Saúde

Etiquetas:
04/11/2016
Burela acollerá o 7 de novembro un obradoiro sobre hábitos alimentarios saudables. Será no Centro de Formación Ocupacional.
 
Burela acollerá un obradoiro sobre hábitos alimentarios saudables, que terá lugar o vindeiro luns, día 7. O título deste obradoiro é Alimenta-Tic. Educación de hábitos alimentarios correctos a través das TICs.
 
A xornada desenvolverase no Centro de Formación Ocupacional de Burela e dará comezo ás 16:00 horas prolongándose ata ás 19:00 horas.
 
A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, salienta que “o obradoiro está baseado no coidado da saúde a través da alimentación”.
 
A edil socialista engade que “se impartirán hábitos saudables, receitas, produtos e demais para coidar e vixiar o que comemos adaptado ás novas tecnoloxías. Tamén se incluirá unha merenda saudable para os...
leer más
Etiquetas:
18/10/2016
A Biblioteca Municipal de Ourol acollerá o 27 de outubro o primeiro obradoiro de saúde e exercicio, que se centrará no coidado da espalda infantil.
 
A Biblioteca Municipal e o Centro de Fisioterapia de Ourol van levar a cabo unha serie de obradoiros coa finalidade de educar aos nenos/as en hábitos de vida máis saudables e diminuír a dor de espalda entre a comunidade escolar.
 
Entre os obxectivos figuran coidar a nosa espalda, ensinar hábitos saudables, coñecer a importancia do exercicio físico e corrixir os erros máis común.
 
Os destinatarios son país e nais e nenos/as de entre 0 e 12 anos. A inscrición ata o 26 de outubro, pode realizarse na Casa da Cultura ou no número de teléfono 982 55 90 19.
 
O primeiro obradoiro de saúde e exercicio, que estará centrado no coidado da espalda infantil, será impartido por Víctor Rodeiro López,...
leer más
Etiquetas:
26/04/2016
O salón de conferencias, de Burela, acollerá o 30 de abril unha charla dirixida aos inmigrantes sobre os medicamentos e a súa utilización. Está organizada polo Concello.
 
O Programa de Atención a Inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación organiza unha charla “para sensibilizar á poboación estranxeira en torno a algúns aspectos sociosanitarios importantes para un bo desenvolvemento persoal e social”, segundo explica a edil Angélica Gómez. Colabora co Concello burelés o servizo de farmacia do centro de saúde de Burela. 
 
A charla titulada Los medicamentos no son caramelos, aprendamos a usarlos correctamente será impartida o 30 de abril no salón de conferencias a partir das 19 horas. A concelleira de Inmigración conta que “tratará sobre diversos temas como as vacinas infantís, toma correcta da medicación (anticonceptivos, antibióticos…), nocións básicas sobre a dieta para evitar a diabetes...
leer más
Etiquetas:
19/02/2016
Lourenzá acollerá unha charla sobre o infarto de miocardio a cargo do cardiólogo Ramón Ríos Vázquez. Será o 25 de febreiro ás oito e media da tarde.
 
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá unha charla sobre o infarto de miocardio a cargo do cardiólogo Ramón Ríos Vázquez, que exerce no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), de Lugo. Será o día 25 deste mes, xoves, ás oito e media da tarde.
 
A alcaldesa, Rocío López García, anunciou hoxe que este acto “organízao o Concello de Lourenzá en colaboración coa Federación Veciñal Lucus Augusti. A charla terá como tema principal o infarto de miocardio e será impartida polo doutor Ramón Ríos Vázquez, cardiólogo do HULA e membro do equipo do doutor Carlos Juanatey”.
 
A rexedora municipal engadiu que na charla “abordaranse cuestións moi...
leer más
Etiquetas:
05/11/2015
O ciclo de charlas médicas que organiza o Concello de Foz coa colaboración do Hospital da Costa celebraranse os días 12, 19 e 26 de novembro. Serán na Casa da Cultura.
 
A XV edición do ciclo de charlas médicas organizado polo Concello de Foz coa colaboración do Hospital da Costa celebrarase os días 12, 19 e 26 deste mes e abordará temas sanitarios de actualidade, como as reaccións alérxicas graves, os coidados paliativos e a automedicación. O ciclo, que se desenvolverá en tres sesións ás 20 horas na Casa da Cultura focense, foi presentado hoxe polo alcalde, Javier Jorge Castiñeira; a concelleira de Consumo e Sanidade, Silvia Blach Cuesta;  a xerente executiva do centro hospitalario de Burela, Carmen Durán Parrondo; e a subdirectora médica, María José Cortés.
O rexedor municipal anunciou que “un ano máis a Concellería de Consumo do Concello de Foz, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (Omic), organiza as charlas...
leer más