As instalacións de Acisa acolleron esta mañá a presentación do viño oficial do Ribadeo FC. Poñeranse á venda un total de 3.000 botellas de albariño, rioja e vermú, que se presentan en caixas de seis. Os tres packs saen por 60 euros e de cada botella vendida 50 céntimos serán para o Ribadeo FC. Os viños e o vermú tamén chegarán aos locais hostaleiros asociados a Acisa. O obxectivo é facer unha campaña de apoio ao Ribadeo FC que sexa orixinal. Na presentación estiveron José Antonio Veiga, xerente de Discosta Norte; Ana Vázquez, presidenta do club ribadense; Jesús Pérez, xerente de Acisa, e Ramón Loredo, membro da directiva do colectivo empresarial ribadense.
José Antonio Veiga, de Discosta Norte, explicou que “se trata dun albariño e dun rioja colleiteiros e dun vermú, que é a primeira vez que a bodega envasa un vermú e esperemos que sexa o inicio de máis envasados. A forma de colaborar é ceder 50 céntimos de cada botella que van para o Ribadeo FC. Esperemos que teña moito éxito, que a xente se implique porque todo o que sexa colaborar co deporte do pobo é un compromiso que temos en Discosta San Damián”.
O xerente de Discosta Norte engadiu que “imos poñer en principio 1.000 botellas á venda de cada formato, temos a envasadora e a medida que se vaia necesitando imos ir sacando segundo demanda, esperemos que sexa moita. Para os negocios o prezo vai ser a 3 euros a botella do albariño colleiteiro, 2´5 euros o rioja colleiteiro e o vermú 4´5 euros, todos con IVE incluído. O que queira as tres caixas, que son de seis unidades, pode levar o pack completo por 60 euros, IVE incluído. Imos poñelo á venda nos máximos locais posibles de Ribadeo, imaxino que tamén se poñerá á venda ao público porque son caixas moi bonitas que valen para regalo. O produto é moi bo, procuramos que fora do mellor, e esperamos que sexa un éxito tanto nos bares como nos particulares”. José Antonio Veiga tivo palabras de agradecemento para o deseñador das etiquetas: “quero darlle as grazas a Carlos que nos fixo o deseño das etiquetas e do que está reflectido nas caixas, que lle quedou moi chulo”.
A presidenta do Ribadeo FC, Ana Vázquez, manifestou que “esta iniciativa vai supoñer dar a coñecer algo novo, algo distinto. Xurdiu esta idea e temos que dar as grazas a Discosta por darnos esta oportunidade de poder facer algo novo e diferente. Tamén darlle as grazas a Acisa pola súa implicación sempre co Ribadeo FC. Pretendemos innovar un pouco, intentar sacar algo diferente, saírnos do que é habitual como rifas e demais. Pareceunos unha boa idea, algo que pode saír ao mercado, algo novo, e espero que isto saia para adiante e que nos vaia ben a todos, que a xente se anime e nos bote unha man”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “desde Acisa estamos muy contentos de colaborar con esta iniciativa. Cuando vinieron a preguntarnos si queríamos colaborar nos pareció interesante. Hay que tener en cuenta que las botellas las produce un socio que es San Damian, y la petición la hizo el Ribadeo FC, con quien tenemos firmado un convenio de colaboración durante todo el año. Analizando esta propuesta, consideramos que era interesante que Acisa estuviera ahí. Nos ponemos a su disposición para venderlos en la hostelería asociada con lo cual es un incentivo más para que los hosteleros asociados puedan ayudar al Ribadeo FC con la compra de las botellas de estos vinos y este vermú que presentamos hoy. Esperamos que les vaya bien”.
Pérez subliñou que “esta acción va dentro del marco de colaboraciones con las diferentes asociaciones de Ribadeo que nos lo piden. Pensamos que es una campaña original con la que se puede ayudar al club de fútbol local”.