pintura

Etiquetas:
15/05/2018

O complexo RegalXunqueira, de Viveiro, acolle a exposición La Chica del Pazo de Sergey Sozonov.

O pintor ruso Sergey Sozonov, afincado en Ortigueira, conta cunha ampla traxectoria e entre as súas exposicións máis recentes están, no pasado mes de marzo, GalioArt-Estilos en Ortigueira e San Cibrao. Tamén expuso Miradas de Ortigueira e Cinco continentes en Ortigueira en 2016 e 2015, e varias obras en galerías de Moscú en 2014.

La Chica del Pazo permanecerá no complexo RegalXunqueira ata o día 15 de xuño.

 

04/05/2018

A sala de exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián acolle estes días a mostra Sentimentos Expresivos composta por unha trintena de obras autoría da pintora Camariñá Mª Luisa Rojo-Novais Grandío.

O alcalde, Alfonso Villares, foi o encargado de inaugurar a exposición, acompañado polos edís de Cultura, Muller e Deportes; ademais de pola propia artista.

A mostra poderá visitarse de luns a venres, ata o 31 de maio. Na inauguración a artista sorteou unha das súas obras entre as persoas asistentes, e resultou agraciada a veciña de San Ciprián, Mª Ángela Pita.

Nesta exposición a autora presenta unha trintena de obras de mediano e gran formato, realizadas sobre óleo e técnica mixta. Os materiais sobre os que se plasman poder ser lenzo, taboleiro náutico ou papel texturado lenzo. O fío...

leer más
11/03/2018

Trátase dunha recompilación dos traballos de Ángel Picos, Sergey Sozonov e Diego Pérez, membros de asociación cultural Galioart, de Ortigueira, que poderá ser visitada desde o luns 12 ata o 28 de marzo.

Son unhas corenta obras de diferentes estilos as que se poden ver na sala de exposicións da Casa da Cultura, en San Ciprián.

Etiquetas:
23/02/2018

O concelleiro de Cultura, José Díaz, mantivo un encontro nas últimas horas coa responsable de Cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, co obxectivo de recabar os apoios desta institución para o II Certame Internacional de Pintura Mural, que terá lugar do 1 ao 5 de agosto na localidade. O prazo para presentación de proxectos xa está aberto e rematará o 15 de xullo. José Díaz pasou tamén pola Escola Arte Pablo Picasso da Coruña para promocionar este importante evento cultural.

O edil burelés explicou que “tuvimos una reunión en la Diputación de Lugo, en el Área de Cultura con la diputada Pilar Porto, en la que pretendía presentarle el dossier del Certamen de Pintura Mural Internacional de este año 2018. Sería la segunda edición, después del éxito de la primera tanto de participación como el resultado final que podemos ver todos en...

leer más
Etiquetas:
03/09/2017

O luns, 4 de setembro, inaugúrase no Complexo Regalxunqueira de Viveiro a exposición titulada Enxebres da Mariña e Tánger de Agustín Patiño Belinchón.

A inauguración terá lugar ás 20:00 horas e despois haberá unha esa redonda sobre percebeiros organizada polo colectivo Os Aventados, e na que intervirán Eugenio Linares, Torrero do Faro de Estaca de Bares, do Faro da Coelleira e do Faro de Ortegal; e Vicente Vázquez, percebeiro e presidente da Cofradía de Pescadores de San Ciprián.

Agustín Patiño Belinchón, nado en Madrid en 1942, confesa que dende hai cincuenta e cinco anos que pisou A Mariña por vez primeira, a súa vida xa está ligada a esta terra. Nesta mostra xunta dous espazos tan diferentes como son Tánxer en Marrocos e A Mariña de Lugo e Coruña. Os temas son extraídos da realidade pola súa beleza ou porque...

leer más
Etiquetas:
06/08/2017

Na sala de exposicións do Complexo RegalXunqueira, en Viveiro, inaugurase o 8 de agosto ás 20:00 horas unha exposición de pintura de Pablo Giménez Olavarría titulada Natureza Luz.

Pablo Giménez pinta da natureza e na natureza. Co paso dos anos, o debuxo foi cedendo protagonismo á luz e á cor natural para construír a atmosfera deses lugares que, pola razón que sexa, fórono levando alí a pintalos. Nos óleos isto faise máis patente pois non hai máis que pequenas pingas de pintura moi diluída que suxiren, a través de continuas correccións de tono e luminosidade, a sensación que un pode sentir aí. Nos seus cadros non hai unha intención descritiva nin narrativa, só son o resultado dunha intensa percepción e goce da natureza.

Pablo Giménez Olavarría nesta exposición achégase á natureza a través do efecto da luz na...

leer más
Etiquetas:
02/08/2017

Mañá, xoves, arrinca en Burela o I Certame Internacional de Pintura Mural Amarte. Será ás 12 do mediodía co sorteo dos espazos que cada artista ocupará no muro do peirao. O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “a continuación ya comenzarán a pintar las obras que presentaron a este I Certame Internacional de Pintura Mural”.

O edil burelés lembrou que “estarán aquí pintores de Vigo, Narón, Ortigueira, Lugo, Coruña y dos seleccionados que tenemos de Burela, que son muy conocidos por su trayectoria, DavidXiño y Héctor Manasé. Hay otros dos más de A Mariña, de Viveiro, que son David Catá, que es otro artista multidisciplinar muy conocido, y una pareja, Pablo Libio Díaz Cardona y Uxmal Claudio Díaz Gavilán, que también tienen una trayectoria como pintores y muralistas muy destacada”. Os outros participantes son Delio Rodríguez, de...

leer más
Etiquetas:
30/07/2017

O Castelo de Castrodouro en Alfoz acolle unha exposición da pintora menorquina Pilar Perdices, que se poderá visitar ata o 31 de agosto. “Paisajes de la memoria” é unha colección de pinturas inédita realizada en exclusiva para esta exposición. 

Pilar Perdices, natural de Mahón (Baleares), e licenciada en Belas Artes e Catedrática numeraria de bacharelato na especialidade de debuxo. A súa primeira exposición individual foi no ano 1967, e desde entón expuxo en diferentes lugares de Barcelona, como a Praza da Catedral, o Museu de  Vilassar de Mar, Centre Cultural Torre Vella de Salou, Fundació cultural Caixa Terrassa, e un longo etcétera, así como en Madrid, e na súa terra natal tanto en Menorca como en Palma de Mallorca. A exposición inaugurada este mediodía é a primeira que Pilar Perdices fai en Galicia, terra da que se namorou desde que...

leer más
Etiquetas:
19/07/2017

A Concellería de Cultura deu a coñecer os nomes dos 10 artistas que pintarán o muro do peirao no decurso do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, que terá lugar dos días 3 ao 6 de agosto, coincidindo coa celebración da Feira do Bonito. Os dez artistas seleccionados proceden de Lugo, Coruña, Narón, Ortigueira, Viveiro e tamén de Burela. O xurado está formado por Alfonso Otero Regal como presidente, Roque Fanego, Anxo Rubiños, Pablo Mosquera e Neira Brosch, como vocais.

José Díaz dixo que “queríamos presentar el jurado del Certamen Internacional de Pintura Mural, que se celebrará en Burela de los días 3 al 6 de agosto. Sólo habíamos presentado al presidente del jurado que es Alfonso Otero Regal, Premio Nacional de Cerámica y persona muy contrastada en el mundo de las artes. Los otros cuatro componentes del jurado serán vocales y los...

leer más
Etiquetas:
09/07/2017

O Concello de Alfoz organiza o 2º Maratón de Pintura ao Aire Libre que se celebrará o domingo 30 de xullo.

As bases recollen que poden participar todos os pintores que o desexen, existindo unha categoría infantil (ata 16 anos) e outra senior. A temática será referida ao concello de Alfoz, podendo reproducir calquera motivo, monumento ou paisaxe do termo municipal. A técnica e as medidas dos traballos serán libres, e os participantes deberán aportar o material utilizado, admitindo calquera tipo de soporte (lenzo, papel, cartón,…) con fondo branco.

As inscricións deberán facerse no Castelo do Castrodouro a través do correo electrónico turismo@concellodealfoz.com, ou de forma presencial o mesmo día do maratón de 9:00 a 11:00 horas.

O maratón...

leer más