Xove

Etiquetas:
08/06/2022

O próximo domingo, 12 de xuño, a ACD Xove está de aniversario, xa que cumpre 20 anos. 

Como celebración de aniversario e como clausura desta tempada organizan unha xornada de lecer deportivo, á que están invitados os 242 alumn@s das Escolas Deportivas e Culturais, así como monitores, delegados e colaboradores.

Haberá unha andaina pola ruta dos muíños, un xantar campestre na área recreativa da Ponte do Carro para todos os participantes, ademais de xogos populares como zancos, carreiras de sacos, tiro á corda, chave, ranita e tamén inchables para os máis pequenos e pequenas, globoflexia, chapas e pintura, animación musical e xogos deportivos. 

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao 618 97 61 59

Etiquetas:
12/05/2022
A Concellería de Medio Ambiente de  Xove convoca un CONCURSO DE FOTOGRAFÍA para celebrar o DÍA DO MEDIO AMBIENTE. Titúlase:  CAL É O TEU ESPAZO   NATURAL  PREFERIDO  DE    XOVE? 
 
  Obxetivo  do  concurso: POTENCIAR O COÑECEMENTO DO MEDIO NATURAL DO NOSO CONCELLO. Para consecución deste obxectivo,  buscamos a imaxe preferida de cada participante do espazo natural (praia, campo, monte, rio, xardín, árbore, pena,…) do Concello de  Xove.   Pode ser unha fotografía dese lugar ou o/a participante realizando unha acción nese entorno natural.
 
 Categorías  de participación: 
    •   INFANTIL ---- ata os 12 anos. 
    •   XUVENIL ---- de 13 a 17 anos (ambos incluídos). 
... leer más
Etiquetas:
04/05/2022

Hoxe presentouse a última publicación editada polo Concello de Xove: o libro Cruceiros, Cristo e Cruces do Concello de Xove, un exhaustivo estudio sobre estas figuras do noso patrimonio etnográfico. A obra está escrita por d. Mario Saavedra Pérez, mestre de profesión, cunha longa experiencia no traballo de campo. Como etnógrafo é integrante do Proxecto Carboeira, o cal ten como obxecto a localización, inventario e catalogación dos cruceiros da comarca da Terra Cha. Dende fai anos realiza a mesma labor de estudio e catalogación nos municipios da Mariña,  tendo xa efectuado a catalogación dos cruceiros dos Concellos de Alfoz, Ourol, Valadouro, Mondoñedo e Xove. 

A obra achéganos á figura dos Cruceiros e recolle un interesante catálogo co único cristo, as dezaseis cruces e os oito cruceiros inventariados no territorio de Xove. Recolle lendas...

leer más
Etiquetas:
01/05/2022

O 15 de maio terá lugar a 24 Feira de Gando Cabalar, que organiza a asociación A Medela, de Xove.

Todos os participantes que desexen inscribirse nas probas tanto na das de pola maña como nas da tarde terán ata o 11 de maio para anotarse.

Poderán facelo por correo electrónico en asociacionamedelaxove@gmail.com ou por whatsapp nos seguintes teléfonos: 690861415 ou 616631495

O 15 de maio de 9:30 a 11 horas será a apertura do recinto feiral para a presentación dos participantes e as medicións dos cabalos tanto de galope como de andadura. De 14 a 16 horas será o xantar e ás 20 horas terá lugar a entrega de premios e procederase a sortear un xato.

Etiquetas:
04/04/2022

A XII edición do festival infantil da Asociación Cultural Saiñas celebrarase o sábado 9 de abril ás 18:00 no salón de actos do Centro Cívico de Xove. Con entrada libre ata completar aforo.

Ademais do grupo do colectivo anfitrión actuarán os da A. C. Arume, de Caión (A Laracha) e da A. F. O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante (Barreiros).

Etiquetas:
28/03/2022

Prestoxove organiza a XXXI edición do Curso de Música Semana Santa que se celebrará os días 9, 10, 11, 12 e 13 de abril, patrocinado polo Concello de Xove.

Baixo a dirección de Xan Carballal, este curso dará comezo o 9 de abril con clases de cordas e vento polas mañás e durante as tardes o grupo infantil e cámara. As xornadas desenvolveranse de 10:30 a 20:00 horas e as clases serán impartidas por Nazaret Canosa, Nara Carballal, Saúe Canosa e Benjamín Iglesias.

O martes 12 ás 18:00 horas celebrarase un concerto de cámara e o mércores 13 tamén ás 18:00 horas, haberá un concerto de clausura. Ambos terán lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove.

 

Etiquetas:
10/03/2022

Hoxe presentouse esta importante cita deportiva que este ano acada a súa terceira edición. Nesta presentación contouse, ademáis dos organizadores, cos alumnos e profesores do CEIP Pedro Caselles, os cales se desprazaron ata Vilachá, na Parroquia de Portocelo, e despois, todos xuntos fixeron unha camiñata ata o Faro de Roncadoiro. Nesta presentación, os nenos participantes mostraron, en solidaridade co pobo de Ucraína, unha gran pancarta cun “NON Á GUERRA”.

A organización desta edición corre a cargo da ACD Xove e co patrocinio do Concello de Xove, hoxe representado pola concelleira Dolores Meitín, e da Secretaría Xeral para o Deporte / Fundación Deporte Galego, e a colaboración de RoqSport, Asociación Komando Xoviético e comerciantes de Xove.

XOVE COSTA TRAIL, que se vai celebrar o sábado 19 e o domingo 20 de marzo...

leer más
Etiquetas:
03/02/2022

O Concello de Xove confirma que, este ano, haberá desfile de Entroido que se celebrará o sábado 26 de febreiro.

A Concellería de Cultura xa sacou as bases do Gran Desfile que percorrerá as rúas de Xove e no que se entregarán 4.910 euros en premios.

Haberá premios nas categorías de Carrozas, Comparsas e Grupos de dez ou máis persoas, Grupos de Adultos de tres a nove persoas, Parellas de Adultos, Individuais de Adultos (de 14 anos en diante), Grupos Infantís de tres a nove persoas, Parellas Infantís e Individuais Infantís. Tamén haberá premios para o disfrace máis orixinal tanto individual como colectivo, para o conxunto máis numeroso, para o participante máis maior e para o participante máis novo. 

 

Etiquetas:
21/01/2022

O Concello de Xove conta dende hai bastantes anos cunha sala multideportiva, anexa ao ximnasio, na que se realizan ao longo de todo o ano  adestramentos dalgúns deportes como fitnes, aerobic, ximnasia de  mantemento, karate,... Desde o Concello explican que “debido ao covid, e ao tratarse dunha sala pequena, polo menos se a vemos con respecto ao que pode ser unha pista polideportiva,  xurdiunos o problema da climatización e aireación da mesma”.
   
E engaden: “dende marzo de 2020, debido ao covid, a sala estivo practicamente sen utilizarse. Para solucionar este problema, dende o Concello pensouse que o mellor era climatizala e potenciar a súa aireación. Pois ben, o proceso de climatización e aireación está rematado, cunha dobre instalación de aire, climatizado por un lado e filtrado por outro. A instalación realizada ten unha capacidade de aportación de...

leer más
Etiquetas:
07/01/2022

A Xove Costa Trail celebrarase os días 19 e 20 de marzo de 2022 con cambios respecto ás edicións anteriores nas distancias e percorridos das carreiras.

Os organizadores explican que “a longa pasa a ser XCT35K, aumentando o seu recorrido 10 quilómetros e sendo circular, con saída e chegada en Xove. A curta para a ser a XCT18K, aumentando 3 quilómetros o seu recorrido e seguirá sendo lineal, con chegada en Xove. A andaina será de 12 quilómetros, sendo circular en sentido contrario ás carreiras. As dos nenos serán un Circuíto Trail no entorno de Roncadoiro”.

As carreiras XCT35K, XCT18K e a andaina celebraranse o domingo pola mañá e as carreiras dos nenos o sábado pola mañá.