pintura

Etiquetas:
02/03/2023

La cafetería Mareta, de Ribadeo, acoge una exposición con obras del dibujante y pintor ribadense Miguel Remior. La muestra incluye 5 cuadros de estilo realista pintados en acrílico, que reproducen parte de la Torre de los Moreno, un coche antiguo en el Ribadeo Indiano, O Cargadeiro, A Vilavella y el escudo del edificio del juzgado de paz ribadense.

Miguel Remior Rodríguez, que vive en Ribadeo y es natural de la parroquia ribadense de Covelas, comenzó su faceta de artista plástico en 2010, a raíz de una baja laboral de larga duración por un problema de salud que tuvo ese año. “En aquel momento no tenía mucho que hacer y, como siempre me había interesado el dibujo, empecé a mirar tutoriales en youtube y a informarme. Así empecé a dibujar y después poco a poco fui derivando hacia la pintura, con la que comencé en 2017, pero sin abandonar el...

leer más
Etiquetas:
08/10/2022

Ata o 28 de outubro pódese visitar na Casa da Cultura de Burela a exposición colectiva Katy&Company. Trátase dunha mostra de pintura e fotografía dos artistas Abraham Moreno, Anuska e Katy García. 

A exposición pódese ver ata o 28 de outubro de luns a venres en horario de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas. 

 

Etiquetas:
07/08/2022

Do 8 ao 29 de agosto pódese visitar na Casa da Cultura en San Ciprián unha mostra pictórica de Blanca Dacal. Denomínase Luz de Balea. 

Podéra visitarse de luns a venres en horario de mañá de 9:00 a 14:30 horas, pero fóra deste horario poderase concertar unha cita para visitala no teléfono 659 05 36 35 (Blanca Dacal)

Trátase dunha homenaxe que lle fai a artista á balea, un animal fascinante moi vencellado á historia de San Ciprián!

En palabras de Blanca Dacal: “Con Luz da Balea pretendo rescatar a presenza das baleas da memoria colectiva, así como o vínculo coa iluminación do faro noutros tempos, e surcar xunto a elas os océanos no sono do máis profundo da imaxinación”.

 

Etiquetas:
05/08/2022

Nas últimas horas foi inaugurada no Forte San Damián unha exposición de pintura de Vicente Barreira, que se poderá visitar ata o 27 de agosto. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, contou que “ata o 27 de agosto ocupará as salas do Forte San Damián a obra do pintor valenciano nacido en 1947 Vicente Barreira, co título de Paisaxes”. 

A edil ribadense subliñou que “coma cada verán o Forte volve ser o seo da aposta expositiva en Ribadeo e desta volta as persoas que o desexen poderán visitar o espazo de luns a xoves de 17.00 a 20.30 horas e os venres, sábados, domingos e festivos ás mesmas horas polas tardes e ademais de 11.00 a 14.00 horas polas mañás”. 

Pilar Otero contou que “Vicente Barreira é fillo, neto e bisneto de artistas pintores, así que de forma natural continúa a vocación...

leer más
19/07/2022

Ata o 29 de xullo pódese visitar na Casa da Cultura, de San Ciprián, unha exposición de traballos de Abraham Moreno Barreiro, estudante de Belas Artes en Salamanca e veciño do concello cervense. 

A mostra foi inaugurada no día de onte polo rexedor Alfonso Villares e por varios membros do equipo de goberno.

 

Etiquetas:
09/06/2022

O complexo cultural Regalxunqueira de Viveiro acolle do 10 de xuño ao 28 de xullo a exposición de pintura Las montañas mágicas de Adolfo Falces.

Trátase dunha mostra na que o artista madrileño expón a paisaxe monástica de San Millán de la Cogolla, na Rioja, dirixindo a súa mirada aos picos máis elevados da serra da Demanda, San Lorenzo e Cabeza Parda. Este sistema montañoso vertebra a fronteira entre Soria, Burgos e La Rioja, ademais de configurar os fértiles vales a partir dos caudalosos ríos que nacen no lugar. O mosteiro, declarado Patrimonio Mundial en 1997, configura unha paisaxe cultural de crucial importancia para explicar o nacemento e desenrolo da lingua española e o temprano establecemento do monacato na Península Ibérica durante a alta Idade Media.

O proxecto artístico de Adolfo Falces pretende retratar...

leer más
Etiquetas:
04/05/2022

A pintora madrileña Costafreda Ángeles, asentada desde o inicio da pandemia na parroquia viveirense de Galdo, exporá na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela as súas obras realizadas ca técnica xaponesa sumi-e nunha mostra chamada "Pinceladas de Primavera".

A exposición será inaugurada o vindeiro venres, 6 de maio, ás 19:30 horas e poderá ser visitada ata o 3 de xuño de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.

 

Etiquetas:
24/10/2021

La autora dice: El mar, la mar, tan sugerente y vivo.
Tengo la suerte de convivir en la actualidad con su aroma, movimiento, y color tan fluctuante y atractivo como para atraparme y dejarme seducir con su maestría para después de mucho estudio y contemplación poder seguir sintiéndole en mi interior y, en la soledad del trabajo, pintarlo.
La energía de las olas ha sido inspiración de muchos artistas.
Cuando observo una ola me invita a seguirla con la mirada hasta la siguiente. Intento retenerla en sus diferentes momentos. Sin embargo, lo bello del mar está en su carácter de impermanencia, en su presencia tan variada desde una gota, espuma, ondas reflejos, transparencias y esa fuerza tan imprevisible que no se ve pero se siente.
Mi último trabajo versa sobre el mar.
Mi humilde trazo de olas. Con la mente y el corazón en el Mar Cantábrico...

leer más
Etiquetas:
18/08/2021

A piques está de rematar na Avenida de Galiza a pintura mural de Joseba Muruzábal, que lle foi encargada polo Concello coa intención de embelecer esa zona. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, destacou que “queremos render homenaxe a Concha, unha veciña de Ove de 90 anos, que leva toda a vida traendo os produtos da súa horta ao mercado de Ribadeo, e tamén ao comercio de proximidade”.  

A edil ribadense contou que “se están a desenvolverse os traballos que o Concello lle encomendou facer nun edificio da Avenida de Galiza a Joseba Muruzábal, mozo muralista de orixe ribadense. Trátase dun proxecto que nace de conversas xa do ano pasado e que a covid ou a propia dispoñibilidade de Muruzábal retrasaron ata o de agora”.

Pilar Otero dixo que “nas últimas décadas tense reflexionado sobre como medraron as nosas vilas e ...

leer más
Etiquetas:
31/07/2021

As salas de exposicións do Concello de Cervo acollen dúas mostras de pintura no mes de agosto.

Unha das exposicións é conxunta de tres artistas: Ángel Picos, de Cedeira; Diego Pérez, de Viveiro; e Sergey Sozonov, de Yakutia (Rusia). Estará nas Carboeiras de Sargadelos ata o 30 de agosto.

A outra mostra está na Casa da Cultura de San Ciprián ata o 15 de agosto. Titúlase Azul e recolle obras da artista Blanca Dacal.