Visitas
O tradicional belén da Rigueira, no municipio de Xove, leva realizándose por estas datas desde hai máis de tres décadas grazas á iniciativa e dedicación da veciñanza desa parroquia. E desde o pasado domingo, 10 de decembro, pode visitarse tódolos sábados, domingos e festivos de 16:00 a 19:00 horas na Igrexa da Rigueira, excepto Noiteboa e Fin de Ano, días nos que pechará ás 18:00 horas.
Ribadeo ofrece visitas guiadas polo seu pasado ilustrado, indiano e antigo. Este verán tamén volven as Xeorutas. A programación foi presentada polas concelleiras de Turismo e Cultura, Marta Saiz e Begoña Sanjurjo.
A responsable de Turismo contou que “a Concellería de Turismo ofrece un ano máis durante a tempada estival as súas visitas guiadas. Estas distribúense ó longo de toda a semana e ofrécense de forma gratuíta a todas as persoas interesadas, tanto residentes como visitantes. Para poder formar parte delas só se require inscrición previa, que se pode realizar a través da páxina turismo.ribadeo.gal”.
Marta Saiz explicou que “as visitas divídense en dous grupos, dependendo da ubicación do percorrido: as que discorren polo casco histórico e as xeolóxicas polo litoral, mais coñecidas como Xeorutas. Entre as...
leer másEn xullo haberá visitas guiadas á exposición sobre o homeneaxeado na pasada edición das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, Serán os venres 14, 21 e 28 dende ás 11 ata a 13 horas no Museo de Arte Sacro.
A exposición “Cos ollos do seu espírito”, inaugurada no pasado maio, está organizada polo Concello de Lourenzá e a Xunta de Galicia así como a mesa Don Paco de Lourenzá e a editorial Galaxia, da que foi co-fundador o protagonista. Nela, ten lugar un repaso polo seu traxecto vital e profesional para comprender quen foi a figura e o gran legado que deixou tras el.
O Museo de Arte Sacra de Lourenzá, a vila natal do protagonista do Día das Letras Galegas 2023, é a primeira parada da exposición Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito, comisariada por Malores Villanueva e Malós Cabrera...
leer másBurela de Ruta Verán 23 é a oferta turística do Concello para este verán, que foi presentada este mediodía no Barco Museo Reina del Carmen. Trátase dun conxunto de visitas guiadas coas que se pretende dar a coñecer e poñer en valor o extenso patrimonio mariñeiro, o singular patrimonio xeolóxico, declarado geosite, e o patrimonio artístico-cultural, fomentando así un turismo de calidade, sostible e slow, para poder coñecer en profundidade o territorio, a súa esencia e idiosincrasia.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, contou que “son actividades que se implantaron por primeira vez o ano pasado e funcionaron moi ben, polo que entendemos que temos que seguir nesa liña. Algunha xa leva varios anos funcionando, como as rutas da lonxa, que é unha das actividades con máis éxito e que máis lles gusta á xente e temos moita afluencia a elas...
leer másMañá, 28 de abril, abrirá ao público o Castelo de Castrodouro e a Oficina de Información Turística de Alfoz. Os horarios serán: venres, sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas polas mañás e de 16:00 a 20:00 horas polas tardes. O día 1 de maio, así coma o 17 Día das Letras Galegas permanecerá aberto nos horarios sinalados.
Poderase visitar o Castelo e desfrutar das impoñentes vistas desde o alto da torre, tamén ver as distintas exposicións: Antigas Escolas, Pinturas de Hipólito Xeada ou fotografías de Alfoz en primavera.
Tamén dispón de audioguías ficcionadas para realizar o percorrido polo Castelo da man do grupo de teatro Chévere e coñecer a historia e Lenda do Mariscal Pardo de Cela.
Este ano volven as visitas guiadas polo Casco Histórico de Viveiro da man do historiador Xesús Martínez, tamén en colaboración ca Xunta de Cofradías de Viveiro.
Esta é xa a undécima edición, e desde o CCH resaltan o éxito obtido nas pasadas edicións que fai que se repitan un ano mais.
“Durante estas datas de afluencia de visitantes a Viveiro parécenos moi interesante ofrecerlles a posibilidade de coñecer a cidade por medio destas visitas guiadas e de xeito gratuíto”, indican desde o CCH.
“O obxectivo é dar a coñecer o noso patrimonio cultural e artístico, non só a visitantes, senón tamén ós lugareños, para os que a maioría das veces o mais cercano é o mais descoñecido. Con esta actividade poténciase o patrimonio material e inmaterial, a historia da nosa vila e como redundou no resto de...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense colabora co Concello de Lourenzá e coa Mesa Coordinadora Don Paco no programa cultural que organizan polo Día das Letras Galegas, dedicado neste 2023 a Francisco Fernández del Riego.
A Mancomunidade adaptou para este programa cultural a audioguía ficcionada do concello laurentino Vilanova de Lourenzá. Paisaxes da memoria. Fernández del Riego descóbrenos os recunchos dunha nenez feliz, a cargo do Plan de Sostibilidade Turística da Mariña Lucense, cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo coa colaboración da Deputación de Lugo.
Xa que a Real Academia Galega decidiu dedicarlle as Letras Galegas 2023 ao escritor e intelectual laurentino Francisco Fernández del Riego, o Concello de Lourenzá e a Mesa Coordinadora Don Paco -que...
leer másNa cidade do Landro xa se pode visitar o belén ‘Viveiro ante o berce’, no atrio da igrexa de Santa María. Este belén está considerado como un dos máis importantes de Galicia, tanto pola súa beleza e pola dimensión das pezas que o compoñen, como pola extensión do conxunto do propio belén e por estar instalado nun enclave histórico-monumental único.
O acto de inauguración tivo lugar na xornada de onte, 5 de decembro, ao igual que o acendido da iluminación de Nadal.
A delegación de Turismo do Concello de Burela informa de que continúan as visitas guiadas arredor do patrimonio mariñeiro da vila durante este mes de setembro e fai unha valoración moi positiva dos datos que deixaron os meses de xullo e agosto.
A aposta pola promoción turística nun dos portos máis importantes do Cantábrico e do país responde á necesidade de dar a coñecer e poñer en valor os oficios tradicionais e artesanais ligados ao porto. A través destas visitas que tiveron un gran éxito ao longo de todo o verán ofrécese a posibilidade a moitos dos visitantes que chegan a Burela de mergullarse nas entrañas da zona portuaria e no seu funcionamento e actividade.
Tanto é así que nos meses de xullo e agosto a Oficina de Turismo ofreceu información a un total de 6.197 visitantes, incrementándose respecto ao ano...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- siguiente ›
- última »