O Complexo Regal Xunqueira, de Viveiro, acolle ata finais de novembro unha exposición de gravados de Gándara-Golpe.

O Complexo Regal Xunqueira, de Viveiro, acolle ata finais de novembro unha exposición de gravados de Gándara-Golpe.
 
O Complexo Cultural Regal-Xunqueira inaugura o xoves, 5 de novembro, a exposición de Gándara-Golpe Gravados. O acto de apertura terá lugar ás 20 horas na sala de exposicións do complexo e a mostra poderase visitar ata finais de mes.
 
O autor da exposición é o artista de Betanzos que asina como Gándara-Golpe, que comeza a interesarse polo gravado na súa localidade natal a finais dos 80. Estuda o Máster de Obra Gráfica na Fundación Centro Internacional de Estampa Contemporánea (CIEC) e trae a Viveiro un “revoltixo de obras producidas entre o obradoiro do CIEC e o de Alfara Studio na Encina de S. Silvestre, en Salamanca”.  Punta seca, augaforte, augatinta, chiné collée, maneira negra, litografía, xilografía e serigrafía son algunhas das técnicas que mostra nesta exposición.
 
O autor, Ramón Gándara-Golpe expuxo as súas obras en lugares como Compostela, Portugal, Oviedo, Zurich ou Barcelona e foi recoñecido, entre outros, co 3º premio de Escultura Consorcio Zona Franca de Vigo en 1996; 2º premio de Cerámica Xunta de Galicia no 1992 e o primeiro premio Carteles Hispalit no 1993.