Ribadeo será escenario de dúas observacións astronómicas nos vindeiros días, tal e como ven ocorrendo desde hai anos durante o verán.
Este programa desenvólvese baixo o título Todo Cosmos, a astronomía ao alcance de tod@s.
As observacións astronómicas terán lugar os días 14 e 30 deste mes. Serán a partires das 22:00 horas na Praza de España e están abertas a todo o público que desexe participar.
Organizan esta actividade: Concello de Ribadeo, a través da Delegación de Sostibilidade Ambiental, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, a Universidade de Santiago de Compostela e a Federación Española para la Ciencia y la Tecnología.