O luns, 4 de setembro, inaugúrase no Complexo Regalxunqueira de Viveiro a exposición titulada Enxebres da Mariña e Tánger de Agustín Patiño Belinchón.
A inauguración terá lugar ás 20:00 horas e despois haberá unha esa redonda sobre percebeiros organizada polo colectivo Os Aventados, e na que intervirán Eugenio Linares, Torrero do Faro de Estaca de Bares, do Faro da Coelleira e do Faro de Ortegal; e Vicente Vázquez, percebeiro e presidente da Cofradía de Pescadores de San Ciprián.
Agustín Patiño Belinchón, nado en Madrid en 1942, confesa que dende hai cincuenta e cinco anos que pisou A Mariña por vez primeira, a súa vida xa está ligada a esta terra. Nesta mostra xunta dous espazos tan diferentes como son Tánxer en Marrocos e A Mariña de Lugo e Coruña. Os temas son extraídos da realidade pola súa beleza ou porque exhalan algo máxico ao contemplalos, ben sexa por si mesmos ou por asociación de ideas entre pintor e a natureza captada. A mestura de cores na paleta xurde e é o cerebro quen instintivamente xera, a través da man, as luces, as sombras e os tons que quedan plasmados nos lenzos.
Esta exposición permanecerá no Complexo Regalxunqueira ata o día 30 de setembro.