACISA Ribadeo explica que esta actividade “consiste en que as tendas saquen á rúa os seus produtos, ben sexan restos de stock ou avances de tempada, no horario comercial...
leer másIntensa actividade cultural programada para esta vindeira ponte festiva en Ribadeo, mañá remata o Festival Internacional de Música Clásica e celébrase a Festa do Percebe en Rinlo. Ademais tocarán en Ribadeo Odaiko Percusión o luns e Xacarandaina o martes. O mércores 16, festividade do copatrón de Ribadeo, San Roque, actuará a Banda Municipal de Música ao mediodía, entre outras actividades que haberá ao longo da xornada. Esta programación era presentada este mediodía polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
O edil de Cultura anunciou que “esta mesma tarde teremos a ocasión de participar no mercadiño que a Asociación Española de Loita contra o Cancro fai cada ano para recadar fondos. Será no parque de San Francisco”.
Farruco Graña tamén animou á xente “a asistir á Festa do Percebe, en Rinlo; será mañá, sábado. A...
leer másRibadeo acollerá dúas observacións astronómicas os días 14 e 30 de agosto. Serán na praza de España.
Ribadeo será escenario de dúas observacións astronómicas nos vindeiros días, tal e como ven ocorrendo desde hai anos durante o verán.
Este programa desenvólvese baixo o título Todo Cosmos, a astronomía ao alcance de tod@s.
As observacións astronómicas terán lugar os días 14 e 30 deste mes. Serán a partires das 22:00 horas na Praza de España e están abertas a todo o público que desexe participar.
Organizan esta actividade: Concello de Ribadeo, a través da Delegación de Sostibilidade Ambiental, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, a Universidade de Santiago de Compostela e a Federación Española para la Ciencia y la Tecnología.
CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 16 DE AGOSTO
JUEVES 10
-“Spiderman: Homecoming” – 20:15 horas
-“Dunquerke” – 23:00 horas
-“Gru 3. Mi villano favorito” – 20:30 horas
-“Transformers V” – 23:00 horas
VIERNES 11, SÁBADO 12 Y DOMINGO 13
-“Emoji: la película” – 18:00 y 20:30 horas
-“Dunquerke” – 23:00 horas
-“Cars 3” – 18:00 horas
-“Spiderman: Homecoming” – 20:15 horas
-“Transformers V” – 23:00 horas
LUNES 14
-“Emoji: la película” – 20:30 horas
-“Dunquerke” – 23:00 horas
-“Spiderman: Homecoming” – 20:15 horas
-“Transformers V” – 23:00 horas
MARTES 15 Y MIÉRCOLES 16 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Emoji: la película” – 18:00 y 20:30 horas
-“Dunquerke” – 23:00 horas
-“Cars 3” – 18:00...
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o día 19 deste mes, sábado, un concerto especial con motivo da celebración do seu 25 aniversario. Terá lugar no auditorio ao aire libre de Cabanela ás 21 horas e varios ex músicos actuarán xunto aos actuais integrantes da Banda. Ese mesmo día pola mañá será inaugurada unha exposición de fotos, instrumentos antigos e outros obxectos na Casa do Mar.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, anunciou que “con motivo do 25 aniversario da Banda Municipal de Música de Ribadeo, o 19 deste mes en Cabanela, no auditorio ao aire libre, faremos o concerto do 25º aniversario, no que participarán músicos que pasaron ao longo destes 25 anos pola formación, que tocarán coa plantilla actual da banda e será un repertorio no que faremos unha pequena mestura de obras que se...
leer másNova cita coas Noites Cálidas, que organiza Acisa Ribadeo. A terceira será este xoves, 10 de agosto, xornada na que os 40 locais participantes abrirán as súas portas ata as 22 horas e ofrecerán diferentes descontos e promocións á súa clientela.
Desde a directiva de Acisa amósanse satisfeitos “coa acollida que están a ter as nosas Noites Cálidas, nas que a música axudou moito a ambientar as rúas de Ribadeo nestas tardes de verán. Estamos moi contentos coa resposta dos clientes e do público tanto o 28 de xullo como o pasado xoves, coa xa tradicional Noite Flúor, e agardamos repertir este xoves, 10 de agosto”. Ese día a partir das 21 horas actuarán os grupos The Keng Song na rúa Rodríguez Murias e Nashville na rúa Reinante.
Os locais participantes nas Noites Cálidas de Acisa son: Opticalia Ribadeo, Centro Auditivo...
leer másXa está na rúa o libro das festas patronais de Ribadeo, que inclúe o programa de actividades dos festexos e varios artigos de colaboradores.
No libro programa anúnciase que a festividade do copatrón, San Roque, celebrarase o día 16 deste mes de agosto con estas actividades: ás once e media da mañá sairán da Oficina de Turismo os Cocos e Cabezudos acompañados do grupo de gaitas de Amigos da Gaita; ás doce do mediodía haberá misa solemne na capela de San Roque, seguida de procesión e concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo; e a partir das dez da noite terá lugar a festa verbena a cargo do grupo Félix e da discoteca móvil Blanco y Negro.
Do 17 ao 22 de agosto haberá Mercado Pirata no parque de San Francisco.
Do 31 de agosto ao 3 de setembro celebrarase o primeiro Torneo de Pádel...
leer másO salón de plenos do Concello acolleu a presentación do XII Festival Internacional de Música Clásica, que terá lugar ata o 12 de agosto na localidade. A cita contará con Penderecki String Quartet, chegados desde Canadá, como artistas convidados, xunto ao pianista e fundador deste festival Leopoldo Erice e o ribadense Toni Deaño como narrador nun dos concertos.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, subliñou na súa presentación o esforzo que realiza o Concello para que este e outros eventos se leven adiante e reclamou a mesma implicación por parte doutras administracións. Na súa intervención sinalou que “en Ribadeo somos quen tanto de facer fronte tanto á música clásica como á música máis tradicional ou á tradición oral mais antiga e ás novas formas literarias que podemos coñecer ao longo do ano en diversas actividades”.
... leer más