A Banda Municipal de Música O Landro, de Viveiro ofrecerá un concerto acompañada pola mezzosoprano Sonia Bouzada e o barítono Gabriel Alonso no Teatro Pastor Díaz este sábado, 2 de marzo, ás 20:30 horas. A entrada é de balde
“Prepárense para unha experiencia musical inesquecible co Concerto Adral, organizado pola Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro e que leva por título "A paixón según San Marcos", de Jacob de Haan, onde a voz da mezzosoprano Sonia Bouzada, a do barítono Gabriel Alonso e as apaixonantes palabras do noso narrador Javier Franco en conxunto, contrastan e compleméntanse de maneira harmoniosa, creando un espectáculo auditivo emocionante e conmovedor. Tamén faremos a estrea da Marcha procesional "Ecce-Homo de los Franceses", gañadora do II Concurso de Marchas Procesionais Blas García Liz, e a entrega do premio ao galardoado Miguel Ángel Ruiz a cargo do Concello de Viveiro. Todo baixo a batuta do noso director, Carlos Timiraos”, anuncia a Banda O Landro.