Viveiro
CARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 2 DE JUNIO
VIERNES 31 DE MAYO
Sala:1 AMIGOS IMAGINARIOS 20:30
Sala:2 EL REINO DEL PLANETA DE LOS SIMIOS 20:30
Sala:3 FURIOSA 20:30
SÁBADO 1 DE JUNIO
Sala:1 AMIGOS IMAGINARIOS 18:00
AS NEVES 21:00 22:22
Sala:2 DEEP SEA. VIAJE A LAS PROFUNDIDADES 18:00
EL REINO DEL PLANETA DE LOS SIMIOS 21:00
Sala:3 FURIOSA 18:00
FURIOSA 21:00 23:15
DOMINGO 2 DE JUNIO
Sala:1 AMIGOS IMAGINARIOS 17:30
AS NEVES 20:30
Sala:2 DEEP SEA. VIAJE A LAS PROFUNDIDADES 17:30
EL REINO DEL PLANETA DE LOS SIMIOS 20:30
Sala:3 FURIOSA 17:30
FURIOSA 20:30
Esta fin de semana o Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade e pon en marcha este venres 31 de maio e o sábado 1 de xuño a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Desde o CCH sinalan que “esta campaña sempre é un éxito de afluencia de xente a mercar no comercio local, porque os descontos son moi atractivos e poden aproveitar para mercar artigos para a temporada de verán agora que xa nos empeza a acompañar o bo tempo. Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo...
leer másO Concello de Viveiro está a participar no salón turístico de Galicia, Turexpo, cun stand propio, co obxectivo de amosar o potencial turístico do municipio.
O evento estase a celebrar en Silleda, dende hoxe, mércores 30 de maio, e ata o domingo 2 de xuño, no marco da celebración da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. A sección FESTUR, na que se encadra o stand de Viveiro, está adicado ás festas declaradas de interese turístico. No caso de Viveiro estas son a Semana Santa, festa de interese turístico internacional, e tres celebracións declaradas de interese turístico de Galicia: a Romaría de Naseiro, a Rapa das Bestas e a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.
A inauguración do stand contou coa presenza do segundo tenente de alcaldesa, Jesús Fernández, que sinalou que a feira "servirá para dinamizar...
leer másO Concello de Viveiro organiza, a través da Concellería de Educación, a celebración dos Maios para o alumnado dos centros de ensino de primaria e de infantil.
Este venres, día 31, está previsto que o CEIP Santa Rita de Galdo, o CEIP Lois Tobío, o Centro de Ensinanza CPR Landro, o CEIP de Covas e a Escola de Educación Infantil San Roque -uns 530 alumnos aproximadamente xunto cos seus profesores- participen nun encontro na Praza Maior para celebrar unha tradición de Viveiro como é a dos Maios. Haberá un desfile que sairá da praza, indo pola rúa Margarita Pardo de Cela, subindo pola avenida de Cervantes, seguindo pola rúa dos Irmáns Vilar Ponte e baixando por Teodoro de Quirós de novo cara a praza. Unha vez de novo na praza, cada grupo de cada colexio fará a súa homenaxe ao mes de maio, seguida dunha merenda para a rapazada. Ás 13:00 horas...
leer másCARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 26 DE MAYO
VIERNES 24 DE MAYO
Sala:1 AMIGOS IMAGINARIOS 20:30
Sala:2 EL REINO DEL PLANETA DE LOS SIMIOS 20:30
Sala:3 FURIOSA 20:30
SÁBADO 25
Sala:1 AMIGOS IMAGINARIOS 18:00
AMIGOS IMAGINARIOS 20:30
Sala:2 AS NEVES 18:00
EL REINO DEL PLANETA DE LOS SIMIOS 20:30
Sala:3 FURIOSA 18:00
FURIOSA 20:30
DOMINGO 26
Sala:1 AMIGOS IMAGINARIOS 17:30
AMIGOS IMAGINARIOS 20:00
Sala:2 AS NEVES 17:30
EL REINO DEL PLANETA DE LOS SIMIOS 20:00
Sala:3 FURIOSA 17:30 19:30 FURIOSA 20:00
Viveiro celebrará este sábado, día 25 de maio, o Día da Xuventude nos xardíns Noriega Varela.
O Concello de Viveiro anuncia que “a festa comezará ás 16:00 e prolongarase ata ás 21:00 horas. Incluirá unha actuación do mozo rapeiro viveirense Xmaseda65, que comezará ás 20:30 nos propios xardíns de Noriega Varela. O artista destaca polo seu son actual e as súas letras en galego. O evento é para mozos e mozas de 12 a 35 anos e está organizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia”.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, convida a toda a xente nova do municipio "a participar desta festa, coa que se pon en valor a importancia da mocidade e de crear eventos dirixidos á mesma".
Special Olympics Galicia e o Concello de Viveiro presentaron esta tarde a 26 edición do Maratón Autonómico Urbano para persoas con discapacidade intelectual, que a asociación deportiva celebrará este sábado 25 de maio na localidade lucense. Para dar a coñecer toda a programación, o Concello de Viveiro acolleu o acto de presentación coa presenza do tenente de alcaldesa, Jesús Fernández Fernández; o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández Pérez, e o xefe do Servizo Provincial de Deporte da Xunta, Manuel Otero Méndez, ademáis das representantes da asociación local ASPANANE, a presidenta, María Dolores Fernández Pérez, e a directora xerente, María Elena Santos Cociña.
O representante da Xunta, Manuel Otero, agradeu a todas as asociacións que van estar presentes na xornada así como a clubes e atletas, “como Adrián Ben ou Susana Rodríguez...
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá a representación de Go Home, da man de Etiqueta Negra. Será a partires das 20:30 horas. O elenco artístico está formado por Josito Porto e David Amor
Go Home conta a historia de David, un fanático do turismo que xa fixo todo tipo de aventuras que as axencias de turismo lle podían ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que lle vai acontecer. A peripecia levaráo a pasar a noite no Cebreiro, comezando unha aventura na que David gozará de emocións intensas, tales como a dúbida, o medo e a sorpresa.
Go Home é o novo espectáculo dirixido por Tito Asorey, e está protagonizado por David Amor e Josito Porto en asociación con grandes da dramaturxia como José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira e Xavier Porto. Trátase dunha...
leer másCARTELERA DE CINES VIVEIRO DEL 17 AL 19 DE MAYO
Viernes 17:
AS NEVES - 20:30 horas
EL REINO DEL PLANETA DE LOS SIMIOS - 20:30 horas
+ CUÑADOS - 20:30 horas
Sábado 18:
GARFIELD: LA PELÍCULA - 19:00 horas
AS NEVES – 21:00 horas
DRAGONKEEPER (GUARDIANA DE DRAGONES) - 18:00 horas
EL REINO DEL PLANETA DE LOS SIMIOS - 21:00 horas
LA FAMILIA BENETÓN - 18:30 horas
+ CUÑADOS - 21:00 horas
Domingo 19:
GARFIELD: LA PELÍCULA - 18:30 horas
AS NEVES - 20:30 horas...
leer másEste venres, 17 de maio, o Concello de Viveiro conmemorará o Día das Letras Galegas 2024 con múltiples actividades. En caso de choiva, todas elas celebraranse no Teatro Pastor Díaz.
Ás 12:00 será a interpretación do Himno de Galicia no balcón da Biblioteca Municipal, a cargo de David Bellas, artista e profesor do CMUS de Viveiro.
De seguido, na Praza Maior, será a quenda do baile tradicional a cargo dos grupos infantil e xuvenil de Bágoas da Terra. Ás 13:30 horas na Praza da Fontenova, "Música e libros", coa actuación do Coro Infantil do Colexio Lois Tobío de Viveiro e da Coral Polifónica Alborada de Viveiro.
As actividades continuarán o sábado 18 con "Como montar a túa banda de verán", de Xoán Curiel. Será ás 12:00 horas na Biblioteca Municipal como parte do programa "Ler conta moito",...
leer más