
A parroquia de Xunqueira (Viveiro) celebrará as Festas na honra a Nosa Señora de Valdeflores no mes de setembro.
As celebracións comezarán o venres 6 de setembro cunha misa solemne ás 19.30 horas, seguida dunha gran verbena amenizada pola Disco Móbil Conxuro.
O sábado 7 de setembro a xornada comezará coa sesión vermú a cargo de Vivarium. Ás 19.30 horas haberá outra misa solemne, e a continuación, Vivarium animará a verbena, seguida do grupo Maracaibo.
O domingo 8 de setembro será un día especialmente festivo, coa misa solemne e a procesión ás 11.45 horas acompañadas pola Banda Naval e a Banda Misericordia. A festa continuará cunha longa sesión vermú animada polo Dúo Cerbatana. Ademais, a partir das 13.00 horas repartiranse callos ao prezo de 7 euros por ración.