O Concello de Viveiro, en colaboración coa Xunta de Galicia, prepara para este sábado, 27 de maio, un programa de actividades baixo o lema “Quere o teu mercado”, que se desenvolverán das 10 da mañá ás dúas da tarde. Haberá un taller de cociña creativa con receitas de froitas e unha xincana cos máis pequenos. DJ Karras Martínez porá a nota musical para animar o evento e o grupo de baile moderno Espazo Moderno actuará ás 12 do mediodía.
E en Ribadeo tamén mañá, 27 de maio, ás 12:00 do mediodía na Praza de Abastos terá lugar un concerto a cargo de alumnado de piano da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
Esta actuación realízase co gallo do Día do Mercado e dentro da campaña “Quere o teu mercado” co obxectivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas vilas e cidades.
As alumnas e alumnos da EMMeD farán un percorrido polas obras de compositores como Beethoven, Kuhlau, Albéniz ou Yiruma. A entrada será libre.