Xornada
O Concello de Burela organiza unha xornada formativa sobre as doenzas do castiñeiro, que terá lugar o 28 de maio no salón de conferencias, antiga biblioteca.
A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, explicou que “organizamos unha xornada formativa baixo o título Loita contra doenzas do castiñeiro, que será impartida polo Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós, en Ourense”.
A edil sinalou que “terá lugar no salón de conferencias, na antiga biblioteca. Para participar é preciso inscribirse e as persoas interesadas poden anotarse na oficina de Gaia, que está situada na praza de abastos, ou no teléfono 647 136 673. Haberá un aforo mínimo, que será necesario completar para que se celebre a actividade”.
Eijo engadiu que “esta xornada serán o vindeiro día 28 de maio, en horario de dez...
leer másApaga programa unha nova acción formativa, que terá lugar este sábado, 14 de marzo, ás seis da tarde no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, de Ribadeo. Está organizada por Agacal, coa colaboración de Apaga. A xornada está destinada ás empresas forestais da comarca e na mesma abordarase a implantación do ciclo de técnico en aproveitamento e conservación do medio natural así como outras accións de formación continua dentro da familia profesional agraria.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “é unha xornada convocada por Agacal, que é un departamento de Medio Rural dedicado ao tema de formación principalmente. Pretende a reunión xuntar a todas as empresas do sector forestal da zona coa idea de implantar toda unha serie de ensinanzas, desde un ciclo medio de forestais a outro tipo de actividades de...
leer másA Federación de Comercio de A Mariña (FCAM) organiza unha xornada informativa destinada a empresas e emprendedores. Esta actividade terá lugar o 5 de marzo no Cenima de Foz a partir das 12 do mediodía. A entrada é libre.
Baixo o título de Emprende, os conferenciantes facilitarán información sobre subvencións e axudas a empresas e emprendedores desde distintos organismos públicos e asociacións colaboradoras, entre outros asuntos. O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, subliña que “o obxectivo desta xornada é animar a emprender e que a xente se anime aos traspasos de negocios. Tamén se falará do mercado do aluguer e das axudas e subvencións ás que poden optar os emprendedores”.
Na xornada intervirán: José Carlos Paleo, presidente da FCAM; Antonio Dorrego, economista de 3A Consultores; Pilar Fernández, xefa...
leer másA Federación de Comercio de A Mariña (FCAM) organiza unha xornada informativa destinada a empresas e emprendedores.
Esta actividade terá lugar o 5 de marzo no Cenima de Foz a partir das 12 do mediodía. A entrada é libre. Baixo o título de Emprende, os conferenciantes facilitarán información sobre subvencións e axudas a empresas e emprendedores desde distintos organismos públicos e asociacións colaboradoras, entre outros asuntos. O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, explica que “o obxectivo é animar a emprender e que a xente se anime aos traspasos de negocios. Tamén se falará do mercado do aluguer e das axudas e subvencións para emprendedores”.
Na xornada participarán representantes da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo, do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal, do Grupo de...
leer másO Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga, de Ribadeo, organiza unha xornada pola igualdade, que foi presentada hoxe, venres, no centro. Inclúe tres charlas a cargo de expertos e un concerto do grupo De Vacas. Será o vindeiro xoves, 6 de febreiro, no auditorio municipal Hernán Naval, con entrada libre e gratuíta.
Na presentación o director do Porta da Auga, Isidro Berdeal, anunciou que “as xornadas pola igualdade están organizadas desde a Comisión de Igualdade do centro en colaboración co Comité Lila do IES Dionisio Gamallo Fierros, de Ribadeo, o propio Concello de Ribadeo e tamén co IES de Foz. Nestas xornadas vai haber unha serie de ponencias que foron organizadas a través do plan de igualdade do centro”.
A profesora que coordina a Comisión de Igualdade do CIFP ribadense, Sara González, explicou...
leer másA Asociación de Desenvolvemento das Terras da Faladora Nordés organiza o 25 de xaneiro unha xornada sobre Os Muíños de Ortegal. A súa tipoloxía e historia.
O profesor da UNED e investigador da Universidade de Santiago Xosé María Leal será o guía dun roteiro que suporá a inmersión nun pasado non tan lonxano, no que a meirande parte das leiras estaban dedicadas, entre outros cultivos, ao millo e a moenda era esencial para as familias. Coñeceranse os tipos de muíños, como funcionaban e porque entraron a formar parte da bagaxe cultural da comarca.
A xornada comezará ás 10:00 horas, en O Barqueiro, desde onde sairán os participantes nas visitas que se desenvolverán ao longo de toda a mañá. Ás 14:00 horas, haberá un xantar en Casa Guiz de Cuíña, no concello de Ortigueira. Ás 18:00 horas rematará o roteiro.
... leer másO vindeiro luns, 25 de novembro, terá lugar ás 13:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura unha Xornada sobre Dixitalización e Transformación Dixital, na que se abordarán cuestións como a dixitalización, ferramentas dixitais, e-tícket, sistema integral de xestión Sicomercio, etc., e outros temas que resulten do interese dos comerciantes neste ámbito.
Desde a directiva de ACIA/CCA de foz “consideramos que vai ser una charla moi interesante é importante porque o tícket electrónico acabará sendo obrigatorio”.
A Plataforma Dixital Centralizada E-tícket, permite aos comercios e aos seus clientes substituír o tícket tradicional impreso en papel por un sistema dixital, moderno, eficaz e fiable. Para os clientes/comercios, supón coñecer o estado e garantía das súas compras/vendas, evitando os inconvenientes do tícket...
leer másA Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá unha xornada informativa o 7 de outubro sobre telefonía móbil e internet.
A actividade desenvolverase o vindeiro luns, 7 de outubro, en horario de 12:00 a 13:30 horas mediante o sistema de videoconferencia. Trátase dunha iniciativa posta en marcha dende a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Instituto Galego de Consumo.
Na charla abordaranse os principais conceptos que se deben manexar e ter en conta na contratación, a relación coas compañías de telefonía móbil e os diferentes servizos ofertados por estas, como internet, datos, tipos de tarifas e permanencia, entre outros aspectos. Tamén se afondará nos dereitos en materia de consumo e analizaranse as principais reclamacións de telefonía móbil e internet ademais de como...
leer másO Concello de Mondoñedo organiza para este sábado día 20 unha xornada de pilotaxe de drons. A actividade, de entrada libre, desenvolverase na Alameda de Mondoñedo a partir das 10:30 horas.
Beatriz Meilán, concelleira de Igualdade, Conciliación e Xuventude do Goberno local, precisa que “nunha época na que as tecnoloxías gañan peso desde o Concello de Mondoñedo queremos achegar á xente a oportunidade de coñecer e manexar os drons, polo que os convidamos a participar na xornada do sábado”.
Para todos os públicos
A xornada interxeracional de coñecemento do patrimonio con drons está subvencionada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e está dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos e tamén a persoas maiores que queiran descubrir o mundo dos vehículos aéreos non tripulados.
O Centro Pedro Murias, de Vilaframil, acollerá o 22 de marzo unha xornada denominada Pensar unha alimentación máis próxima. A cita está coorganizada polo Concello de Ribadeo e pola rede REVOLTA.
Fronte aos procesos de agro-industrialización nacidos nos anos 60, perduran outros de produción e distribución máis próximos, relacionados co agro-ecolóxico na perspectiva da bio-economía e do desenvolvemento sustentable como son o quilómetro 0, o comercio local, as comunidades ou cooperativas de consumo ou o denominado movemento slow food.
Os grupos de consumo, pequenos produtores, mercados labregos, cooperativas de distribución representan una alternativa ao modelo industrializado de produción e distribución alimentaria. Estes buscan rescatar esas outras formas de produción e consumo máis apegadas á terra. “A...
leer más