Setembro
O domingo 25 de setembro ás 18:00 horas Caxoto Díaz Valle, de A Trastenda dos Contos, representará na Casa da Cultura de Burela "Coas mans na masa: contos de igualdade”, un espectáculo de 60 minutos de duración para nenos e nenas a partir de 4 anos.
Os organizadores explican que “ao gran chef Caxoto sempre lle dixeron que cociñar era cousa de mulleres e desta volta quere propoñernos un menú elaborado por ingredientes de igualdade co que desmontar os estereotipos de xénero”.
A entrada será libre.
Chega a segunda edición de SetembroXNatural, que ten como obxectivo ofrecer un destino vacacional tranquilo e con encanto, no que gozar de diversas propostas en escenarios naturais. A programación foi presentada polo concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, acompañado das edís de Obras e de Cultura, Mónica Freire e Pilar Otero, e pola técnica de Turismo, Begoña García.
O edil ribadense contou que “o Concello de Ribadeo pon en marcha a segunda edición de SetembroXNatural, que ten como obxectivo ofrecer un destino vacacional tranquilo e con encanto, no que gozar de diversas propostas en fermosos entornos naturais como a ría de Ribadeo, a rasa costeira, as praias, etc, a través de distintas iniciativas coas que se pretende desestacionalizar o turismo e favorecer que a tempada alta se alongue”.
Pablo Vizoso explicou...
leer másO Concello de Alfoz nomea setembro coma o mes da música e celebrarano con actuacións de varios grupos musicais, que serán todas ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura.
O sábado 3 actuará Mar Aberto. O seguinte grupo será Sons de Celeiro o sábado 17. E por último o venres, 23 de setembro, actuará Toxo Guayaba.
A entrada é libre e de balde, para poder disfrutar do bo facer e da calidade musical destas tres formacións da Mariña e ofrecer un repertorio variado para todos os públicos.
O Concello de Cervo e o C.D. San Ciprián organizan a !ª Carreira Popular Península da Paz que terá lugar o domingo 4 de setembro en San Ciprián, coa colaboración da Xunta de Galicia.
A cita deportiva foi presentada na pista de atletismo da Veiga –de onde partirá a carreira- polo rexedor, Alfonso Villares, o edil de Deportes e a concelleira de Cultura, David Rodríguez e Dolores García Caramés, respectivamente, polo xefe do servizo provincial de Deportes, Manuel Otero, e en representación do C.D. San Ciprián, por Olga Vicente, que dirixe a sección de atletismo do club, e pola directiva Cristina Barreira.
A proba infantil será ás 11:00 horas e o percorrido de 5.500 metros será íntegro na pista de atletismo. Pola súa banda, a proba absoluta partirá ás 12:00 horas da mesma pista e discorrerá por todo o perímetro...
leer másO Concello coa colaboración de Acisa pon en marcha unha nova iniciativa, denominada Ribadeo 4x4. Aquelas persoas que fagan catro actividades de turismo activo no municipio durante catro días consecutivos deste mes de setembro optarán a premios.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, explicou que “Ribadeo 4x4 é un evento organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración con Acisa no marco da iniciativa SetembroXNatural. Esta iniciativa procura persoas aventureiras con gañas de gozar dos atractivos da nosa contorna natural. Aos participantes propoñémoslles un gran reto: realizar 4 actividades da oferta de turismo activo de Ribadeo integrada nesta iniciativa en 4 días consecutivos -fin de semana incluído- no mes de setembro. Para isto os participantes contarán cunha tarxeta persoal que terán que ir selando na medida...
leer másA Concellaría de Turismo presentou hoxe o proxecto SetembroXNatural. Ten como obxectivo desestacionalizar o turismo en Ribadeo e favorecer que a tempada alta se alongue ata finais do mes de setembro. Inclúe Xeorutas e visitas guiadas pola natureza para potenciar a Senda Azul e o Camiño Natural do Cantábrico así como o Camiño de Santiago.
O concelleiro de Turismo e alcalde en funcións, Pablo Vizoso, anunciou que “dende a Área de Turismo o vindeiro mes poñeremos en marcha o proxecto SetembroXNatural que ten como obxectivo desestacionalizar o turismo no noso concello e favorecer que a tempada alta se alongue máis ata finais do mes de setembro. Queremos seguir a potenciar a vida de Ribadeo e o seu termo municipal como referente turístico con especial fincapé en ofrecer un entorno atractivo e dinámico a aqueles visitantes que deciden optar polo...
leer másUn dos espectáculos incluído no ciclo Concertos na Fin do Mundo, que organiza a Xunta de Galicia, será no municipio de Cervo, concretamente nas inmediacións do Faro de San Ciprián, o día 10 de setembro, venres. Actuarán o famoso cantante vasco Mikel Erentxun e as galegas Yoly Saa e Russinha.
As entradas para este concerto están á venda e poden mercarse a través do seguinte enlace:
https://concertosnafindomundo.com/faro-sancibrao-cervo/
A organización explica que “Concertos na Fin do Mundo é unha experiencia máxica, enmarcada na programación do Xacobeo 21-22, que terá lugar nalgún dos máis fermosos e impresionantes faros da costa galega. Un ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada e unhas propostas artísticas preparadas para...
leer másO festival Osa do Mar, de Burela, que celebrará a edición deste ano 2021 os días 24 e 25 de setembro, ten xa cinco grupos musicais confirmados: Blanco Palamera, Delaporte, The Rapants, Veintiuno e Verto.
A pasada fin de semana empezou a venda de entradas para os dous días do festival. Os organizadores están pendentes da evolución da pandemia e das restricións sanitarias para decidir o lugar de celebración e outros detalles deste evento musical.
A Concellería de Cultura presentou a súa programación para este mes de setembro no que se reanudará a actividade no Auditorio Municipal, a partires do vindeiro día 19. José Díaz subliñou que “se tomarán todas as medidas hixiénicas recomendadas polas autoridades sanitarias en prevención do Covid”.
O programa cultural dará comezo este mércores, 2 de setembro, coa actuación de Circo Chosco, que foi aprazada a pasada semana por causas metereolóxicas. O espectáculo, titulado Riscando o ceo terá lugar na Praza do Concello ás 20:30 horas.
O venres 11 haberá outra representación a cargo de Mere Clown con Aparvaolimpiadas. Celebrarase na Praza da Mariña, ás 20:30 horas, e inclúese na programación de Agadic-Rede de Teatros e Auditorios.
O sábado 19 retomarase a actividade no Auditorio Municipal coa...
leer másOs roteiros de A Mariña en Ruta seguirán nos primeiros días de setembro por Riotorto, Ourol e Viveiro. A iniciativa da Mancomunidade conta coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia e da Deputación de Lugo.
A axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade, Tania Hermida, amósase satisfeita pola acollida que están a ter as diferentes rutas organizadas a través do xeodestino durante os meses de agosto e setembro: “no caso das próximas que imos ter, xa podemos adiantar que as prazas para o roteiro de Riotorto está completas, para Ourol quédannos 5 prazas libres e para Viveiro hai 9 dispoñibles neste momento. Iso indica que esta iniciativa está a resultar moi interesante para as persoas que nos visitan este verán”.
A primeira das rutas en setembro terá lugar o día 1, o vindeiro martes. Será un paseo...
leer más