Crono
O Concello de Viveiro presentou a Crono Escalada Monte Castelo, un evento deportivo organizado pola Peña Lar Viveiro que se vai celebrar este domingo, día 22 de decembro.
Na presentación, que tivo lugar na Igrexa de Galdo, estiveron presentes varios membros da asociación deportiva, así como a alcaldesa, María Loureiro, e o concelleiro de Deportes do municipio, Jesús Fernández.
O evento comezará ás 10:00 horas do domingo na propia igrexa de Galdo, e chegará ata a ermida de Monte Castelo. Trátase dunha proba cronometrada coas modalidades BTT e Trail e xa hai 50 persoas inscritas en cada unha delas.
Os participantes da modalidade BTT percorrerán a pista que sube a Monte Castelo, e os da modalidade trail subirán correndo polo vía crucis. O percorrido é de 6 km para a modalidade BTT e de 3,...
leer más