Viveiro
19/02/2015
O teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá o vindeiro sábado, 21 de febreiro, a presentación de Roedores, a cargo de Redrum Teatro. Será a partir das 18 horas. Trátase dunha comedia musical dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos. A obra está protagonizada por Munda e Peludiño.
Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuízos e traballar en equipo para vencer ao temido Gato. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais. Ao fin e ao cabo... "Todos somos Roedores".
Roedores é un espectáculo...
leer más 15/02/2015
O colectivo viveirés xa ten data para a celebración do debate arredor do estado actual do areal de Covas. Será o venres 27 de febreiro, ás 20:30 horas, na sala da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior.
Segundo explican desde Pensamento e Sementeira "as modificacións que está a sufrir o areal son motivo de preocupación para a veciñanza. É por iso que organizamos este debate". No mesmo intervirán as seguintes persoas:
-Alexandre García, biólogo.
-Andrés Díaz Ferro, práctico do porto de Celeiro.
-J. Pino, capitán de pesca.
-Tamén se cursou un convite para participar no debate á Demarcación de Costas de Lugo...
leer más 13/02/2015
O colectivo Fraga das Saímas, a través da súa Directiva, está a organizar diversas actividades para celebrar o Día Internacional da Muller, sendo unha delas a impartición, da man da quiromasaxista e terapeuta holística Isabel Giráldez, dun obradoiro de masaxe relaxante de espalda dirixido a todas as nosas socias, veciñas e amigos.
Os obxectivos do obradoiro pasan por “introducir ás persoas interesadas, sen coñecementos previos, no mundo da masaxe, proporcionar unha ferramenta de axuda a relaxación e ó benestar físico, mental e emocional mediante diferentes técnicas de masaxe, coñecer e experimentar os rudimentos básicos da masaxe de relaxación, valorar o contacto corporal como medio para a relaxación e aplicar a masaxe en situacións de estrés como medio”.
... leer más 09/02/2015
O documental “Esta é a miña terra, Hebrón” (“This is my land Hebron”, Italia, 2010) de Giulia Amati e Stephen Natanson e a curta “Gaza-Londres” de Dima Hamdam, (Reino Unido, 2009) serán as películas que se proxectarán en Viveiro na segunda sesión do ciclo #PALESTINA o vindeiro mércores, 11 de febreiro. Esta mostra de cine, organizada polo Colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, e patrocinado pola Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, vén desenvolvéndose no salón de actos do IES María Sarmiento de Viveiro, ás 20 horas, sendo a entrada libre até completar o aforo.
Segundo explican desde Pensamento e Sementeira “o documental de Giulia Amati e Stephen Natanson presenta a Hebrón, unha cidade de conflito e odio, un dos...
leer más 06/02/2015
Baixo o lema “Ven ó Centro Comercial Histórico de Viveiro e déixate namorar polo seu comercio” a asociación de comerciantes pon en marcha a partir de mañá, 7 de febreiro, a campaña de San Valentin 2015. Nesta ocasión sortearase una escapada romántica a Paris do 10 ó 12 de abril.
Segundo explican desde o Centro Comercial Histórico de Viveiro “o xeito de participar é moi sinxelo, o 14 de febreiro instalarase a carpa da asociación na praza da Fontenova, en horario de 11 a 14 e de 17 a 20:30 horas. Os interesados poderán participar entregando un tícket de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, cun importe mínimo de 15€. No reverso do tícket porán os seus datos de contacto e depositarase nunha urna habilitada ó efecto. A data dos tíckets de compra poderá ser dende 7...
leer más 04/02/2015
Os actos do Entroido de Viveiro 2015, que organiza o Concello, empezarán o 14 de febreiro, sábado, e rematarán o día 18 deste mes, mércores.
A primeira actividade será o Certame de Alpuxarradas, que terá lugar no teatro Pastor Díaz o sábado 14 a partir das 20 horas. Contará coa actuación da charanga Tastarabás. O luns 16 será o día infantil, no que haberá xogos para nenos e nenas na Praza Maior de 16:30 a 20:30 horas, discoteca móbil dende as 18 ás 21 horas e pasarrúas a cargo da charanga Tastarabás. O martes 17 celebrarase o desfile pola Travesía da Mariña, que empezará ás 17 horas. Ao rematar farase a entrega de premios na Praza Maior.
Os actos rematarán o mércores 18 co Enterro da Sardiña. Ás 12 horas haberá a recepción de...
leer más