Ribadeo
O Concello de Ribadeo programou para esta semana cine, música e teatro. Mañá, mércores 18 de outubro, dentro do Proxecto R, de Doce do Patíbulo, terá lugar a proxección de La familia Belier no Teatro ás 21:00 horas con entrada gratuíta. O sábado haberá un espectáculo de Paco Nogueiras para os máis pequenos na biblioteca El Viejo Pancho a partir das 17:30 horas. E o domingo teatro no Auditorio Municipal ás 20:30 horas con Mofa e Befa, que presenta Cráneos privilexiados…ou crítica da razón perralleira.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, contou que “volve de novo o Proxecto R a Ribadeo, organizado polo colectivo Doce do Patíbulo, de novo o cine de autor faise proxección no Teatro de Ribadeo. Este mércores, 18 de outubro, imos poder ver La familia Belier. Ademais debemos indicar que este Proxecto R é outra maneira de dar a coñecer a...
leer másLa agencia de viajes Augasantas, abierta recientemente en el bajo número 6 de las galerías Reinante-San Francisco de Ribadeo y que regenta el barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza una excursión a Astorga para degustar el típico cocido maragato este sábado, día 21.
La actividad, con un coste de 40 euros por persona, incluye el desplazamiento en autocar, el desayuno, la comida de cocido maragato y el seguro. Para reservar plaza los interesados pueden llamar a los teléfonos 676.44.54.65 o 982.87.74.70. La asignación se realizará por riguroso orden de reserva.
As San Lucas
Augasantas Agencia de Viajes también organiza una excursión a Mondoñedo este miércoles, día 18, con motivo de las ferias y fiestas de As San Lucas. Saldrá a las diez de la mañana desde la estación de autobuses de Ribadeo e incluye...
CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 18 DE OCTUBRE
MIÉRCOLES 11
-“Blade Runner 2049” – 20:00 y 23:00 horas
-“Operación cacahuete 2” – 20:30 y 23:00 horas
JUEVES 12, VIERNES 13 Y SÁBADO 14
-“Tu mejor amigo” – 18:00 horas
-“Toc, toc” – 20:30 y 23:00 horas
-“Operación cacahuete 2” – 18:00 y 20:30 horas
-“Blade Runner 2049” – 23:00 horas
DOMINGO 15
-“Tu mejor amigo” – 18:00 horas
-“Toc, toc” – 20:30 y 23:00 horas
-“Operación cacahuete 2” – 18:00 horas
-“Blade Runner 2049” – 20:00 y 23:00 horas
LUNES 16, MARTES 17 Y MIÉRCOLES 18 (FIESTA DEL CINE)
-“Toc, toc” – 20:30 y 23:00 horas
-“Operación cacahuete 2” – 20:30 horas
-“Blade Runner 2049” – 23:00 horas
O vindeiro xoves, 19 de outubro, ás 10:00 horas terá lugar na aula do Centro Demostrador TIC, en Santiago de Compostela, a presentación dunha actividade formativa que se vai a realizar en colaboración con Orange e a Escola de Organización Industrial (EOI). O acto, que será retransmitido a través de videoconferencia desde a Aula CeMIT de Ribadeo, terá unha duración máxima dunha hora.
A actividade denomínase Sé dixital e é un programa de formación on line para desenvolver habilidades dixitais e axudar aos cidadáns a facer negocios desde a súa localidade. A actividade está baseada en contidos de alta calidade e coas últimas técnicas audiovisuais/linguaxes de comunicación, con expertos e especialistas de renome, e adaptados á realidade de cada municipio ou comunidade.
A formación consiste nun curso gratuíto de 20...
leer másAta o 30 de outubro estará aberto o prazo para anotarse e participar no Mercado de Nadal, que organiza a Concellaría de Turismo, Desenvolvemento Local e Comercio.
Esta nova edición, a XIV, terá lugar do 6 ao 10 de decembro na rúa San Francisco e na súa contorna. Os horarios de apertura serán de 11 a 14 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas tardes.
Segundo explica a Concellaría de Desenvolvemento Local “a través da celebración deste evento, o Concello busca favorece en maior medida ao comercio da vila e animar Ribadeo, así como promover un espazo para a venda de produtos feitos a man e manufacturados a pequena escala ademais de produtos gastronómicos artesanais, un espazo especial para o bo facer”.
No evento poderán participar persoas artesáns, creadoras e produtores de alimentos. O Concello establece...
leer másA Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) comeza este sábado, 7 de outubro, en Ribadeo o proxecto denominado Fins de semana tecnolóxicos cos que trata de facer unha aposta decidida pola formación continua. Na xornada deste sábado abordarase a diagnose de determinados problemas dos vehículos coa utilización dun osciloscopio. O presidente de APAGA, Álvaro Doural, subliña que será un curso totalmente práctico. Ofértanse 12 prazas e xa están practicamente cubertas, pero dende a organización informan de que as persoas interesadas en asistir poden dirixirse ao seguinte correo electrónico apagaribadeo@gmail.com
Álvaro Doural salienta que “estamos a facer unha aposta importante polo que é a formación continua do profesorado, dos técnicos de talleres e da xente que se dedica ao mundo do...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 11 DE OCTUBRE
JUEVES 5
-“Kingsman: el círculo de oro” – 20:30 y 23:00 horas
-“La reina Victoria y Abdul” – 20:30 y 23:00 horas
VIERNES 6, SÁBADO 7 Y DOMINGO 8
-“La lego ninjago película” – 18:00 horas
-“Blade Runner 2049” – 20:00 y 23:00 horas
-“Tu mejor amigo” – 18:00 y 20:30 horas
-“Kingsman: el círculo de oro” – 23:00 horas
LUNES 9 (SIN ESPECTÁCULO)
MARTES 10 (DÍA DE ESPECTADOR) Y MIÉRCOLES 11
-“Blade Runner 2049” – 20:00 y 23:00 horas
-“Tu mejor amigo” – 20:30 horas
-“Kingsman: el círculo de oro” – 23:00 horas
A Concellaría de Cultura presentou hoxe a XIV edición da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que se celebrará os días 6, 7 e 8 de outubro. As representacións terán lugar no Teatro ás 20:30 horas, agás o domingo que será ás 19:30.
A mostra comezará o venres coa representación da Asociación de Mayores Cristo del Buen Viaje, de Figueiras, que porá en escena a obra titulada A trastada. O grupo de teatro O Batán, de Cangas de Foz, presentará o sábado Bicos de vinagre, e Disfunción Continua, de A Estrada, o domingo Departamento de selección. Na presentación celebrada hoxe no salón de plenos do Concello de Ribadeo, o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, estivo acompañado da viúva do dramaturgo ribadense Daniel Cortezón, Mati González.
O edil ribadense dixo que “con moito orgullo presentamos a décimo cuarta...
leer másTeatro, música e actividades para os máis pequenos conforman a programación da Concellaría de Cultura para o último trimestre deste ano. Farruco Graña anunciou hoxe na súa presentación que tamén se celebrará a I Feira Feminista de Outono, organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade.
O edil nacionalista salientou que “da programación infantil queremos destacar que toda ela se inclúe no programa Apego ao que se uniu o Concello de Ribadeo. Trátase do programa de difusión e dignificación da lingua galega, que este ano acaba de ser premiado pola Xunta de Galicia cos Premios da Cultura Galega. Integradas neste programa temos unha serie de actividades e Redrum Producciones vai achegarse ata Ribadeo para representar A nena que quería ver navegar. Paco Nogueiras con toda a súa marcha tamén se achegará ata Ribadeo coa súa Brinca vai. De...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo, coa colaboración do Concello ribadense, organiza unha xornada de sensibilización medioambiental para o día 9 de outubro, luns, ás catro da tarde no salón de actos da antiga Casa Sindical. O relator será José Rodríguez Coello, que é o responsable de Desarrollo de Negocio da delegación de Aenor en Galicia.
Esta actividade está dirixida a empresarios e público en xeral que necesiten adquirir unha visión xeral dos sistemas de xestión ambiental e das repercusións que ten para as empresas a incorporación da variable medioambiental na súa xestión.
Os obxectivos da xornada son: coñecer o enfoque xeral da familia de Normas ISO 14000 e os requisitos da Norma UNE-EN ISO 14001:2015; comprender os principios da xestión ambiental e os...
leer más