Xornada
A Casa da Cultura da Pontenova acollerá desde este venres, 2 de febreiro, unha actividade de ximnasia de mantemento de 17:00 a 18:00 horas, que se desenvolverá nese mesmo horario os seguintes venres. A inscrición pode facerse a través dalgún destes teléfonos: 982.34.22.77 ou 659.98.84.51. É unha actividade de promoción do deporte que se inclúe no programa Xunt@s de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia promovido pola Deputación de Lugo.
Dentro deste mesmo programa tamén este venres, 2 de febreiro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura da Pontenova terá lugar unha xornada sobre nutrición e hábitos saudables.
Está organizada pola Asociación de Pescadores Amigos do Ouro en colaboración co Concello de Alfoz.
Terá lugar o 23 de decembro ás 10:00 da mañá na Casa da Cultura de Alfoz.
Será impartida por Julio Seijas e combinará parte teórica con práctica.
Os contidos son:
1.- "O RÍO, UN ECOSISTEMA VIVO" para identificar os insectos acuáticos e terrestres dos que se alimentan as troitas, as súas fases e estados. Comportamento das troitas, hábitat, cómo atopalas. A visión da troita.
2.-"MONTAXE". Iniciación ao montaxe de moscas, ferramentas, materiais,..(podes traer o teu equipo pero se non tés, non te preocupes, nós facilitámoscho).
3.-LANCE. Iniciación ao lance con cola de rata. Equipo (canas, carretes, liñas, baixos..).
Para inscricións, gratis, e máis...
leer másO Sindicato Labrego Galego organiza a actividade denominada “Xornada de historias de vida: 3 vidas, 7 fotos. Mulleres que nos inspiran. Se o podes soñar pódelo crear”. Será o mércores 22 de novembro na Biblioteca Maravilhas, que está na parroquia de Arroxo, no concello de Lourenzá.
Será de 10:30 a 18:30 horas, con comida compartida, e intervirán a educadora ambiental e escritora Inma Soto Iglesias; a dinamizadora comunitaria creadora da Biblioteca Maravilhas, Rosa Espiñeira Pan; e Elia Rodríguez Álvarez, que falará de experiencias arredor da agroecoloxía e da cultura.
Para asistir hai que inscribirse a través do teléfono 606.398.305.
Os doutores Ángel Carracedo, Investigador e coordinador da Fundación Pública Galega de Mediciña Xenómica e Luis Carlos Álvarez, Psicólogo clínico do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, serán os dous poñentes que protagonizarán o encontro que terá lugar mañá, venres, desde as 9:30 horas no salón de actos do Hospital Público da Mariña en Burela.
A importancia da saúde mental en persoas con discapacidade intelectual abordarase este venres no Hospital da Costa de Burela, da man dos prestixiosos doutores Ángel Carracedo, investigador e coordinador da Fundación Pública Galega de Mediciña Xenómica e Luis Carlos Álvarez, Psicólogo clínico do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
Este encontro está co-organizado pola entidade viveirense de ASPANANE en colaboración coa Federación...
leer másO Concello de Viveiro acolle o vindeiro xoves, 26 de outubro, unha xornada demostrativa de ciberseguridade industrial, organizada pola Oficina Acelera Pyme ASIME Provincia de Lugo en colaboración coa consultora tecnolóxica Inycom.
A xornada terá lugar no Coworking Viveiro, de 15:30 a 17:30. Nela ensinarase como actuar ante ciberataques e o emprego de diferentes ferramentas de ciberseguridade para protexer toda a xestión da empresa, determinando os seus posibles puntos débiles. Os asistentes aprenderán a protexer os equipos, evitar secuestros de datos e mellorar os sistemas antivirus, entre outras cousas.
Será totalmente gratuíta e terá un enfoque práctico, facendo uso dun simulador para amosar posibles vulnerabilidades e as súas correccións. Ademais, o evento adaptarase aos participantes e ás súas necesidades,...
leer másO Sindicato Labrego Galego organiza unha xornada formativa sobre “A nova PAC: distintas ferramentas para a súa xestión”. Será no Multiusos Ponte de Cuñas, que está no recinto feiral de Lourenzá, o venres 27 de outubro de 11 a 14 horas e de 16h a 18 horas. A data límite de inscrición é o 25 de outubro.
Os interesados en obter máis información e para apuntarse poden facelo a través do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal ou dos teléfonos 982.130.615 e 982.121.376.
O vindeiro luns, 11 de setembro, chega a Alfoz a actividade denominada Enredando. Esta iniciativa da Cruz Vermella ofrecerá información ás persoas interesadas sobre o uso das novas tecnoloxías.
O Concello de Alfoz explica que “entre as 11 e as 14 horas poderás achegarte para coñecer os usos da aplicación da banca electrónica, pedir cita no médico a través do móbil, aprender a usar o navegador, whatsapp ou calquera aplicación de interese”. Será no aparcamento ao lado da Casa do Concello e en caso de mal tempo trasladarase á Casa da Cultura.
Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono gratuíto 900.825.030 no Concello de Alfoz.
O 16 de setembro, sábado, terá lugar en Alfoz unha xornada micolóxica con degustación gastronómica. É unha actividade dentro das accións de promoción da Reserva da Biosfera Terras de Miño da que Alfoz forma parte.
O Concello de Alfoz explica: “organízase unha saída ao campo interpretativa e de introdución á identificación de especies na que, ademais, se ensinarán boas prácticas do recolector, divulgando así cal é o uso e disfrute apropiado e sostible deste importante recurso. Ademais de identificar e colleitar, explicarase o valor dos fungos no medio natural e para os seres humanos. Jesús Blanco García, micólogo e presidente da Asociación Amigos das setas Os Bolouros -colectivo que leva en activo desde 1978 difundindo o mundo dos cogomelos a través de numerosas colaboracións con centros educativos e concellos para dar a coñecer a micoloxía...
leer másImpartida polo Centro Agroforestal de Riós (Ourense) en colaboración coa Consellería de Medio Rural e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria terá lugar unha xornada formativa sobre a plantación de castiñeiros o venres 14 de outubro de 10:00 a 14:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.
É unha actividade gratuíta, dirixida a persoas en activo interesadas na xestión forestal. É necesaria inscrición previa e o modelo para apuntarse está dispoñible na web municipal www.concellodealfoz.com, sección noticias, e tamén nas Oficinas de Rexistro do Concello de Alfoz. Unha vez cuberta debe enviarse por correo electrónico a: centroagroforestal@concelloderios.gal
Trataranse entre outros temas a época de plantación, a...
leer másO Concello de Burela, a través da Delegación do Mar e Servizos Sociais, convida a toda a veciñanza a participar da xornada de clausura do proxecto Burela IN, que terá lugar o día 27 de setembro en horario de tarde na Casa da Cultura. Unha iniciativa que promoveu a economía circular mediante a colaboración de entidades de inclusión social, sector pesqueiro e Concello de Burela ao longo de dúas anualidades.
Nesta xornada final serán as entidades participantes as que teñan o papel protagonista, “finalizando o Burela IN como se merece, poñendo en valor todas accións postas en marcha e a contribución imprescindible de todas as persoas e entidades participantes”, asegurou a concelleira do Mar e Servizos Sociais, Carmela López.
Neste senso, farase unha recepción no espazo habilitado para a exposición de produtos...
leer más