Setembro
A Concellería de Cultura presentou a súa programación para este mes de setembro que inclúe diversas actividades infantís e a celebración do último rastrillo popular solidario que terá lugar este ano e que se celebrará o día 15.
Este venres, día 6, ás 19:00 horas inaugurarase unha exposición de pintura de Carmen Prado, titulada Novos Personaxes. A mostra permanecerá no auditorio municipal ata o día 27 de setembro.
O domingo 15 celebrarase o último rastrillo popular solidario deste ano. Terá lugar na praza da Mariña de 10:00 a 15:00 horas. As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse chamando á Casa da Xuventude ou ao número 608 158 170.
O sábado 21 o contacontos Caxoto presentará Conto para escoitar mentras bailamos un valse. Será ás 18:00 horas no auditorio municipal e...
leer másA parroquia de Rúa celebra este sábado, 2 de setembro, a Festa da Malla, organizada pola Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o tenente alcalde e edil de Medio Rural, Plácido Pérez e varios membros da Asociación de Veciños.
A malla comezará ás 10:00 horas con todo tipo de actividades para todos os públicos: paseos a cabalo, a II ruta de sendeirismo Subida ao Cabaleiro, e xa ao mediodía o Dúo EPO-K será o encargado da sesión vermú.
Pola tarde, dende as 16:00 horas, están programados todo tipo de xogos tradicionais para nenos e maiores; e ás 17:00 horas dará comezo a actividade principal, a malla..
A xornada completarase con exhibición de cetrería ao longo de...
leer más