O Grupo de Montaña Peña Tallada, de Ribadeo, fará unha viaxe ao Valle de Baztan (Navarra) durante a Semana Santa.
Segundo explican desde a organización o aloxamento será no hotel Urgain en Oronoz-Mugaire. Ata o momento son 38 as persoas inscritas para participar nesta actividade, que inclúe varias rutas: unha polo monte Buciero, en Santoña (Cantabria); outra polo parque natural Señorío de Bertiz; e unha terceira pola Peña Planta/Atxuria e Covas de Zugarramurdi. A viaxe concluirá cunha visita a San Sebastián.
O prezo da habitación dobre é de 44 euros (ive incluído) e da individual de 33 euros (ive incluido). O prezo do xantar ou cea: 11 euros e o almorzó 4 euros.